Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

miércoles, 30 de octubre de 2019

Actualidade da SCD Malpica:


    Á SCD MALPICA, VIAXA ESTA FIN DE SEMANA DÚAS VECES, UNHA, A DISPUTAR FRONTE AO MUXIA CF, O PARTIDO APRAZADO CORRESPONDENTE A SEGUNDA XORNADA DE LIGA, POR MOR DAS FESTAS DA BARCA, LOGO O DOMINGO DESPRAZARASE A CABANA PARA ENFRONTARSE AO TITULAR NA 9ª XORNADA.

Así as cousas, os partidos a celebrar nesta fin de semana pola SCD Malpica, son os que se detallan a continuación, nos campos horarios e árbitros que se indican:


“2ª Galicia Gº II” – “Liga da Costa” – 1ª Volta - 2ª xornada (PARTIDO APRAZADO):
Campo            :           “Arliña”             (Muxía, 100 x 55, herba artificial)        
Equipos           :           MUXÍA CF   SCD MALPICA
Data e hora     :           Venres: 01-11-19, 16:40 horas.
Árbitro            :           Sr. Luís M. Insua Lago, (1ª Galicia Colexio da Coruña).
                                    - - - - - - - - - -- - - - - - - - - - - -


2ª Galicia - Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 9ª :

Campo            :           “As Redondas”             (Cabana, 91 x 58 herba artificial)                     
Equipos           :           CABANA SD    SCD MALPICA  
Data e hora     :           Domingo: 03-11-19, 17:00 horas   
Árbitro             :          Sr. Adrián Pérez Rellán, (1ª Galicia, Colexio Coruña)
                                   - - - - - - - - - - - - - -- - - - - - - - - - -
1ª Autonómica Xuvenil – Grupo 2º -Costa- – 1ª volta – Xornada 7ª:
Campo            :           “Eleuterio Balayo”         (Muros, 94 x 53, herba artificial)          
Equipos           :           ED  OS MIUDOS    SCD MALPICA
Data e hora     :           Sábado: 02-11-19,  16:30 horas         
Árbitro            :           Sr. Damián Filgueira Fdez..- (1ª Galicia, Colexio Santiago.
                                    - - - - - - - - - - - - - -- - - - - - - - - - -
    NOTA: OS VETERANOS DA SCD MALPICA NON TEÑEN XORNADA DE LIGA, ATÉ O 10-11-19.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 27 de octubre de 2019

Crónicas, resultados e clasificacións: Afeccionados, Xuvenis e Veteranos"Costa":

   Á SCD Malpica, recupera no campo de "Xaviña" ante o seu rival local, os tres puntos que lle arrevatou a semana pasada o Muros.
   O conxunto malpicán adestrado por "Gurita" foi superior en todas facetas do xogo a un Buño SCD que quixo pero non puido.

   Polo Malpica formaron: Damián; Juan Abelenda, (Belar, 70), Kevin, Cristian Villar, Laik, Migueliño, Andy, Alberto H., (Marcos Núñez, 66), Pace, (Michi Castro, 73), Aitor, Orgueira, (Costi, 42).
 
    Goleadores: 0-1, m. 12: Centro Chut cruzado e forte de Orgueira, que non pode deter Brais. 0-2, m. 34: Tiro cruzado envelenado de Pace, dende dentro da área. 0-3, m. 81: pase de Costi sobre Aitor e disparo deste dende a media lúa que entra pegado ao pau esquerdo de Brais. 0-4, m. 86: xogada persoal de Michi Castro, o cal no man a man con Brais resolve a porta Baleira.

    Incidencias: Cento cincuenta seareiros nas bancadas.

 




- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
   Tropezo dos xuvenís malpicáns ante o Ponteceso SD na "Pedra Queimada". Os rapaces de "Gurita", trala substitución do central Juan Abelenda, (m.70), baixaron os brazos e permitiron a remontada dos da Vila do Pondal (2-3), nos min. 90 e 90+2.

   Xa sucedeu algo parecido o sábado anterior en Coristanco, cunha vantaxe de cinco goles, acabaron pedindo a hora trala troco do central. (3-5).
   O adestrador malpicán debe tomar boa nota destas incidencias para que os rapaces non se desmoralicen tras estes resultados adversos.

   Pola SCD Malpica xogaron: Iker; David Abelenda, Villa, Juan Abelenda, (Iván Vidal, m. 70), Pablo Souto;  Ramos, (Cristian Varela, m.53), Renzo, Álvarez Amarelle, Costi, Edu Mato,(Eric, m. 66), Álex. 

   Goleadores: 1-0, m. 43: Costi. 1-1, m. 70: David Castro. 2-1, m. 81: Costi. 2-2, m. 90: Carlos Suárrez. 2-3, m. 90+2: David Castro.
________________________________

    Tras tres partidos sen coñecer a derrota, os veteranos da SCD Malpica, caen ante o Clube Veteranos de Leiloio, nun partido moi nivelado de rivalidade local que se resolvíu nos últimos dous minutos, (3-1).

