Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 8 de junio de 2014

Crónica da SCD Malpica e resultados dos partidos da xornada:




“LI” edición da “Copa da Costa” Cuartos de Final - Volta:
Resultado:         SCD MALPICA   2–2   U C CEE    
SCD MALPICA:   Abraham; Adrián, Manu Casal, Andrés, © (Almeida (x) m.87), Mario Casal, Fernando Varela, Petís, (x), Ismael, Óscar Suárez, Martín Maradona, Eloy, (x), (Cheo, m . 62).
U C CEE:              Parroto; Fiúza, © Jorgito, Jacobo, Berto, Angeliño, Andrés, (Javier, 46), Josiño, Cristian, José Carlos, Penedo, (Esteban, 72, (x).
Árbitro:            Sr. Acuña Piñeiro.- (1ª Aut.- A Coruña). 1ª parte desapercibido. Na 2ª, non viu ou non quixo ver dúas xogadas que puideron marcar o partido. (M. 56), derrubo de Fiúza a Petís dentro da área e (m. 64), blocaxe do “coiro” por parte do porteiro Parroto medio metro fora da área.
Asistentes:       Sres. Taboada Dafonte e Patricio Blanco.- (3ª División e 2ª Aut.- A Coruña). Regulares.           
Goleadores:     1-0, m. 34: Fernando Varela, intercepta na liña de tres cuartos un pase dun contrario, avanza uns metros e manda entre liñas sobre Martín Maradona, este penetra na área e tira cruzado sobre a saída de Parroto, que rexeita o “coiro” nunha gran intervención, Óscar Suárez, que seguía a xogada remacha ao fondo das mallas. 1-1, m. 42:  xogada entre Penedo e Cristian pola banda esquerda cun centro deste último sobre José Carlos, que se atopa desmarcado na media lúa o cal empalma un tiro seco a media altura que Abraham, só se entera cando esta dentro da portería. 1-2, m. 54: Javier, resolve cun remate a media volta dende o punto de penalti, un medido centro de Cristian. 2-2, m. 90+2: Mario Casal dende campo propio, executa un falta, bombeando o “coiro” sobre á área visitante, onde Óscar Suárez, elevándose por encima da defensa, remata impecablemente de cabeza fora do alcance do notable porteiro Parroto.          
Ambiente e incidencias:  Cen seareiros nas bancadas. Escasa concorrencia de público en campo malpicán a pesar de tratarse duns cuartos de final da “copa da costa” e facer o equipo unha gran tempada. Tarde soleada con 19º. Tiveron que retirarse mancados por cuestións musculares, os visitantes, Andrés e Penedo (m.44 e 72) e o local Andrés, m. 87. Expulsado con dobre amarela m. 88 o malpicán Adrián, por protestar unha decisión desacertada do árbitro.
Xogadas perigosas SCD Malpica:  M. 5: pase de F. Varela sobre Petís este cede a Manu Casal que intenta unha vaselina a que Parroto, atalla acertadamente. M. 32: sorpresivo empalme do xuvenil Eloy, que sae a ras do poste esquerdo de Parroto. M. 50: falta lanzada por Manu Casal, dende uns 40 metros, escorado a banda dereita, o “coiro”  tras botar diante da portería ía entrar na meta, pero milagrosamente Parroto, saca unha man e desvía a saque de curruncho; botado este con moito efecto            por F. Varela, da no poste esquerdo e sae rexeitado. M. 56: xogada individual do xuvenil Petís, pola banda esquerda, burla a entrada de Fiúza e, cando se ía cara portería e derrubado polo defensor, o sr. colexiado, en lugar de sinalar a pena máxima, sanciona con falta e tarxeta ao malpicán. M. 64: nun perigoso ataque da dianteira malpicán, o porteiro Parroto sae ata a media lúa a facerse co “coiro”, de novo o colexiado non sanciona a infracción. M. 75: saque de curruncho que lanza Manu Casal, testarazo de Cheo, a boca  xerro, gran parada de Parroto. M. 81: internada de Cheo, pola dereita cun medido centro sobre a testa de Óscar Suárez, que sae lambendo o poste, cando se cantaba o gol. M. 86: Martín Maradona, plántase só ante Parroto, tras un pase de Ismael, o porteiro visitante desbarata a vaselina do dianteiro.
Xogadas perigosas do UC Cee:  M. 13: tiro raso de Cristian, pegado ao poste dereito, ao que chega coa punta dos dedos o porteiro Abraham, enviando a saque de curruncho. M. 17: internada do visitante Andrés, pola banda dereita, centra medido a cabeza de Cristian cuxo remate váiselle alto. M. 38: pase en profundidade de José Carlos, sobre Andrés, este queda só ante Abraham, que rexeita con gran brillantez o remate a boca xerro do dianteiro. M. 47: empalme de Josiño en carreira dende 30 m. que sae fora por moi pouco. M. 66: dobre intervención colosal de Abraham, primeiro aos pes de Josiño e logo unha vaselina de Cristian.
Comentario:     Tras unha primeira parte moi relaxada da SCD Malpica, na que permitiu o dominio e as ocasións dun sempre perigoso e copeiro UC Cee, o conxunto malpicán, cansado da longa tempada e con moitas baixas na tarde de hoxe, reaccionou na segunda parte co marcador en contra, e, aínda que logrou embotellar ao equipo ceense, tamén con varias baixas, non foi quen de bater a un formidable Parroto, o heroe da eliminatoria, con paradas inverosímiles.
Despide pois a SCD Malpica, a formidable tempada realizada, aínda que, é unha mágoa que non igualara ao menos a actuación na “copa” da campaña pasada. En canto ao U.C. Cee, parabéns polo seu pase a semifinais.
           


