Final da tempada 2018/2019, enfrontáronse na "Pedra Queimada" dous equipos cos deberes feitos, á SCD Malpica e o Ponteceso SD.
Ambos conxuntos realizaron unha primeira parte sen agobios defensivos e libre de toda marrullería, cunha deportividade encomiable, (0-0).
Na segunda parte trocou a decoración, a partir do gol encaixado (m. 58), viñeron os malos modos até o punto de perderse os estrivos entre futbolistas e banquiños.
Formación da SCD Malpica: Ángel; Brais Ceán, Jorge, Cristian Villar, J. Fuentes, Capelán, Aitor, Roberto, Jairo, (David López, m. 46), Gonzalo, Mante, (Marcos, m. 69).
Goles: 1-0, m. 58: excelente combinación por banda esquerda entre Gonzalo e Aitor o cal dende a liña de fondo envía un centro atrás que aprovieta Brais Ceán para emvíar a rede a porta baleira.
Preto de 125 seareiros na "Pedra Queimada".
Severa derrota da A.V. da SCD Malpica ante o subcampión da liga de División de Honra, (1-6), nos oitavos de final da "copa da costa" de veteranos.
Resultados e clasificacións da xornada:
Añadir leyenda |