    Veteranos SCD Malpica:  Suso; Luís Naya, Alb. Seaia. Alb. Barizo, Nando Couto, Mútio, Arcay, Richard, Nacho, Alb. Carballo, Suso Zas.
    Tamén Xogaron: Chaves, Palermo, Leo, Washi, Abel, Fdo. Couto.

   Goleadores: 0-1, m. 36:Richard. 1-1, m. 69: Víctor Novo (p). 2-1, m. 88: Álvaro García. 3-1, m. 90: Almeida.















- - - - - - - - - - - - - - - - - - 
                                                      
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

viernes, 25 de octubre de 2019

Partidos da SCD Malpica para esta fin de semana:


   Partido de rivalidade local o vindeiro domingo no campo de "Xaviña" de Buño, a onde se despraza á SCD Malpica para enfrontarse ao equipo local BUÑO SCD.
   O consunto "oleiro" fundado na tempada 1963/64, con 47 tempadas na "liga da costa", no esta atravesando por un bo momento, posto que  ocupa o penúktimo lugar da táboa con tres puntos e, sen haberse aínda estreado con vitoria despois de seis xornadas.
   Tampouco os malpicáns de "Gurita" están para botar "foguetes" xa que figuran no posto 12º con sete puntos. O choque, a parte da rivalidade existente entre ambos os dous equipos preséntase incierto, polo, como queda dito con anterioridade, pésimo estado de forma que ambos atravesan.

   Pola súa banda os xuvenís reciben ao Ponteceso na "Pedra Queimada". Os rapaces, tralo triunfo a semana pasada en Coristanco, atravesan un momento de  moral alto e, outro triunfo ante os da "Vila de Pondal" xa lles daría alas para vindeiros compromisos.

   Os Veteranos da SCD Malpica, teñen un desprazamento cerca, xa que achéganse a Leiloio, para enfrontarse no campo de "Feira Nova", ao Cluve de Veteanos de Leiloio, un conxunto que esta facendo unha notable campaña.

Campos, horarios e árbitros dos partidos:  

2ª Galicia - Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 8ª :

Campo            :           “Xaviña”           (Buño, 99 x 60 herba artificial)             
Equipos           :           BUÑO SCD    SCD MALPICA  
Data e hora     :           Domingo: 27-10-19, 17:00 horas   
Árbitro             :          Sr. Marcos Ordoñez Rodriguez, (Preferente Galicia, Colexio Coruña)
                                   - - - - - - - - - - - - - -
1ª Autonómica Xuvenil – Grupo 2º -Costa- – 1ª volta – Xornada 6ª:
Campo            :           “Pedra Queimada” (Malpica, 100 x 60, herba artificial) 
Equipos           :           SCD MALPICA –  PONTECESO SD
Data e hora     :           Sábado: 26-10-19,  17:00 horas         
Árbitro            :           Sr. Adrián Pérez Rellán.- (1ª Galicia, Colexio Coruña).
                                    - - - - - - - - - - - - - -

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 1ª volta – Xornada 6ª :

Campo            :           “Feira Nova”     (Leiloio, 90 x 45, herba natural)
Equipos           :           CLUBE VETERANOS LEILOIO   VETERANOS SCD MALPICA
Datas e hora    :           Domingo: 27-10-19, 10:30 horas.-
Árbitro            :           Sr. Iván Vilanova Antelo, (2ª Galicia, Colexio C. da Morte.)
                                       - - - - - - - - - - - - - -

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

sábado, 19 de octubre de 2019

SCD Malpica crónicas-resultados da xornada::

   Tarde aciaga da SCD Malpica na "Pedra Queimada" ante un CD Muros ramplón, o cal, grazas a providencia "divina" disfrazada, primeiro de árbitro na sinalización dun penalti dos chamados "raros" sorprendendo a todos e segundo de Migueliño (o mellor sobre o terreo de xogo) pero que, cando se buscaba con ansiedade o empate xogueteou sen necesidade cun balón dentro da área propia que propiciou a súa perda e o mazazo en forma de gol acabando coas esperanzas de remontada do conxunto malpicán.
   
   SCD Malpica: Damián; Laik, Belar, Juan Abelenda, Juan Fuentes; Migueliño, Andy, Alberto H., (Costi, m. 65), Marcos Núñez, (Brais Ceán, m.66), Aitor, Kevin, (Pace, m. 75).

   Goleadores: 0-1, m. 23: o dianteiro centro Xavi, gáñalle en carreira por velocidade ao central Juan Abelenda, e bate a Damián no man a man. 1-1, m. 50: saque de curruncho botado por Aitor e testarazo bombeado de Kevin que fai inútil a estirada do porteiro muradán. 1-2, m. 73: saque de banda dun futbolista visitante a dentro da área, o local Laik, corta de espuela e o "coiro" vaille ao brazo incoscientemente sen ningún perigo para os adversarios, o árbitro moi preto, sinala o punto fatídico ante a sorptresa de propios e extranos, o vistante Iván, transfórmao a pesar de que Damián logra tocar o "coiro" pero non impide que entre na portería. 1-3, m. 88, en pleno acoso malpicán, Migueliño recolle en solitario o "coiro" ao borde da área propia, tras un rexeite en longo da defensa visitante, pretende burlar a un contrario pero trabúcase e prede o balón, que se vai só cara a portería de Damián, éste salva o tiro en primeira estancia, pero Bruno que seguía a xogada fusila a porta baleira.  

