Coa mínima vantaxe conseguida na ida (3-2), despois dun partido moi disputado, no que, elementos moi distintos aos dous contedentes propiciaron este apertado resultado; desprázase á SCD Malpica ao campo das "Redondas" de Cabana a xogarse fronte ao titular o pase a semifinais.
O Cabana SD, equipo punteiro esta tempada da 3ª Galicia, na que conseguiu o ascenso a "liga da costa" como segundo clasificado trala SD Coristanco, xa demostrou en Malpica a súa intensidade e, aínda que chegaron a ir perdendo de tres goles, nunca deixaron de batallar e crer nas súas posibilidades até o punto de reducir diferenzas, por elo, vai ser un complicado rival para o equipo malpicán, que afronta este partido con tres baixas por sanción: Fuentes, Andy e David e dous mancados: Gonzalo e Roberto; se a isto engadimos as dimensións do terreo de xogo das "Redondas" que fai mais difícil a practica de fútbol de toque, característica que lle vai mais aos malpicáns, chégase á conclusión das dificultades que estes van atopar.
De todos os xeitos, á SCD Malpica, xa ten a experencia de gañar neste campo a súa única "copa da costa" que garda nas súas vitrinas e, esta motivación xunto á de dedicarlle a vitoria a Gonzalo Vilariño, pola súa grave lesión de rotura do Tendón de Aquiles, farán o posible para pasar a eliminatoria, que se resolverá en caso de empate ao lanzamento de penaltis, non haberá prórroga polo tanto.
“LVI” Edición da “Copa da Costa” afeccionados, CUARTOS de final (VOLTA):
Campo : “As
Redondas” (Cabana, 91 x 58, herba
artificial)
Resultado : CABANA
SD – SCD MALPICA
Data e
hora : Domingo: 02-06-19, 18:00 horas
Árbitro : : Sr. David Castreje Ferrío, (1ª Galicia, Colexio da Coruña).
Asistentes : Sres.
Iván Vilanova e Lucas Vicente, (2ª e
3ª Galicia. Costa da Morte)