Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

martes, 20 de agosto de 2019

"XIX Trofeo Festas do Mar" Malpica:


   O vindeiro venres, sábado e domingo, (días: 23, 24 e 25 de agosto do actual ano, celébranse as famosas "Festas do Mar" en Malpica, festas, nas que terán lugar diversas actividades lúdicas, deportivas e relixiosas.




   No que respecta ás deportivas, disputaráse o sábado día 24, o "XIX TROFEO FESTAS DO MAR", patrocinado polo famoso e internacional grupo: FÚTBOL-TÁCTICO GROUP, que comanda o internacionalmente coñecido D. Juan Vila, exporteiro do fútbol da costa, (Coristanco, Camariñas, etc.) e analista profesional de equipos españois coma o RC Deportivo, Valencia CF asi como de diversos equipos Rusos e Ingleses da primeira división que tamén donará un fermoso trofeo que se levará o gañador dos equipos participantes que serán:

   Victoria CF da 1ª Galicia de A Coruña.
   Buño SCD da 2ª Galicia
   SCD Malpica da 2ª Galicia.



   HORARIOS E DATAS: 

   Sábado, 24, 18:00 horas: Buño SCD - SCD Malpica.
   Sábado, 24, 19:00 horas: Victoria CF - Buño SCD
   Sábado, 24, 20:00 horas: SCD Malpica - Victoria CF.

   Noutro orde de cousas, á RFGF xa publicou o calendario de Segunda Galicia para á Tempada 2019/20. A liga comezará o 08-09-19 e, o primeiro rival da SCD Malpica será á SD Castriz, na "Pedra Queimada". Na segunda xornada á SCD Malpica desprazarase a Muxía.

     
   
   AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 

domingo, 11 de agosto de 2019

3º Amigable da SCD Malpica da T. 2019/20:


   Despois dos dous partidos disputados no trofeo da "Olería" en Buño; á SCD Malpica celebrou na "Pedra Queimada" no día de hoxe (11-08-19) o terceiro partido amigable desta tempada próxima a comezar (19/20), enfrontándose ao CF Dumbría da "Liga Galega" xuvenil, rival moi incómodo debído a xuventude que atesoura nas súas ringleiras e que corren coma lebres ao longo de todo o partido.
   O encontro foi unha voa pedra de toque para ambas formacións, mostrándose os dous equipos aínda faltos de conxunción debído aos escasos adestramentos exercidos no que vai de pretempada; pero aínda así, víronse destellos de bo fútbol en certas partes do partido e, sobre todo moita velocidade que acusaron algo os mais veteranos.

   Resultado:  SCD MALPICA  3 - 1  CF DUMBRÍA (Xuvenil)
   Goleadores: 0-1; m. 5: vaselina do dianteiro centro Diego sobre o porteiro malpicán, Ángel Lamas.
   1-1; m. 6: rápida contra do malpicán Mario, con pase en profundidade sobre David Lorenzo, que fusila de tiro cruzado.
    2-1; m. 39: centro chut de Kevin, pega nun defensor e, Álex moi oportuno no segundo pau cabecea a rede.
    3-1, m. 73: gran xogada individual de Aitor saíndo dende propio campo, dende a semilúa, cede a Pachi o cal moi habilmente envía de vaselina por enriba do porteiro dumbriés.
    Tarde fresca na "Pedra Queimada" con uns 100 seareiros nas bancadas.
   AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!















NOTA: O VINDEIRO DOMINGO DÍA 18, ESTASE A PROGRAMAR NOVO PARTIDO DA SCD MALPICA, CUN RIVAL AÍNDA SEN CONFIRMAR. IREMOS INFORMANDO AO LONGO DA SEMANA...

domingo, 4 de agosto de 2019

"XIX Trofeo da Olería" (Buño):


