Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 12 de mayo de 2019

Resultados da Copa e crónica da SCD Malpica:


   Á SCD Malpica nunha extraordinaria primeira parte, deixa fora da "Copa da Costa" ao actual campión, Xallas CF.
    O conxunto malpicán, coas baixas de Gonzalo, J. Fuentes e Marcos entre outros, consigue dobregar ao campión nunha primeira parte para enmarcar, logo na segunda, os Xalleiros, que saíran con catro xuveniles, introduciron toda artillería titular pero os futbolistas da SCD Malpica tremaron moi ben ordenadamente as embestidas dos visitantes logrando nadar e gardar a roupa, chegando ao final cunha merecida vitoria.
      Excelente debut do larachés, "Michi" autor de dous goles.

     Estes foron os heróes da SCD Malpica, que conseguiron a fazaña: 
  
Ángel; Mante, Andy, Cristian, Laik; (Migueliño, 61); Capelán, (Jorge, 78), Jairo, Roberto, (Brais Ceán, 75), Michi, Aitor, Martín, (David, 65).

   Goleadores:  1-0, m. 9: Michi. 2-0, m. 25: Michi (p). 3-0, m. 38: Roberto. 3-1, m. 50: Marcos. 3-2, m. 90: Julián.

VETERANOS: 
   Á Asociación de Veteranos da SCD Malpica, logrou un meritoio empate a tres tantos no seu partido de volta dos Oitavos de Final da XVI edición da "copa da costa" ante o Subcampión de liga da División de Honra, pero quedou fora da "copa".
   Aliñación: Suso; Chaves, Alb. Barizo, Luís Naya, Alb. Seaia; Mútiu, Alb. Carballo, Nando Couto, Palermo, Leo, Sus Zas. (Tamén xogaron: Whasi, Abel, Fdo. Couto).
   Goleadores: 1-0, m. 9: Víctor Pardiñas. 1-1, m. 28: Palermo. 2-1, m. 66: Jesús Abelenda. 3-1, m. 68: Becerra. 3-2, m. 80: Palermo. 3-3, m. 89: Palermo.

Resultados da xornada de hoxe: 




AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

sábado, 11 de mayo de 2019

"LVI edición Copa da Costa" Afeccionados e XVI Veteranos:


   Ábrese o telón, para á "descafeinada" "copa da costa", pero así o esixen os mandatarios da RFGF.
   Tras á eliminatoria previa que se disputou en dúas tandas a partido único, o 03-03 e o 01-05-19; esta fin de semana toca iniciar os Dezaseisavos de final, que se disputarán, igual ca os Oitavos, a partido único.
   
   Nestes enfrontamentos dos Dezaseisavos, o sorteo deparoulle á SCD Malpica loitar polo pase a Oitavos, cun Preferente Galicia, o Xallas CF, equipo que, nas últimas seis tempadas leva conseguidos 4 títulos, rival moi incómodo polo tanto para á SCD Malpica que espera facer que o factor campo e, sendo a eliminatoria a partido único, pasar a Oitavos.

   O Xallas CF, da localidade de Santa Comba, é todo un conxunto veterano da "costa" aínda que nas últimas oito tempadas esté competindo na Preferente Galicia.
   Foi fundado na T. 1965/66 ausando baixa temporal na T. 1970/71.
   Causou alta de novo, na T. 1972/73 até T. 2011/12, que se fusionou co Santa Comba, quedando ambos co nome de Xallas de Santa Comba, competindo con este nome tres tempadas: 2012/2013 até 2014/15. Na 2015/16 até a actual compite coma Xallas CF, nome do se orixe.
   Acredita competindo: 53 tempadas, repartidas en: 11 en Preferente, 7 en Primeira, 33 en Segunda e 2 en Terceira. Conseguiu nestas tempadas, 3 ligas (2 en 3ª Autonómica  e 1 en 1ª Autonómica) e 8 copas da "costa" (6 coma Xalllas CF e 2 coma Xallas de Santa Comba).
   Na actualidade, esta loitando no posto baixos da táboa de Preferente para non descender polos posibles arrastres da Terceira División, vai clasificado no posto 15º con 40 puntos nas 35 xornadas disputadas: gañou 11 partidos, empatou 7 e perdeu 17, materializou 52 goles encaixando 63.
   Pola súa banda á SCD Malpica que adestra "Gurita", esta moi ilusionado en poder vencer a un rival de dúas categorías superiores, e, a pesares de non poder contar cun dos centrais por sanción, reforzouse cun futbolista de categoría superior como é o Larachés MICHI. Partido polo tanto complicado pero dentro do clube local esperan unha boa afluencia de seguidores que leven en voandas aos futbolistas malpicáns a conseguir a vitoria.

