Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

jueves, 14 de noviembre de 2019

Axenda de partidos da SCD Malpica para esta fin de semana:


   De complicada se presenta á vindeira xornada para á SCD Malpica, pois viaxará a veciña localidade de Corme a enfrontarse ao titular, un partido dificil que non chega no momento apropiado tralo resultado negativo da pasada xornada fronte ao CD Baiñas, que frenou de golpe as ilusións dos malpicáns de avanzar aos postos altos da táboa clasificatoria.
   O Corme CF, que ocupa na actualidade o 2º posto con 24 puntos, esta afacer unha tempada para enmarcar, pois, é o único clube que marcha imbatido despois de 10 xornadas, pero hai mais, leva a frioleira cifra de 34 goles marcados, a un promedio de 3,4 goles por partido. O conxunto cormelán, foi fundado na tempada 1981/82, e leva conseguido tres ligas e unha copa da costa.
   A todo o anterior, tenlle que competir á SCD Malpica, conxunto que leva unha competición irregular, pois, a formidables resultados lonxe da "Pedra Queimada" (tres vitorias e un empate), destaca a súa racha negativa en campo propio (só unha vitoria, un empate e tres derrotas). Os malpicáns que adestra "Gurita", recuperan para este partido, aos sancionados: Aitor, J. Fuentes e Kevin, pero teñen a dúbida do dianteiro goleador Michi Castro, retirado mancado a semana pasada.

   Se a marcha do equipo afeccionado é irregular, mais negativa esta sendo a dos xuvenís, pois, unhas veces por sancións outras por lesión e outras por enfermidade, os rapaces do equipo malpicán non acaban de arrincar, esperamos que, para o vindeiro domingo se lle poida gañar a UC Cee, que tampouco anda moi regular esta tempada.

   En canto aos veteranos, a súa racha positiva que levaban, foi cortada a xornada pasada polo Corme CF, este domingo enfrontanse ao Xornes FC, pero alteran a orde de campos a petición do equipo rival.

Así pois, publícanse os campos horarios e árbitros da vindeira xornada: 


2ª Galicia - Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 11ª :

Campo             :           “O Cairo”                      (Corme, 91 x 52, herba artificial)                      
Equipos           :           CORME CF    SCD MALPICA  
Data e hora     :           Domingo: 17-11-19, 16:15 horas   
Árbitro             :          Sr. Óscar Santos Rodríguez, (2ª Galicia, Colexio Costa da Morte)
                                   - - - - - - - - - - - - - -
1ª Autonómica Xuvenil – Grupo 2º -Costa- – 1ª volta – Xornada 9ª:
Campo             :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)       
Equipos           :           SCD MALPICA –  U.C CEE
Data e hora     :           Sábado: 16-11-19,  16:15 horas         
Árbitro             :           Sr. Daniel Martínez Ferreiro, (2ª Galicia, Colexio C. Morte)
                                    - - - - - - - - - - - - - -

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 1ª volta – Xornada 8ª :

Campo             :           “Pedra Queimada”                    (Buño, 100 x 60, herba natural)
Equipos           :           VETERANOS SCD MALPICA    XORNES FC (Troco do orde de campos a petición do Xornes)
Datas e hora    :           Domingo: 17-11-19, 10:30 horas.-
Árbitro             :           Sr. Iván Ferreiro Santos, (2ª Galicia, Colexio C. da Morte.)
                                       - - - - - - - - - - - - - -

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

sábado, 9 de noviembre de 2019

Resultados da xornada Xuvenís, Veteranos e Afeccionados da SCD Malpica:

   
   Nun campo impracticable pola auga caída, ademais, pola disputa nel de catro partidos durante todo fin de semana, (Xuvenís, Veteranos Sp. Seaia e SCD Malpica), o CD Baiñas arrepañou unha traballada vitoria aproveitándose dunha SCD Malpica lastrada polas baixas por sanción de Aitor, Juan Fuentes e Kevin, puntais actualmente neste equipo. Pero ademais, os malpicáns perderon no min. 68 ao seu referente en punta Michi Castro, que tivo que abandoar mancado o terreo de xogo.
   É verdade, que, os de Baiñas tamén acusaban as baixas por sanción de tres titulares dos seus habituais, pero a diferencia neste tipo de campos, os seus recambios, todos eles seniors, superaron aos tres xuvenís que tivo que aliñar á SCD Malpica.