   Esta tarde, adiantandose nunhas horas á clausura da Mostra da Olería e, como colofón ao peche da edición do 2019, celebrouse no campo de Xaviña o "XIX Trofeo Mostra da Olería" de fútbol, no que participaron os catro equipos do Concello malpicán: Buño SCD, SCD Malpica, UD Cerqueda e Sp. Seaia CF. 
   Os resultados e clasificación acadados por ambos equipos foron os seguintes:
   1º partido: Buño SCD  2 - 0  Sp. Seaia CF. 
                    (Goles:  1-0, m. 19: Juan Antelo (p).  2-0, m. 39: Alex).
    2º partido: UD Cerqueda  2 - 1  SCD Malpica.
                     (Goles: 0-1, m. 13: Mante. 1-1, m. 35: I. Mato. 2-1, m. 37:I. Mato (p).
    3º e 4º Posto:  SCD Malpica  1 - 0  Sp. Seaia CF.
                          (Gol: 1-0, m. 28: Alex).
    F I N A L:       Buño SCD   0 - 1  UD Cerqueda.
                           (Gol: 0-1, m. 37: Iván Mato)

     Clasificación Final:  Campión: UD Cerqueda 6 puntos.
                                  Subcampión: Buño SCD  3 puntos.
                                  Terceiro: SCD Malpica    3 puntos.
                                  Cuarto:  Sp. Seaia          0 puntos. 
  
Trofeo ao máximo goleador: Iván Mato 3 goles.


AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
 

martes, 30 de julio de 2019

XIX TROFEO DA OLERÍA:




  
"XIX TROFEO DA OLERÍA"

  
   Tras unha tempada sen participar por discrepancias entre Directiva e Concello; á nova xunta da SCD Malpica, acorda acudir a cita do prestixioso "Trofeo da Olería" que este ano cumpre á dezanoveava edición.

  Os equipos contendentes son os catro conxuntos pertencentes ao Concello de Malpica, por orde de antiguedade e, que é o seguinte:
   Buño SCD, SCD Malpica, UD Cerqueda e Sp. Seaia.
   Celebrado, nas dependencias municipais do Concello Malpicán o correspondente sorteo, este, emparellou aos equipos e, en horarios do seguinte xeito:

   Domingo 04-08-19: 
   Buño SCD - Sp. Seaia, 18:00 horas.
   UD Cerqueda - SCD Malpica, 19:00 horas.

   3º e 4º Posto: 
           Equipos perdedores, 20:00 horas

FINAL: 
Equipos gañadores, 21 horas

Noutro orde de cousas e, para información a todos socios e seguidores da SCD Malpica, hai que resaltar o traballo físico que están a realizar os novos compoñentes da Xunta Directiva malpicana, os cales por iniciativa propia e coa axuda desinteresada de algunha empresa (non local), que lles facilitou material, están dándolle un grande lavado de cara con pintura ás paredes do recinto e dos retretes, así como, nestes, instalándolle pezas novas de inodoros ademais de repasar e prender con parafusos as butacas de asientos das gradas. Esta obra de remodelación poderán comprobala os asistentes ao primeiro partido que se celebre na "Pedra Queimada".
Noraboa!
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
 

 
  
    

lunes, 22 de julio de 2019

Completada a directiva da SCD Malpica:


  A data de hoxe, o clube SCD MALPICA, xa ten ao completo a listaxe da Xunta Directiva, tras días de diversos contactos polo pobo malpicán, no que houbo de todo, até o caso de que algún dos, de primeiro comprometidos, ás poucas horas decidiron borrarse, finalmente, e, sen pecharse definitivamente a listaxe para algunha nova incorporación se aparece con gañas de unirse ao traballo, os compoñentes son os seguintes:

1.-Presidente:            Jesús Vila Varela.
2.-Vicepresidente 1º : Adrián Bardanca Martínez
3.-Vicepresidente 2º : Manuel Lema Vidal
4.-Secretaria           : Mónica Martínez Castro
5.-Tesoureiro           : José Luís Bardanca Rojo
6.-Vogal                  : Federico Blanco charlín
7.-Vogal                  : Manuel Vilas Varela
8.-Vogal                  : Ramón Gundín González
9.-Vogal                  : Manuel Verdes Lista
10.-Vogal                : José Luís Rodríguez Horsburch
11.-Vogal                 : María Ordoñez Abelenda

  En total once membros directivos, que van relanzar á SCD Malpica a categoría que se merece, participando en CATRO COMPETICIÓNS: Afeccionados, Xuvenis, Prebenxamíns e Biberóns.
  Damoslle a benvida aos valentes e novos directivos e dexesámoslle toda clase de éxitos.