Capis: Andrés e Fiúza co trio arbitral.










FASE ASCENSO A LIGA GALEGA XUVENIL:
SDC Polvorín     2 - 2   CF Dumbría         (Ida: 0-0)
CD Boiro           2 - 0   SCRD Esteirana  (Ida: 2-2)
Clasificados para seguinte rolda:  CF Dumbría e CD Boiro

FASE ASCENSO A LIGA GALEGA CADETE:
CD Dorneda     6 - 5  Cabana SD      (Ida: 1-1)
Xallas S.C.        3 - 0  SRD Ánimas    (Ida: 1-0)
 Ascende a "Liga Galega" Xallas S.C. pasa a seguinte rolda: CD Dorneda.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 

viernes, 6 de junio de 2014

Axenda de partidos da SCD Malpica, para a fin de semana:



“LI” Edición da “Copa da Costa” afeccionados, Cuartos de Final (Volta):
Campo             :           “Pedra Queimada” (100 x 60)     (Malpica)
Equipos           :           SCD MALPICA   –  UC CEE   
Data e hora      :           Domingo: 08-06-14, 19:00 horas          
Árbitro :           :           Sr. Acuña Piñeiro.(1ª Aut.- A Coruña).
Asistentes        :           Sres. Taboada Dafonte e Patricio Blanco. (3ª División e 2ª Aut. A Coruña)
Demostrou o UC Cee, ser un equipo difícil de bater, por algo ten o san “alcume” do “REI DAS COPAS”. Por elo, presentase moi complicado para á SCD Malpica poder dobregar ao conxunto ceense.
O equipo da SCD Malpica, moi canso a estas alturas da tempada, logo de terminar a pasada o 29 de xuño, coa final contra o X.S.C., continuar cunha pretempada cos trofeos do Silva (A Coruña) o At. Arteixo, (Arteixo) e “Copa da Deputación” , todos eles no mes de Xullo (contou tan só con 20 días descanso), empalmando 34 xornadas de liga e pasando xa dúas eliminatorias de “copa”. É moi normal que os futbolistas teñan as pernas e a cabeza moi afectadas pola competición. Pese a elo, unha vez que están dentro dos cuartos de final, queren facer un último esforzo para chegar polo menos as semifinais.
Non vai ser doado, pois aos motivos anteriormente citados, os malpicáns, segundo me comentan oficiosamente, vai contar para o partido de volta con moitas baixas: por lesión, sanción e traballo, tendo moi complicado David Baña, formar un equipo competitivo, tendo ao parecer que botar man de varios xuvenís.
Así as cousas, o UC Cee, que tan só contará coa baixa do sancionado Nico, fórmano unha mestura de futbolistas novos e veteranos, prevalecendo mais destes últimos, forxados xa en mil batallas e moito menos cansos ca os malpicáns. O partido promete interesante estando a eliminatoria ao 50%.  
Na ida o resultado foi:
01-06-14:  UC CEE  1-1  SCD MALPICA                (Goles: 0-1, m. 19: Juan Carlos. 1-1, m. 87: José Carlos).
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

martes, 3 de junio de 2014

Noticias da SCD Malpica:



= ADEUS A DAVID BAÑA =


O notable adestrador da SCD Malpica, David Baña Ramírez, (David Baña) cesará no conxunto malpicán ao final da presente campaña, así llo informou a Xunta Directiva en reunión amigable mantida cos responsables do clube en días pasados.  

David Baña, tamén o puxo en coñecemento do autor deste Blogue, para que saia divulgado a través das redes sociais, e por se hai algún clube interesado en contratar os seus servizos para tempadas vindeiras, o adestrador atópase aberto a recibir ofertas.