  Aliñación da SCD Malpica: Damián; Andy, Belar, Cristian Villar, Laik; Migueliño, Alb. Esmoris, Marcos Núñez, (Roberto, m. 67), Michi Castro, (Costi, m. 68), Alb. Hombre, (David Abelenda, m. 74), Orgueira, (Pace, m. 67).

   Goleadores: 1-0, m. 13: gran xogada individual de Esmoris por banda esquerda, dende a liña de fondo centra e Alberto Hombre que viña lanzado empalma un tiro que da no poste, rexeita no porteiro Brais e introdúcese na portería visitante.1-1, m. 54: xogada de ataque do Baiñas, nun intento de rexeite dun defensor local sen aparente perigo non ve que por detrás se lle acerca un dianteiro que lle despraza o "coiro" no momento de rexeite impactando ambas pernas, o colexiado sinala penalti que, lanzado por Baba Fall, bate a Damián. 1-2, mi. 88: logo dun saque de curruncho, prodúcese na área local unha pequena liorta de tiros e rexeites o "coiro" cáelle aos pes de Cristian Canosa, que, empalma un tiro raso cruzado sen apenas ángulo, que se cola na portería de Damián.

   Ambiente e incidencias: Uns 50 seareiros nas bancadas, nunha tarde de insistente chúvia e campo totalmente encharcado.




        VETERANOS:

Negra xornada para o equipo de Veteranos da SCD Malpica o cal foi incapaz de dobregar a un Corme que se adatou mellor á forte choiva do campo da "Pedra Queimada. De pouco lle valeron os trocos de sistema prantexados polo "mister" Dourado ao longo do partido, incluso trocando de dianteiro ao porteiro Nacho, autor de gol.
   
   Aliñación:  Nacho; Chaves, Nando Chouciño, Alberto Seaia, Luís Naya; Alberto Barizo, Arcay, Richard, Palermo, Alberto Carballo, Javi Bermejo.
 
   Tamén xogaron:  Whasi, Abel, Suso Zas, Fdo.Couto.

   Goleadores: 0-1, m. 20: Walter. 0-2, m. 40: José Jesús. 1-2, m. 57: Nacho. 1-3: m. 90: Carabel.

                                    XUVENIS:
   Parece cunha "meiga" (habelas ainas), mirou con mal ollo aos rapaces xuvenis da SCD Malpica, pois cun plantel de 20 futbolistas o adestrador Adrián Martínez "Gurita", esta tarde só puido presentar once e, tres dos aliñados estaban tocados e tiveron que abandoar o campo nos mins. 26, 57 e 70. Delo douse conta o equipo rival, o Xallas CF, o cal na figura do seu adestrador, moi deportivamente, retirou tamén tres rapaces do teereio de xogo no min. 70. 
  
Formación da SCD Malpica:  Eric; David Abelenda, Cristian Varela, Bello, Villa, Edu, Iván Vidal, Amarelle, Costi, Orgueira, Álex. (Sen trocos non había rapaces).

Resultado:  SCD Malpica 0 - 7 Xallas CF.

Goleadores:  0-1, m. 2: Pablo Facal. 0-2, m. 30: Sande. 0-3, m. 40: Piedrafita. 0-4, m. 61: Pensado. 0-5, m. 65: Piedrafita. 0-6, m. 67: Pensado. 0-7, m. 73: Piedrafita.

Resultados e clasificación; 



AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

miércoles, 6 de noviembre de 2019

Axenda de partidos da SCD Malpica, vindeira fin de semana:


   Tras tres partidos consecutivos sen perder disputados en tan só 7 días, (Buño, Muxía e Cabana) dispónse á SCD Malpica retornar ao se campo de "Pedra Queimada" para enfrontarse ao CD Baiñas, conxunto este, que se atopa clasificado no posto 12º con 10 puntos. O CD Baiñas foi fundado na T. 2012 / 2013, e ten un título de liga da 3ª Autonómica (hoxe 3ª Galicia), conseguido na T. 2013 / 2014.
   Os malpicáns que adestra Adrián Bardanca (Gurita), esperan continuar coa racha positiva de resultados e, aínda que van contar con ao menos tres baixas por sanción federativa, esperan conseguir os tres puntos que os catapulte aos postos altos da táboa.