   Incidencias: 90 seareiros nas bancadas. Tarxetas por parte local a: Migueliño, Andy, Damián e Juan Fuentes, éste dobre amarela, e polo tanto expulsado.
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -- -



 
Apertada vitoria dos veteranos da SCD Malpica, ante un Sp. Bértoa que, a pesar de dominar territorialmente ao longo do partido núnca chegou a inquietar á portería malpicán defendida hoxe acertadamente por Nacho.
   O resumo global do partido foi, dominio territorial vistante e, claras ocasións de gol por parte local ao contraataque, pero que só lograron materializar unha por medio de Richard, que lles vale para sumar tres puntos e manterse nos postos altos da táboa.

   Aliñación malpicán: Nacho; Nando Couto, Alb. Seaia, Alb. Carballo, Suso Zas; Chaves, Luís Naya, Pedro, Mútio, Richard, Arcay.
   Tamén xogaron: Washi, Abel, Fdo. Couto, Douri.

   Goleador: 1-0, m. 14: Richard.
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -



   Vitoria da SCD Malpica xuvenil no seu desprazamento a Coristanco (3-5). Os rapaces malpicáns, que se adiantaron 0-5, víronse apurados nos últimos minutos do partido, trala expulsión de Orgueira nunha acción infantil. Á superioridade dos malpicáns foi abrumadora até que quedaron con dez e ademais, o adestrador malpicán relevou ao central Juan Abelenda.

Formación da SCD Malpica:  Iker; David Abelenda, Villa, Juan Abelenda, (Renzo, 58), Souto; Ramos, Cristian Varela, (Iván Vidal, 68), Álvarez, Costi, Orgueira, Álex.

Goleadores:  0-1, m. 12: Orgueira. 0-2, ,m. 35: Juan Abelenda. 0-3, m. 44: Costi. 0-4, m. 51: Orgueira. 0-5, m. 67: Costi. 1-5, m. 75: Diego. 2-5, m. 76: Raúl. 3-5, m. 87: Diego.

Asistentes:  Uns 70 seareiros nas bancadas.

Expulsado: Orgueira (SCD Malpica). Amoestado: Costi (SCD Malpica)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

jueves, 17 de octubre de 2019

Partidos da SCD Malpica para esta fin de semana:


   Recibe á SCD Malpica este domingo na "Pedra Queimada", ao C.D. Muros, conxunto que está a demostrar unha grande regularidade no inicio desta campaña, posto que, marcha na táboa de 5º clasificado con 12 puntos, 5 mais ca o equipo malpicán. Gañou 4 partidos e perdeu 2, leva 11 goles a favor e 12 en contra, nas 6 xorandas disputadas.
   Á SCD Malpica, despois do batacazo sufrido en Carnota ante o Lira CF, quere acurtar distancias cos muradáns e para elo, necesita imperiosamente sumar de tres en tres se non quere quedar descolgado da táboa. Para éste encontro o "mister" "Gurita" recupera a Marcos Núñez, tras cumprir sanción, sendo dúbidas o central Cristian Villar e o dianteiro Michi Castro.

   Os rapaces xuvenís viaxan a Coristanco farol vermello da competición, na "Rocheira" pensan iniciar a recuperación coas dúas novas fichaxes efectuadas esta semana.

   Os veteranos da SCD Malpica, cun equipo compacto e moi equilibrado, reciben en campo propio áo SP. Bértoa co fin de continuar a racha de tres vitorias cosecutivas.
Así as cousas, infórmase dos campos horarios e árbitros para o fin de semana: 

2ª Galicia - Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 7ª :

Campo            :           “Pedra Queimada”        (100 x 60 herba artificial)                     
Equipos           :           SCD MALPICA    CD MUROS
Data e hora     :           Domingo: 20-10-19, 17:00 horas   
Árbitro             :          Sr. Daniel Martínez Ferreiro, (2ª Galicia, Colexio C. Morte)
                                   - - - - - - - - - - - - - -
1ª Autonómica Xuvenil – Grupo 2º -Costa- – 1ª volta – Xornada 5ª:
Campo            :           “A Rocheira”                 (Coristanco, 93,10 x 54, herba artificial)          
Equipos           :           SD CORISTANCO    SCD MALPICA 
Data e hora     :           Sábado: 19-10-19,  16:30 horas         
Árbitro            :           Sr. Manuel Trillo López.- ().
                                    - - - - - - - - - - - - - -

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 1ª volta – Xornada 5ª :

Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)
Equipos           :           VETERANOS SCD MALPICA   SP. BÉRTOA
Datas e hora    :           Domingo: 20-10-19, 10:30 horas.-
Árbitro            :           Sr. Pablo Rama Cotelo, (Preferente Galicia, Colexio Coruña)
                                       - - - - - - - - - - - - - -

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!