Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 27 de octubre de 2019

Crónicas, resultados e clasificacións: Afeccionados, Xuvenis e Veteranos"Costa":

   Á SCD Malpica, recupera no campo de "Xaviña" ante o seu rival local, os tres puntos que lle arrevatou a semana pasada o Muros.
   O conxunto malpicán adestrado por "Gurita" foi superior en todas facetas do xogo a un Buño SCD que quixo pero non puido.

   Polo Malpica formaron: Damián; Juan Abelenda, (Belar, 70), Kevin, Cristian Villar, Laik, Migueliño, Andy, Alberto H., (Marcos Núñez, 66), Pace, (Michi Castro, 73), Aitor, Orgueira, (Costi, 42).
 
    Goleadores: 0-1, m. 12: Centro Chut cruzado e forte de Orgueira, que non pode deter Brais. 0-2, m. 34: Tiro cruzado envelenado de Pace, dende dentro da área. 0-3, m. 81: pase de Costi sobre Aitor e disparo deste dende a media lúa que entra pegado ao pau esquerdo de Brais. 0-4, m. 86: xogada persoal de Michi Castro, o cal no man a man con Brais resolve a porta Baleira.

    Incidencias: Cento cincuenta seareiros nas bancadas.

 




- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
   Tropezo dos xuvenís malpicáns ante o Ponteceso SD na "Pedra Queimada". Os rapaces de "Gurita", trala substitución do central Juan Abelenda, (m.70), baixaron os brazos e permitiron a remontada dos da Vila do Pondal (2-3), nos min. 90 e 90+2.

   Xa sucedeu algo parecido o sábado anterior en Coristanco, cunha vantaxe de cinco goles, acabaron pedindo a hora trala troco do central. (3-5).
   O adestrador malpicán debe tomar boa nota destas incidencias para que os rapaces non se desmoralicen tras estes resultados adversos.

   Pola SCD Malpica xogaron: Iker; David Abelenda, Villa, Juan Abelenda, (Iván Vidal, m. 70), Pablo Souto;  Ramos, (Cristian Varela, m.53), Renzo, Álvarez Amarelle, Costi, Edu Mato,(Eric, m. 66), Álex. 

   Goleadores: 1-0, m. 43: Costi. 1-1, m. 70: David Castro. 2-1, m. 81: Costi. 2-2, m. 90: Carlos Suárrez. 2-3, m. 90+2: David Castro.
________________________________

    Tras tres partidos sen coñecer a derrota, os veteranos da SCD Malpica, caen ante o Clube Veteranos de Leiloio, nun partido moi nivelado de rivalidade local que se resolvíu nos últimos dous minutos, (3-1).

    Veteranos SCD Malpica:  Suso; Luís Naya, Alb. Seaia. Alb. Barizo, Nando Couto, Mútio, Arcay, Richard, Nacho, Alb. Carballo, Suso Zas.
    Tamén Xogaron: Chaves, Palermo, Leo, Washi, Abel, Fdo. Couto.

   Goleadores: 0-1, m. 36:Richard. 1-1, m. 69: Víctor Novo (p). 2-1, m. 88: Álvaro García. 3-1, m. 90: Almeida.















- - - - - - - - - - - - - - - - - - 
                                                      
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!