   Os xuvenís, que están a ter unha competición moi irregular, van a intentar ganarlle ao Xallas CF, equipo que sempre destaca no fútbol base pola súa regularidade.

   Os Veteranos da SCD Malpica, enfróntanse nesta vindeira xornada, ao Corme CF, tamén na "Pedra Queimada"

A continuación publícanse, campos, horarios e árbitros da xornada:

   

2ª Galicia - Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 10ª :

Campo             :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)                   
Equipos           :           SCD MALPICA    CD BAIÑAS
Data e hora     :           Domingo: 10-11-19, 16:30 horas   
Árbitro             :          Sr. Pablo Rama Cotelo, (Preferente Galicia, Colexio Coruña)
                                   - - - - - - - - - - - - - -
1ª Autonómica Xuvenil – Grupo 2º -Costa- – 1ª volta – Xornada 8ª:
Campo             :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)       
Equipos           :           SCD MALPICA –  XALLAS CF
Data e hora     :           Sábado: 09-11-19,  16:15 horas         
Árbitro             :           Sr. Esteban Domínguez Lado, (2ª Galicia, Colexio C.M.)
                                    - - - - - - - - - - - - - -

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 1ª volta – Xornada 7ª :

Campo             :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba natural)
Equipos           :           VETERANOS SCD MALPICA    CORME CF
Datas e hora    :           Domingo: 10-11-19, 10:00 horas.-
Árbitro             :           Sr. David Cancela García, (2ª Galicia, Colexio C. da Morte.)
                                       - - - - - - - - - - - - - -
 ASÍ MARCHAN AS CLASIFICACIÓNS DOS GOLEADORES DOS EQUIPOS DA SCD MALPICA:

 


AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 3 de noviembre de 2019

Resultados e clasificacións da 9ª xornada da "liga da costa"


   Terceira xornada sen perder da SCD Malpica e as tres disputadas en campos contrarios, destacando ademais á racha goleadora acadada: 9 goles a favor e tres en contra.
   Esta tarde en Cabana con choiva e vento racheado que dificultaba á práctica do fútbol, conseguiu doblegar a unha voluntariosa Cabana SD, que venceu moi cara a derrota (1-3).
   Os malpicáns que foron prácticos na consecución dos goles, (dous a balón parado e un en xogada) víronse, posiblemente debido aos trocos, dominados nos últimos 15 minutos.
   SCD Malpica: Damián; Juan Abelenda, (Amarelle, 59), Kevin, Cristian Villar, Belar, (Roberto, 83), Migueliño, Juan Fuentes, Michi Castro, (Marcos Núñez, 75), Aitor, Pace, (Orgueira, 60).
   Goleadores: 0-1, m. 1: saque de curruncho botado por Aitor e remate de Juan Fuentes na liña de gol. 0-2, m. 14: falta ao borde da área botada por Aitor, rexeita en curto o porteiro local Víctor, Michi Castro moi oportuno remacha á rede.
1-2, m. 17: xogada combinada por banda esquerda dos locais con centro atrás e esplendido remate de Aaraón pola escadra. 1-3, m. 54: xogada individual de Michi Castro con cesión sobre Andy o cal de tiro cruzado bate a Víctor.
   Ambiente e Incidencias: Uns sesenta seareiros nas bancadas nunha tarde con choiva e vento, sobre todo na segunda parte.



AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 

viernes, 1 de noviembre de 2019

Actualidade da SCD Malpica-Última hora:

   Unha xogada fortuita para evitar salvar unha ocasión de perigo, propicia á expulsión do futbolista malpicán Souto, m. 14. Logo por dobre amarela á SCD Malpica perde a Ramos, deste xeito os malpicáns quedaron con nove e quedando coma un "xoguete" a pes das E.D. Os Miúdos, o cal acabou cunha exhibición de goles ante a desesperación e impotencia dos futbolistas da SCD Malpica que quedaban no terreo de xogo.

