Recibe á SCD Malpica este domingo na "Pedra Queimada", ao C.D. Muros, conxunto que está a demostrar unha grande regularidade no inicio desta campaña, posto que, marcha na táboa de 5º clasificado con 12 puntos, 5 mais ca o equipo malpicán. Gañou 4 partidos e perdeu 2, leva 11 goles a favor e 12 en contra, nas 6 xorandas disputadas.
Á SCD Malpica, despois do batacazo sufrido en Carnota ante o Lira CF, quere acurtar distancias cos muradáns e para elo, necesita imperiosamente sumar de tres en tres se non quere quedar descolgado da táboa. Para éste encontro o "mister" "Gurita" recupera a Marcos Núñez, tras cumprir sanción, sendo dúbidas o central Cristian Villar e o dianteiro Michi Castro.
Os rapaces xuvenís viaxan a Coristanco farol vermello da competición, na "Rocheira" pensan iniciar a recuperación coas dúas novas fichaxes efectuadas esta semana.
Os veteranos da SCD Malpica, cun equipo compacto e moi equilibrado, reciben en campo propio áo SP. Bértoa co fin de continuar a racha de tres vitorias cosecutivas.
Así as cousas, infórmase dos campos horarios e árbitros para o fin de semana:
2ª Galicia - Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 7ª :
Campo : “Pedra Queimada” (100
x 60 herba artificial)
Equipos : SCD MALPICA – CD MUROS
Data e
hora : Domingo: 20-10-19, 17:00 horas
Árbitro : Sr. Daniel Martínez Ferreiro, (2ª Galicia, Colexio C.
Morte)
-
- - - - - - - - - - - - -
1ª Autonómica Xuvenil – Grupo 2º -Costa- – 1ª volta – Xornada 5ª:
Campo : “A Rocheira” (Coristanco, 93,10 x 54, herba
artificial)
Equipos : SD
CORISTANCO – SCD MALPICA
Data e
hora : Sábado:
19-10-19, 16:30 horas
Árbitro : Sr. Manuel Trillo López.- ().
-
- - - - - - - - - - - - -
1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 1ª volta – Xornada 5ª :
Campo : “Pedra Queimada” (Malpica,
100 x 60, herba artificial)
Equipos : VETERANOS
SCD MALPICA – SP. BÉRTOA
Datas e
hora : Domingo:
20-10-19, 10:30 horas.-
Árbitro : Sr. Pablo Rama Cotelo, (Preferente Galicia, Colexio Coruña)
-
- - - - - - - - - - - - -