O "derbi" da "Pedra Queimada", decantouse polo Buño SCD, nun partido no que o conxunto "oleiro" que estreaba adestrador, soubo mostrar as súas cartas cuns tres ou catro contraataques que levaron moito perigo a portería da SCD Malpica, hoxe defendida, moi ben por certo, polo "avó" da "costa", Eusebio.

O partido case se decantaba con empate sen goles, pero o exmalpicán Pitis, culminou con eficacia o último contraataque dos "oleiros", que ademais, celebrouno como se dunha final se tratara. REVANCHISMO ?
Formación da SCD Malpica: Eusebio; Mante, Belar, Dimitri, J. Fuentes, Migueliño, Andy, (Brais Ceán, 63), Aitor, (Roberto, 85), Marcos, (Martín, 53), D. Casal, Alberto H. (Jorge, 82).
Gol: Contraataque,rápido do Buño, con saída dende a defensa, troco de orientación profundo sobre a carreira de Pitis, constituido de extremo esquerdo, o cal, ante a saída a deseperada de Eusebio, cruza o "coiro" moi habilmente as redes locais.
O CD Razo, nunha grande segunda parte, rompe a racha de tres xornadas sen perder da Asociación de Veteranos da SCD Malpica.
Os malpicáns tremaron moi ben do conxunto local na primeira parte, chegándose ao descanso con (2-1), logo de varios erros ante o gol.

Resultados e clasificacións da xornada:

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!