   Pola SCD Malpica formaron: Iker; David Abelenda, (Iván Vidal, m. 60), Cristian Varela, Juan Abelenda, Souto, Ramos, Renzo, (Edu Mato, m.54), Amarelle, Costi, Orgueira, Álex.

   Goleadores: Jesús, (3). Ismael, (3). Santiago, (3). Alonso, (2). Francisco, (1, p). Lucas (1). Raúl, (1). Pablo, (1).


AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 

 
   MUXÍA CF 2 - 2 SCD MALPICA

   Á SCD Malpica saca un valioso empate no campo da "Arliña" fronte ao Muxía CF, no partido aprazado no seu día polas festas da Barca.

   Os malpicáns que, lograron adiantarse por dúas veces no marcador viron como os muxiáns nevelaron a contenda na segunda parte. O forte vento que azoutaba esta tarde Muxía, causante do deslucido do fútbol, aínda así, ambos os dous conxuntos pelexaron intensamente pola vitoria.

   Aliñación da SCD Malpica:  Damián; Juan Abelenda, Kevin, Cristian Villar, Belar; Migueliño, Andy, (Marcos Núñez, 85), Juan Fuentes, Michi Castro, Aitor, (Laik, 87), Pace, (Orgueira, 75).

   Goleadores: 0-1, m. 6: Aitor. 0-2, m. 17: Michi Castro. 1-2, m. 54: Manu Nogueira. 2-2, m. 80: Cayetano.

   Con este resultado, non sofre alteración de postos a clasificación xeral, quedando o Muxía CF no posto 7º con 13 puntos e á SCD Malpica con 11 no posto 8º.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 

miércoles, 30 de octubre de 2019

Actualidade da SCD Malpica:


    Á SCD MALPICA, VIAXA ESTA FIN DE SEMANA DÚAS VECES, UNHA, A DISPUTAR FRONTE AO MUXIA CF, O PARTIDO APRAZADO CORRESPONDENTE A SEGUNDA XORNADA DE LIGA, POR MOR DAS FESTAS DA BARCA, LOGO O DOMINGO DESPRAZARASE A CABANA PARA ENFRONTARSE AO TITULAR NA 9ª XORNADA.

Así as cousas, os partidos a celebrar nesta fin de semana pola SCD Malpica, son os que se detallan a continuación, nos campos horarios e árbitros que se indican:


“2ª Galicia Gº II” – “Liga da Costa” – 1ª Volta - 2ª xornada (PARTIDO APRAZADO):
Campo            :           “Arliña”             (Muxía, 100 x 55, herba artificial)        
Equipos           :           MUXÍA CF   SCD MALPICA
Data e hora     :           Venres: 01-11-19, 16:40 horas.
Árbitro            :           Sr. Luís M. Insua Lago, (1ª Galicia Colexio da Coruña).
                                    - - - - - - - - - -- - - - - - - - - - - -


2ª Galicia - Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 9ª :

Campo            :           “As Redondas”             (Cabana, 91 x 58 herba artificial)                     
Equipos           :           CABANA SD    SCD MALPICA  
Data e hora     :           Domingo: 03-11-19, 17:00 horas   
Árbitro             :          Sr. Adrián Pérez Rellán, (1ª Galicia, Colexio Coruña)
                                   - - - - - - - - - - - - - -- - - - - - - - - - -
1ª Autonómica Xuvenil – Grupo 2º -Costa- – 1ª volta – Xornada 7ª:
Campo            :           “Eleuterio Balayo”         (Muros, 94 x 53, herba artificial)          
Equipos           :           ED  OS MIUDOS    SCD MALPICA
Data e hora     :           Sábado: 02-11-19,  16:30 horas         
Árbitro            :           Sr. Damián Filgueira Fdez..- (1ª Galicia, Colexio Santiago.
                                    - - - - - - - - - - - - - -- - - - - - - - - - -
    NOTA: OS VETERANOS DA SCD MALPICA NON TEÑEN XORNADA DE LIGA, ATÉ O 10-11-19.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!