Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

lunes, 5 de noviembre de 2018

Información SCD Malpica e "liga da costa":


   Esta tarde na "Pedra Queimada", nunha tarde de moita auga e cun campo moi pesado, á SCD Malpica, venceu con xustiza á SD S. Lourenzo de Verdillo, 2-0.
   Nos prolegómenos do partido, gardouse un minuto de silencio polo finamento de Rolando Novo (Rolando), exfutbolista, socio e fiel seguidor malpicán, habitual nas bancadas na "Pedra Queimada". 
   Rolando, futbolista na Tempada 1973/74, (1ª oficial da SCD Malpica), foi o primeiro goleador do equipo, autor dos dous goles conseguidos ante o Ponteceso SD o 31-12-73, (2-3).
   O conxunto visitante, nunca entregou o partido que, a base de bombeo de balóns intentou bater ao hoxe porteiro local Ángel Lamas, o cal tivo unha boa actuación.
   Pola SCD Malpica  formaron: Ángel Lamas; Mante, Belar, Dimitri, Juan Fuentes; Migueliño, Andy, (Alberto Hombre, 69), Gonzalo, Brais Ceán, (Brais Lado, 56), Dani Casal, (Roberto, 80), Aitor, (Laik, 85). 
   Goleadores: 1-0, m. 56: Dani Casal. 2-0, m. 84: Aitor.

   Segunda vitoria consecutiva da Asociación de Veteranos da SCD Malpica, esta mañá venceu en Xaviña ao líder Xornes.
   Un gol de Palermo no min. 75, e, un bo sistema defensivo, foi suficente para alzarse cos tres puntos.
Resultados e clasificacións da xornada:

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!