Partido de rivalidade local o vindeiro domingo no campo de "Xaviña" de Buño, a onde se despraza á SCD Malpica para enfrontarse ao equipo local BUÑO SCD.
O consunto "oleiro" fundado na tempada 1963/64, con 47 tempadas na "liga da costa", no esta atravesando por un bo momento, posto que ocupa o penúktimo lugar da táboa con tres puntos e, sen haberse aínda estreado con vitoria despois de seis xornadas.
Tampouco os malpicáns de "Gurita" están para botar "foguetes" xa que figuran no posto 12º con sete puntos. O choque, a parte da rivalidade existente entre ambos os dous equipos preséntase incierto, polo, como queda dito con anterioridade, pésimo estado de forma que ambos atravesan.
Pola súa banda os xuvenís reciben ao Ponteceso na "Pedra Queimada". Os rapaces, tralo triunfo a semana pasada en Coristanco, atravesan un momento de moral alto e, outro triunfo ante os da "Vila de Pondal" xa lles daría alas para vindeiros compromisos.
Os Veteranos da SCD Malpica, teñen un desprazamento cerca, xa que achéganse a Leiloio, para enfrontarse no campo de "Feira Nova", ao Cluve de Veteanos de Leiloio, un conxunto que esta facendo unha notable campaña.
Campos, horarios e árbitros dos partidos:
2ª Galicia - Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 8ª :
Campo : “Xaviña” (Buño,
99 x 60 herba artificial)
Equipos : BUÑO SCD – SCD MALPICA
Data e
hora : Domingo: 27-10-19, 17:00 horas
Árbitro : Sr. Marcos Ordoñez Rodriguez, (Preferente Galicia, Colexio
Coruña)
-
- - - - - - - - - - - - -
1ª Autonómica Xuvenil – Grupo 2º -Costa- – 1ª volta – Xornada 6ª:
Campo : “Pedra Queimada” (Malpica, 100 x 60, herba artificial)
Equipos : SCD
MALPICA – PONTECESO SD
Data e
hora : Sábado:
26-10-19, 17:00 horas
Árbitro : Sr. Adrián Pérez Rellán.- (1ª Galicia, Colexio Coruña).
-
- - - - - - - - - - - - -
1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 1ª volta – Xornada 6ª :
Campo : “Feira Nova” (Leiloio,
90 x 45, herba natural)
Equipos : CLUBE
VETERANOS LEILOIO – VETERANOS SCD MALPICA
Datas e
hora : Domingo:
27-10-19, 10:30 horas.-
Árbitro : Sr. Iván Vilanova Antelo, (2ª Galicia, Colexio C. da
Morte.)
- - - - - - - - - - - - - -