Sexta xornada da "liga da costa", á SCD Malpica ten un desprazamento longo até a vila de Carnota, campo de "Lombáns", onde o Lira CF, recibe esta tempada aos seus rivais por obras no seu terreo de xogo.
O Lira CF, que figura clasificado na táboa no 10º posto con sete puntos, os mesmos que á SCD Malpica, parece que non anda fino coma local, pois perdeu os dous partidos que disputou en "Lombáns" ante o Ponteceso e o CD Muros, ambos por igual tanteo (1-3).
Diso queren aproveitarse os malpicáns de "Gurita" que, aínda que contan coa baixa de Marcos Núñez (sanción) e Michi (mancado), recuperan a Migueliño, home moi eficaz no medio do campo, aínda que están sobre "algodóns" o central Cristian Villar e David Lorenzo, pero "Gurita" espera recuperalos.
Dos Xuvenís, que teñen a baixa de Orgueira (sanción), o adestrador Adrián, espera e desexa que desta vez se xunten os rapaces necesarios para poder disputar o partido fronte á SD Soneira,e, que non volva a pasar no resto da tempada o da semana pasada, pois os rapaces moitos deles con 18 anos (xa son adultos), teñen que ser conscientes que, cando suscriben licencia federativa é para cumprir polo tempo pactado nela, pois, ademais das sancións que sofre o equipo federativamente e vergonzoso para o pobo que representan.
Pola súa banda, os veteranos da SCD Malpica enfróntanse á S.D. Oza, partido que corresponde a 13ª xornada, pero que, de común acordo adiantan ao domingo, data libre no calendario, así estarán mais libres para as datas do nadal.
Campos, datas, horarios e árbitros dos partidos:
2ª Galicia - Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 6ª :
Campo : “Lombáns” (Carnota,
98 x 57,70 herba artificial)
Equipos : LIRA CF – SCD MALPICA
Data e
hora : Domingo: 13-10-19, 17,00 horas
Árbitro : Sr. Bruno Méndez Castro, (3ª División, Colexio Coruña)
-
- - - - - - - - - - - - -
1ª Autonómica Xuvenil – Grupo 2º -Costa- – 1ª volta – Xornada 4ª:
Campo : “Pedra Queimada” (Malpica,
100, x 60, herba artificial)
Equipos : SCD
MALPICA – SD SONEIRA
Data e
hora : Sábado:
12-10-19, 16:30 horas
Árbitro : Sr. Carlos Señarís Balsa.- (2ª Galicia, Colexio C. da
Morte).
-
- - - - - - - - - - - - -
1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 1ª volta – Xornada 13ª :
Campo : “Pedra Queimada” (Malpica,
100 x 60, herba artificial)
Equipos : VETERANOS
SCD MALPICA – SOCIEDADE DEPORTIVA OZA
Datas e
hora : Domingo:
13-10-19, 10:30 horas.- (Partido adiantado da xornada 13ª
do 29-12-19)
Árbitro : Sr. Víctor Recarei Añón (Veteranos, Colexio C. da Morte)
-
- - - - - - - - - - - - -