  Para comezar e, co ánimo de emprender os retos de crear as categorías enriba relacionadas, solicitaronlle a es informador, que, poña o seguinte anuncio neste blogue:


A V I S O:

  TODOS NENOS E NENAS PERTENCENTES AO CONCELLO DE MALPICA  OU

CONCELLOS LIMÍTROFES, EN IDADES COMPRENDIDAS ENTRE, CATRO, CINCO, 

SEIS, SETE, CATORCE, QUINCE, DEZASEIS, DEZASETE, DEZAOITO E DEZANOVE 

ANOS, PODEN ACUDIR AO CAMPO DE "PEDRA QUEIMADA" O  VINDEIRO MÉRCORES 

A PARTIR DAS 20:OO HORAS, OU PORSE, OS PAIS DAS NENAS E NENOS EN CONTACTO CON 

ALGÚN DOS DIRECTIVOS ENRIBA RELACIONADOS, PARA PODER FACERLLE FICHA 

E PARTICIPAR NAS COMPETICIÓNS NAS QUE FIGURA INSCRITA Á SCD MALPICA.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!


 

domingo, 21 de julio de 2019

Novidades da SCD Malpica:


  O Secretario accidental da actual xunta directiva da SCD Malpica D. Federico Blanco Charlín, comunicoulle a este historiador do clube, que, para a vindeira tempada 2019/2010, á SCD Malpica, participará nas competicións de: 

SEGUNDA GALICIA, afeccionados. (Liga da Costa).
PRIMEIRA GALICIA, xuvenis, (Grupo da costa)

 Ademais, inscribíu na RFGF (Real Federación Galega de Fútbol) a participación de equipo de BIBERÓNS, (F.8), (NENOS/NAS DE 4, 5, anos).

 Igualmente, esta a tratar xuntar nenos/nas, para Prebenxamíns (F. 8) (6 e 7 anos). No caso de que se xunte, tamén se inscribirán para participar federados na categoría.

  Tamén se lle solicitou ao historiador, que publique neste blogue, que en cuestión de días, comezarase a repartir os carnets de SOCIOS, para nova tempada 2019/2020, fixándose, por acordo da xunta directiva, as seguintes modalidades e prezos:

  SOCIO PROTECTOR..................    60 EUROS.
  SOCIO DE EMPRESA.................    50    "
  SOCIO DE NÚMERO..................    40    "

Continuaremos informando...
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
 

domingo, 14 de julio de 2019

Á SCD MALPICA XA TEN NOVO PRESIDENTE:


  AO FINAL HOUBO "FUMATA BRANCA" E, Á SCD MALPICA XA CONTA DENDE ESTA MAÑÁ CON NOVO PRESIDENTE E NOVA XUNTA DIRECTIVA:

    DON JESÚS VILA VARELA, é dende esta maña novo Presidente do clube SCD Malpica, trala segunda reunión seral ordinaria celebrada nas oficinas do clube na "Pedra Queimada" esta mañá ás once horas.

   O até agora Presidente, D. Manuel Suárez Cotelo, o cal acabou catro anos de mandato e cesou por iniciativa propia, entregou o "bastón de mando" ao Sr. Vila, quen a súa vez, era Vicepresidente co cesado Presidente.

   O Sr. Vila Varela, agora xubilado e antes profesional da construción e edificación, xa tivo a presidencia da SCD Malpica, nas tempadas: 1990/91 até 1991/92, 1993/94 até 1994/95, 2003/04 até 2005/06, en total sete tempadas.

   É polo tanto, un veterano en saber levar ao "barco a vo porto". Comezará maña mesmo (luns) a reunir e nomear a listaxe dos demais compoñentes da xunta directiva, na que xa ten varios candidatos en carteira, pero non quere citar a ningún até que teña definitivamente a lista completa.

