Derradeira xornada da "liga da costa" (núm. 30ª). Á SCD Malpica, xa cos deberes feitos na penúltima xornada, prepárase para recibir na "Pedra Queimada" a un ilustre da "costa", un dos fundadores, xunto con outros sete equipos aló polo ano 1963, o Ponteceso SD, rival, que pola la proximidade xeográfica sempre ven acompañado de numerosos seareiros que animan constantemente ao seu equipo, pero que, a deportividade sempre reina por enriba de todo.
O clube Ponteceso SD, como mais enriba se indica, foi fundado o 28-12-1963, participando na primeira tempada da "liga da costa" dende á 63/64 até 71/72, na que se trocou a "Liga de Arteixo" nas tempadas: 1972/73 e 73/74, retornando a "Costa" na T. 74/75 competindo ininterrumpidamente até 99/2000, causando baixa temporal. Na 2002/03 causou alta de novo na que continúa...
Disputou polo tanto 52 tempadas na "costa" coa actual, repartidas entre: 14 na 1ª Galicia, 34 na 2ª e 4 na 3ª. Acadou 6 ligas e 4 copas.
Na campaña actual, ten coseguido un honroso 4º posto, froito dunha tempada notable con 53 puntos ( a falta da última xornada), gañou 15 partidos, empatou 8 e perdeu 6; marcou 45 goles e, encaixou 23, un dos menos goleados da categoría.
O partido do vindeiro domingo pois, promete ser moi interesante onde á SCD Malpica, quererá porlle broche de ouro a tempada ante os seus seareiros e domostralle que o resultado do partido de Corme, non foi producto da casualidade.
Pola súa banda os Veteranos da SCD Malpica, tralo intento fallido de disputalo o ascenso, incorporase a competición da "copa da costa" na que se enfrontará á ACD S. Román de Veteranos da División de Honra, e, aínda que sofre algunhas baixas, intentará sacar un bo resultado para o partido de volta.
Cadro de partidos, campos, horarios e árbitros para o domingo:
2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 30ª (última):
Campo : “Pedra Queimada”
(Malpica, 100 x 60, herba artificial)
Equipos : SCD MALPICA – PONTECESO SD
Data e
hora : Domingo: 05-05-19, 17:30 horas.-
Árbitro : Sr. Luís M. Insua Lago, (1ª Galicia, colexio da Coruña)
1ª edición da “Copa da Costa” de Fútbol Veterano (RFGF) Oitavos de final (Ida):
Campo : “Pedra Queimada” (Malpica,
100 x 60, herba artificial)
Equipos : A.V.
SCD MALPICA - A.C.D. S. ROMÁN DE VETERANOS
Data e
Hora : Domingo: 05-05-19, 10:30 horas.
Árbitro : Sr. David
Cancela García. (2ª Galicia, Colexio Costa da Morte)