Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

sábado, 11 de mayo de 2019

"LVI edición Copa da Costa" Afeccionados e XVI Veteranos:


   Ábrese o telón, para á "descafeinada" "copa da costa", pero así o esixen os mandatarios da RFGF.
   Tras á eliminatoria previa que se disputou en dúas tandas a partido único, o 03-03 e o 01-05-19; esta fin de semana toca iniciar os Dezaseisavos de final, que se disputarán, igual ca os Oitavos, a partido único.
   
   Nestes enfrontamentos dos Dezaseisavos, o sorteo deparoulle á SCD Malpica loitar polo pase a Oitavos, cun Preferente Galicia, o Xallas CF, equipo que, nas últimas seis tempadas leva conseguidos 4 títulos, rival moi incómodo polo tanto para á SCD Malpica que espera facer que o factor campo e, sendo a eliminatoria a partido único, pasar a Oitavos.

   O Xallas CF, da localidade de Santa Comba, é todo un conxunto veterano da "costa" aínda que nas últimas oito tempadas esté competindo na Preferente Galicia.
   Foi fundado na T. 1965/66 ausando baixa temporal na T. 1970/71.
   Causou alta de novo, na T. 1972/73 até T. 2011/12, que se fusionou co Santa Comba, quedando ambos co nome de Xallas de Santa Comba, competindo con este nome tres tempadas: 2012/2013 até 2014/15. Na 2015/16 até a actual compite coma Xallas CF, nome do se orixe.
   Acredita competindo: 53 tempadas, repartidas en: 11 en Preferente, 7 en Primeira, 33 en Segunda e 2 en Terceira. Conseguiu nestas tempadas, 3 ligas (2 en 3ª Autonómica  e 1 en 1ª Autonómica) e 8 copas da "costa" (6 coma Xalllas CF e 2 coma Xallas de Santa Comba).
   Na actualidade, esta loitando no posto baixos da táboa de Preferente para non descender polos posibles arrastres da Terceira División, vai clasificado no posto 15º con 40 puntos nas 35 xornadas disputadas: gañou 11 partidos, empatou 7 e perdeu 17, materializou 52 goles encaixando 63.
   Pola súa banda á SCD Malpica que adestra "Gurita", esta moi ilusionado en poder vencer a un rival de dúas categorías superiores, e, a pesares de non poder contar cun dos centrais por sanción, reforzouse cun futbolista de categoría superior como é o Larachés MICHI. Partido polo tanto complicado pero dentro do clube local esperan unha boa afluencia de seguidores que leven en voandas aos futbolistas malpicáns a conseguir a vitoria.

    Os Veteranos da SCD Malpica, desprázanse ao campo Municipal da Laracha, a disputar o partido de volta ante  CD San Román, cunha diferencia de goles en contra recibidos no partido de ida en Malpica favorables aos de Cabo Vilaño, (1-6). Pouco poden facer ante este marcador en contra, pero van competir honrosamente para poder maquillar algo o resultado.
Campos, horarios e árbitros:

 

               “LVI” Edición da “Copa da Costa” afeccionados, Dezaseisavos de final (Partido único):

Campo            :           “Pedra Queimada”   (Malpica, 100 x 60, herba artificial)           
Resultado        :           SCD MALPICA    XALLAS CF
Data e hora     :           Sábado: 11-05-19, 17:00 horas          
Árbitro :           :           Sr. Rubén Reborido Rodríguez, (1ª Galicia, Colexio da Coruña).
Asistentes       :           Sres. David Castreje Ferrío (1ª Galicia, A Coruña) e Iván Ferreiro Santos, (3ª Galicia,
                                   C. Morte)

1ª edición da “Copa da Costa” de Fútbol Veterano (RFGF) Oitavos de final (volta):

Campo            :           “Municipal”  (A Laracha, 102 x 61, herba artificial) 
Equipos           :           A.C.D. S. ROMÁN DE VETERANOS  -  A.V. SCD MALPICA
Data e Hora     :           Domingo: 12-05-19, 10:00 horas.
Árbitro            :           Sr. Manuel Rodríguez Vázquez. (Colexio da Coruña)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!