David Baña, chegou a SCD Malpica, a mediados da tempada 2011 / 12, (26-11-11) en substitución de Manuel Agílda, co equipo na parte baixa da táboa, dende a súa chegada foi escalando peldaños ata conseguir un meritorio 5º posto, que lle dou a opción de disputar a promoción de ascenso a Primeira Autonómica (tras renuncia do CF Corme 3º clasificado). A promoción, disputárona os equipos do Lamela CF, SD Brión e SCD Malpica, ascendendo posteriormente o Lamela CF e os malpicáns, tras cambio do Club do Mar de Caión ao grupo 1º.
Na tempada  2012 / 13, na Primeira Autonómica, logrou clasificar á SCD Malpica, nun honroso 7º posto, con 48 puntos, resultado de: 13 partidos gañados, 9 empatados e 12 perdidos, con 56 goles a favor e 54 en contra. Logrando ademais o subcampionato da “copa da costa” ante o Xallas da S. Comba (0-1).
Igualmente na Primeira Autonómica, na  2013 / 14, a SCD Malpica, quedou nun sobresaínte 4º posto, loitando ata o penúltimo partido polo subcampionato, sumou 65 puntos, gañou 18 partidos, empatou 11 e perdeu 5, (record de partidos perdidos nunha tempada ao longo da historia pola SCD Malpica) marcou 62 goles e tan só encaixou 36.
Con anterioridade David Baña, adestrou aos equipos base do Oseiro, Atl. Arteixo, Victoria xuvenil na Liga Galega e SD Sofán, 2ª Autonómica.

A Directiva da SCD Malpica, agradécelle os servizos prestados ao longo destas dúas tempadas e media, ao mesmo tempo que lle desexa os éxitos que como adestrador e persoa se merece, agradecemento que se fai extensivo por parte do autor deste Blogue.
Non obstante, ambos (Directiva, Adestrador e Autor do Blogue), desexamos que antes de irse, consiga clasificar ao equipo para segunda final consecutiva da “COPA DA COSTA”.
 








                            Moita sorte Baña.-



AGORA E SEMPE COA SCD MALPICA!

domingo, 1 de junio de 2014

Crónica do partido copeiro da SCD Malpica:



“LI” edición da “Copa da Costa” Cuartos de Final - Ida:
Resultado:         U C CEE    1–1   SCD MALPICA  
U C CEE:              Porrúa; Nico, Jorge, Jacobo, (Cristian, 46), Berto, Piquero, (Esteban, 60), Andrés, (Fiúza, 46), Angeliño, Diego Cespón, José Carlos, Penedo, (Josiño, 75).
SCD MALPICA:   Abraham; Mario Casal, Adrián, David Castro, Alemán, Andrés, (Ismael, 85), Fernando Varela, Juan Carlos, Abel, (Petís, 75, xuvenil), Eloy Cabeza, (Martín Maradona, 70), Óscar Suárez.    
Árbitro:            Sr. Álvaro Gil Soriano.- (1ª Aut.- A Coruña). Moi tarxeteiro. Debe moderar os impulsos.
Asistentes:       Sres. Taboada Dafonte e Vilariño Hidalgo. (3ª División e 2ª Aut.). Discretos.                 
Goleadores:     0-1, m. 19: Juan Carlos, faise co “coiro” na liña de tres cuartos e, dende uns 40 metros, lanza un fortísimo disparo que se cola pola escuadra. 1-1, m. 87: un centro longo de Fiúza sobre o punto de penalti, permítelle a José Carlos, cabecear o “coiro” con bastante certeza fora do alcance da gran estirada de Abraham.
Ambiente e incidencias:          Preto de 90 seareiros nas bancadas. Tarde soleada con forte vento do N.E. que desluciu o  intento de fútbol practicado. 20º de temperatura. Expulsados o local Nico (m. 55), por dobre amarela e o visitante Juan Carlos, (m. 60) con vermella directa. Non houbo mancados.        
Xogadas perigosas do UC Cee:           Na segunda parte co vento a favor, o UC Cee, creou un par de ocasións que desbaratou acertadamente o porteiro malpicán Abraham.         
Xogadas perigosas SCD Malpica:       A SCD Malpica, que tivo o vento a favor no primeiro tempo, a pesar do seu dominio territorial, só tivo unha xogada digna de mención, foi no m. 9, cando un centro de Mario Casal, rematouno moi ben dende a media lúa Abel, pero o “coiro” saíu lambendo o poste esquerdo da portería local.
Comentario:     Sacou un resultado positivo a SCD Malpica, nun campo complicado e, ante un equipo tremendamente “copeiro”, como é o UC Cee, por algo se lle coñece polo REI DE COPAS.
Non foi un partido moi vistoso, pero si moi competido que deixa a eliminatoria moi igualada para a volta en campo malpicán. 
           
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!


 Juan Carlos, protagonista do partido, marcou o gol malpicán e ademais foi expulsado.    



Ataque do UC Cee, sobre a porta de Abraham. 






 Saque d curruncho sobre a portería do UC Cee.-

Fotos cedidas por Wasi Calvo.-