    Os Veteranos da SCD Malpica, desprázanse ao campo Municipal da Laracha, a disputar o partido de volta ante  CD San Román, cunha diferencia de goles en contra recibidos no partido de ida en Malpica favorables aos de Cabo Vilaño, (1-6). Pouco poden facer ante este marcador en contra, pero van competir honrosamente para poder maquillar algo o resultado.
Campos, horarios e árbitros:

 

               “LVI” Edición da “Copa da Costa” afeccionados, Dezaseisavos de final (Partido único):

Campo            :           “Pedra Queimada”   (Malpica, 100 x 60, herba artificial)           
Resultado        :           SCD MALPICA    XALLAS CF
Data e hora     :           Sábado: 11-05-19, 17:00 horas          
Árbitro :           :           Sr. Rubén Reborido Rodríguez, (1ª Galicia, Colexio da Coruña).
Asistentes       :           Sres. David Castreje Ferrío (1ª Galicia, A Coruña) e Iván Ferreiro Santos, (3ª Galicia,
                                   C. Morte)

1ª edición da “Copa da Costa” de Fútbol Veterano (RFGF) Oitavos de final (volta):

Campo            :           “Municipal”  (A Laracha, 102 x 61, herba artificial) 
Equipos           :           A.C.D. S. ROMÁN DE VETERANOS  -  A.V. SCD MALPICA
Data e Hora     :           Domingo: 12-05-19, 10:00 horas.
Árbitro            :           Sr. Manuel Rodríguez Vázquez. (Colexio da Coruña)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

lunes, 6 de mayo de 2019

Final "liga da costa" resultados e clasificacións:


   Final da tempada 2018/2019, enfrontáronse na "Pedra Queimada" dous equipos cos deberes feitos, á SCD Malpica e o Ponteceso SD.
   Ambos conxuntos realizaron unha primeira parte sen agobios defensivos e libre de toda marrullería, cunha deportividade encomiable, (0-0).
   Na segunda parte trocou a decoración, a partir do gol encaixado (m. 58), viñeron os malos modos até o punto de perderse os estrivos entre futbolistas e banquiños. 
   Formación da SCD Malpica:  Ángel; Brais Ceán, Jorge, Cristian Villar, J. Fuentes, Capelán, Aitor, Roberto, Jairo, (David López, m. 46), Gonzalo, Mante, (Marcos, m. 69).
    Goles:  1-0, m. 58: excelente combinación por banda esquerda entre Gonzalo e Aitor o cal dende a liña de fondo envía un centro atrás que aprovieta Brais Ceán para emvíar a rede a porta baleira.
    Preto de 125 seareiros na "Pedra Queimada".

   Severa derrota da A.V. da SCD Malpica ante o subcampión da liga de División de Honra, (1-6), nos oitavos de final da "copa da costa" de veteranos.
   Os veteranos coa falta de titulares nada puideron facer ante tan temido e mais mozo rival.

Resultados e clasificacións da xornada: 




Añadir leyenda
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

sábado, 4 de mayo de 2019

Partidos da SCD Malpica para esta semana:


   Derradeira xornada da "liga da costa" (núm. 30ª). Á SCD Malpica, xa cos deberes feitos na penúltima xornada, prepárase para recibir na "Pedra Queimada" a un ilustre da "costa", un dos fundadores, xunto con outros sete equipos aló polo ano 1963, o Ponteceso SD, rival, que pola la proximidade xeográfica sempre ven  acompañado de numerosos seareiros que animan constantemente ao seu equipo, pero que, a deportividade sempre reina por enriba de todo.
   
   O clube Ponteceso SD, como mais enriba se indica, foi fundado o 28-12-1963, participando na primeira tempada da "liga da costa" dende á 63/64 até 71/72, na que se trocou a "Liga de Arteixo" nas tempadas: 1972/73 e 73/74, retornando a "Costa" na T. 74/75 competindo ininterrumpidamente até 99/2000, causando baixa temporal. Na 2002/03 causou alta de novo na que continúa...