   Logo de reunir a todos compñentes da directiva, segundo se me informa, designará cargo a cada un deles para que cada cal se adapte a traballar na faceta designada; tamén e,  segundo puido saber este informador, comezará a tomar contacto co adestrador qué, ao parecer, vai ser o da tempada pasada, Sr. Adrián Bardanca "Gurita" o cal comezará tamén a tomar contacto cos mebros da plantilla de futbolistas para súa renovación, pois casi todos queren continuar no clube. Tampouco se descarta á posibilida de impulsar de novo o fútbol base con categorías, xuvenil, cadetes e infantil. Polo menos esas son ás primeiras ideas do novo Presidente na toma de posesión do mando, aínda que, debido ao avanzado das datas, e moi dificil xuntar rapaces, pero intentar vaise intentar.

   Seguiremos informando...

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

  
   

lunes, 17 de junio de 2019

Resultados da xornada da "Costa"


   SCRD Esteirana-Cabana SD, finalistas da LVI edición da "Copa da Costa", tempada 2018/19, ao empatar ambos os patidos de volta disputaos e Corme e Camariñas respectivamente cos resultados que mais abaixo se detallan.
   
   Igualmente, se detalla o último resultado conseguido polo V. De Baño, CF fronte á SD Villestro, para o ascenso á 1ª Galicia Gº II. 

    E por último amósase o resultado final da 1ª "Copa da Costa" de Veteranos, tutelada pola RFGF, e que lle deu a vitoria á SD San Lourenzo de Verdillo.

 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
 

domingo, 9 de junio de 2019

LVI "Copa Costa" e resultados varios da costa:


   Na tarde de hoxe, celebráronse diversos partidos relacionados con equipos da "costa", como són: As semifinais da "LVI edición da Copa da Costa" de afeccionados, as semifinais da XVI edición da "Copa da Costa" de Veteranos, a Final de VI "Copa da Costa" de Infantís e 5ª xornada da liguiña de ascenso a 1ª Galicia, na que, o V. de Baño CF, xa está ascendido hai dúas xornadas, salvando con elo do descenso ao UC Cee á 3ª Galicia.

  A continuación detallamos os resultados producidos nesta xornada: 
   
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!




lunes, 3 de junio de 2019

LVI "Copa da Costa" e resultados varios:


   Á SCD MALPICA, CAE EN CABANA E QUEDA APEADO DA LVI EDICIÓN DA "COPA DA COSTA" NOS CUARTOS DE FINAL.

   Nun partido enormemente disputado o Cabana SD, de 3ª Galicia, elimina na 2ª tanda de penaltis á SCD Malpica, de 2ª Galicia, logo de equilibrar o resultado da "Pedra Queimada" no partido de ida. Comezaron ben os malpicáns, xa que no min. 1 conseguían aumentar o resultado (0-1), pero os locais nivelaron pronto o tanteo e con alternativas no marcador conseguiron de penalti igualar a eliminatoria nas postrimerías do partido.

   Aliñación da SCD Malpica: Eusebio; Mante, (José Romero, 59), Belar, (Jorge, 75), Cristian, Laik; Capelán, Jairo, Migueliño, Michi, Aitor, Martín, (Brais Ceán, 51).

   Goleadores: 0-1, m. 1: Michi. 1-1, m. 8: Raul. 1-2, m. 20: Martín. 2-2, m. 49: Manolo Romero. 3-2, m. 81: Iván Mato (penalti).

Cabana SD.   Así foron os lanzamentos de penaltis.  SCD Malpica. 

                 Iván Mato:         Gol                                                     Aitor:              Gol
              Dani Mato:         Gol                                                     Jairo:              Gol
              Diego Castro:     Gol                                                     Michi:             Gol
              Santi Vecino:       Gol                                                     Capelán:        Gol
              José M. Varela:   Gol                                                     José Romero: Gol
              Manuel Romero:  Fallo                                                   Brais Ceán:     Fallo
              Iván Castro:        Gol                                                     Jorge:             Gol
              Dario Santiso:     Gol                                                     Migueliño:      Fallo
==================================================================
Resultados: 

 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!