Tralo pequeno "derbi" da segunda xornada ante á UD Cerqueda, corresponde nesta décima xornada o gran "derbi" local da "liga da costa" entre á SCD Malpica e o Buño SCD, partido na "cumbre" que se disputará este vindeiro domingo na "Pedra Queimada".
O clube Buño SCD, un dos equipos pioneiros da "costa", fundado na Tempada 1963/64 (non participou na primeira "liga", pero sí na "copa"), disputou 47 tempadas, contando á actual. Causou baixa temporal na 1970/71, foi alta de novo, na 1975/76, cusando baixa temporal de novo na T. 1987/88 sendo de novo alta, na 1992/93, na que continúa...Das 47 tempadas, 38 son na segunda Autonómica e 9 na terceira.
Actualmente figura no posto 12º, con 8 puntos a 5 da SCD Malpica no posto 8º.
Así as cousas, presentase un partido moi interesante, tendo en conta ademais, que o equipo alfareiro achégase con adestrador novo (o 3º da tempada), Tito Pedreira, despois de Chema Rivadulla e Torrila.
Pola súa banda á Asociación de Veteranos da SCD Malpica, desprázase ao campo do "Areal" en Razo, onde se enfrontará nesta 10ª xornada ao CD Razo, no que espera continuar imbatido tras as tres últimas xornadas.
Detalle da xornada dos equipos da SCD Malpica:
2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 10ª:
Campo : “Pedra Queimada”
(Malpica, 100 x 60, herba artificial)
Equipos : SCD MALPICA – BUÑO SCD
Data e
hora : Domingo: 18-11-18, 16:15 horas.-
Árbitro : Sr. Marcos Ordóñez Rodríguez, (Preferente Galicia, Colexio
da Coruña)
1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 1ª volta – Xornada 10ª:
Campo : “O Areal “ (Razo,
? x ?, herba natural)
Equipos : CLUB
DEPORTIVO RAZO – A.V. SCD MALPICA
Datas e
hora : Domingo:
18-11-18, 11:00 Horas.-
Árbitro : Sr. Elisardo Javier Mella Fernández, (Delegado dos
árbitros da Coruña)