   Disputou polo tanto 52 tempadas na "costa" coa actual, repartidas entre: 14 na 1ª Galicia, 34 na 2ª e 4 na 3ª. Acadou 6 ligas e 4 copas.
   Na campaña actual, ten coseguido un honroso 4º posto, froito dunha tempada notable con 53 puntos ( a falta da última xornada), gañou 15 partidos, empatou 8 e perdeu 6; marcou 45 goles e, encaixou 23, un dos menos goleados da categoría.

   O partido do vindeiro domingo pois, promete ser moi interesante onde á SCD Malpica, quererá porlle broche de ouro a tempada ante os seus seareiros e domostralle que o resultado do partido de Corme, non foi producto da casualidade.

   Pola súa banda os Veteranos da SCD Malpica, tralo intento fallido de disputalo o ascenso, incorporase a competición da "copa da costa" na que se enfrontará á ACD S. Román de Veteranos da División de Honra, e, aínda que sofre algunhas baixas, intentará sacar un bo resultado para o partido de volta.

Cadro de partidos, campos, horarios e árbitros para o domingo: 


2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 30ª (última):

Campo            :           “Pedra Queimada”         (Malpica, 100 x 60, herba artificial)                 
Equipos           :           SCD MALPICA    PONTECESO SD
Data e hora     :           Domingo: 05-05-19, 17:30 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Luís M. Insua Lago, (1ª Galicia, colexio da Coruña)

1ª edición da “Copa da Costa” de Fútbol Veterano (RFGF) Oitavos de final (Ida):

Campo            :           “Pedra Queimada”  (Malpica, 100 x 60, herba artificial) 
Equipos           :           A.V. SCD MALPICA  -  A.C.D. S. ROMÁN DE VETERANOS
Data e Hora     :           Domingo: 05-05-19, 10:30 horas.
Árbitro            :           Sr. David Cancela García. (2ª Galicia, Colexio Costa da Morte)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!




domingo, 28 de abril de 2019

Liga da Costa: resultados da xornada 29ª:


   Á SCD Malpica deu un golpe na mesa esta tarde, penúltima xornada de liga, descargando na campo do "Cairo" toda á adrenalina que levan dentro todos os futbolistas que á compoñen.
   O perigo de descenso que se cernía no equipo malpicán, queda resolto, coa importante vitoria conseguida hoxe ante o segundo clasificado, dominando unha primeira parte para enmarcar e, retirándose aos vestiarios coa vantaxe de dous goles no marcador.
   Na segunda parte os malpicáns, souberon nadaer e gardar a roupa, tremando das embestidas dos cormeláns, e, aínda tiveron arrestos para conseguir aumentar a conta de goles.

  O conxunto malpicán formou así: Ángel; Jorge, (Brais Ceán, 54), Andy, (Dimitri, 79), Cristian, Laik, (J. Fuentes, 48), Capelán, Aitor, (David, 72), Roberto, Jairo, (Marcos, 76), Gonzalo, Mante.
  Goleadores: 0-1, m. 10: Aitor. 0-2, m. 43: Aitor. 1-2, m. 56: Alejo. 1-3, m. 65: Aitor. 2-3, m. 90: Samu.

   O equipo da Asociación de Veteranos da SCD Malpica, non tivo hoxe competición, ao quedar eliminado da promoción de ascenso e esperar ao sorteo dos oitavos de final da copa. 


 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

jueves, 25 de abril de 2019

Liga da Costa, información da SCD Malpica:


    Difícil compromiso o desta fin de semana para á SCD Malpica, pois o conxunto malpicán desprázase ao campo do "Cairo" de Corme, rival este, que ocupa a terceira posición na táboa e que é un serio aspirante, xunto co Volantes de Baño CF, a facerse co subcampionato, posto que da dereito a disputar a promoción de ascenso a 1ª Galicia, xunto cos subcampións dos grupos 4º e 5º da zona de Santiago. 

   O Corme CF, foi fundado na tempada 1980/1981 e leva competindo, 39 tempadas coa actual, 10 en Primeira, 28 en Segunda e unha en Terceira, ten conseguido, tres títulos de liga (T. 87/88, 95/96 e 13/14), e un de copa, (T. 98/99). 

   Á SCD Malpica, que ten a toda prantilla dispoñible, salvo aos "fugados" (?) Dani Casal e Brais Lado, aínda que este último espérase contar con el, (non ten  mancados nin sancionados), faille falla, ao menos un punto para non verse implicado áos posibles descensos por arrastres, e, para iso, o Presidente reuníuse, no penúltimo adestramento da semana, cos seus futbolistas, facendo piña e promesa de que loitarán con todas ás forzas para puntuar en Corme. Así os esperan e desexan os afecccionados e seguidores malpicáns.

Axenda de partidos da SCD Malpica para a fin de semana:

2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 29ª:

Campo            :           “O Cairo”         (Corme, 91 x 52, herba artificial)                      
Equipos          :          CORME CF    SCD MALPICA 
Data e hora     :           Domingo: 28-04-19, 17:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Iván Vilanova Antelo, (2ª Galicia, colexio da Costa da Morte)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

jueves, 18 de abril de 2019

Clasificación actualizada "Liga da Costa":


   Esta tarde disputouse o partido aprazado correspondente á xornada 27ª da "Liga da Costa" entre o CD Muros e o Lira CF, o resultado do,mesmo foi:

   CD MUROS  2-1 LIRA CF.

   Deste xeito a clasificación actualizada é a que se detalla a continuación:
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA

domingo, 14 de abril de 2019

Información da SCD Malpica e "Liga da Costa"::

   Suma e segue... á SCD Malpica camiña a pasos axigantados para meterse na lea de aspirantes ao descenso á 3ª Galicia da "costa", loxicamente, mirando até á Preferente Galicia, pois se o Xallas descende a 1ª Galicia de alí pode arrastrar á SCRD Esteirana e incluso ao Soneira SD, neste último caso, arrastraría, ademais dos dous descensos regulamentarios, a outros dous equipos que sumarían catro descensos en total.
 
   Pero, volvendo ao partido desta tarde, unha SCD Malpica agarrotado polos nervos, non foi quen de crearlle ningun perigo a uns tranquilisimos futbolistas dun Muxía cos deberes feitos, que ademais, realizaron un fútbol de toque  combinativo sen precipitacións que, daba á impresión de que acabaría gañando o partido cando se propuxera como así sucedeu.

   Aliñación da SCD Malpica: Eusebio; Mante, Andy, J. Fuentes, Laik; (Dimitri, 71), Capelán, Aitor, Roberto, (Jorge, 75), David, (Marcos, 67), Gonzalo, Brais Ceán, (Migueliño, 46).

   Goleadores:  0-1, m. 59: internada por banda esquerda do escurridizo Ismael o cal dende a liña de fondo centra ao segundo pau, Marío, que chega lanzado libre de marca de testarazo envía a rede. 0-2, m. 78: indecisión defensiva da defensa local que aproveita Ismael, (o mellor home do Muxía) para salvar a saída desesperada de Eusebio. 1-2, m. 85: coiro en profundidade, erra a defensa visitante no rexeite e Marcos oportuno, bate ao porteiro muxián.

   Partido da primeira eliminatoria da promoción de ascenso á División de Honra de fútbol veterano disputado esta mañá no campo de "Pedra Queimada" entre á Asociación de Veteranos da SCD Malpica e o CSD Sofán, o resultado foi o seguinte:

   A.V.SCD Malpica 0 - 2  CSD Sofán.

   Aliñación da SCD Malpica: Chaves; Nando Couto, Alb. Barizo, José Regueira, Alb. Carballo; Luís Naya, Alb. Carballo, Mútiu, Arcay, Suso Zas, Leo. (Tamén xogaron: Pedro, Javi mato, Washi, Abel, Fº Couto).

  Goleadores: 0-1, m. 37: J.A. Fieira. 02, m. 44: J.A. Fieira.

  Os veteranos malpicáns, notaron moito ás ausencias do porteiro titular, Suso e do dianteiro, maáximo goleador da categoría, Palermo, o que pon moi difícil a remontada.

   No outro partido da promoción o resultado foi: 

   CORME CF  3 - 0  CLUB VETERANOS DE LEILOIO.

   Estas eliminatorias disputáronse a partido único, xogarán por tanto a final: CSD SOFÁN-CORME CF. (O vencedor da eliminatoria ascenderá a División de Honra). 






 
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!