Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 22 de noviembre de 2015

Crónicas dos partidos desta semana da SCD Malpica:



IV edición da 1ª Autonómica, Grupo II – (1ª volta) – 12ª Xornada:
Resultado:                   SCD MALPICA   1 – 0  BERTAMIRÁNS FC “B”   
SCD MALPICA:  Asier; Kike, Casais, Rubén, (Vitalie, 73), Ó. Moscoso; Carlos Mallo, (M. Uru, 51), Eme, (Sergio,90+2), Adra, Charro, (C) Javi Trigo, (M. Mara, 59), Juny.
BERTAMIRÁNS FC “B” :                Pablo; Saúl, Cohen, (Esteiro, 82), Conde, Aitor, Meijide, © Miguel Rouco, (Carlos, 71), Iñigo, Capi, (Siaba, 57), Miguel Cea, Seoane, (Jhimi, 46).
Árbitro:            Sr. Acuña Piñeiro.-(1ª Aut.- A Coruña). Na súa liña habitual, abusando do silvato.
Asistentes:       Sres. Sabio Sánchez e Boedo Varela.-(2ª e 3ª Aut.- A Coruña). Regulares.
Goleadores:     1-0, m. 27: Adra controla o “coiro”  na liña de medios, olla o desmarque de Charro e, envíalle un pase por enriba da defensa, o dianteiro desvía suavemente o “coiro” lonxe do porteiro Pablo, trala saída deste a desesperada. 
Ambiente e incidencias:          Tarde desapacible con vento e chuvia intermitente, isto restou influencia de seareiros nas bancadas, tan só acudiron sesenta. Non houbo expulsados. Tivo que retirarse mancado cun forte golpe nun pe. O local Rubén, m. 73.
Xogadas de perigo da SCD Malpica:    M. 4: internada de Charro por banda dereita, cun centro raso moi pechado que, o porteiro Pablo no atalla, Carlos Mallo, que entraba lanzado non chega por moi pouco.
M. 21: Eme, corta un pase na liña de medios, cede sobre Adra, este envía longo sobre Juny entra na área e lanza un forte tiro cruzado que lucíndose Pablo nunha boa parada. M. 41: a mellor xogada da tarde, saque de banda de Carlos Mallo sobre Adra, este combina con Eme que lle devolve  o “coiro” en parede na media lúa, Adra, empalma un tiro raso que sae a ras do poste da portería de Pablo, cando este xa estaba totalmente batido. M. 70: sorpresivo e picaresco tiro dende campo propio de Adra, vendo ao porteiro Pablo adiantado, o “coiro” saíu lixeiramente desviado.
Xogadas de perigo do Bertamiráns FC “B”:   M. 6: internada por banda esquerda de Miguel Cea cun centro ao punto de penalti onde se atopa un desmarcado Iñigo, o remate deste sae a dereita de Asier. M. 11: o Sr. Acuña Piñeiro, anula un gol ao Bertamiráns, obra de Capi, ao castigar con falta unha xogada anterior dos malpicáns, sen aplicar a lei da vantaxe. M. 29: novo centro de Miguel Cea, ao que non chega Capi por adiantárselle o porteiro Asier, nunha arriscada saída. M. 37: gran xogada de Capi con centro atrás sobre Iñigo, o remate deste con moita picardía ao pau contrario onde se atopa Asier, é salvada polo porteiro malpicán cunha meritoria intervención. M. 65: boa internada de Iñigo, por banda dereita, dende a liña de fondo, centra raso, errando o remate ante Asier, o visitante Miguel Rouco, en beneficio dos malpicáns.
Comentario:     Partido que solventou a SCD Malpica pola mínima que vale tres puntos de ouro para seguir manténdose nos postos tranquilos da táboa. O Bertamiráns “B”, que intentou sempre o xogo combinativo, saíu xogando dende a súa defensa pero adoeceu de falta de remate, pois a pesar de que desfrutou de varias ocasións, non tivo acerto ante Asier, grazas tamén ao acerto deste.          




          





XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano–(1ª Volta)- 10ª Xornada:
Resultado:                   MALPICA   1 – 2  CLUB DO MAR
Aliñación do Malpica:  Juan; Luazas, A. Carballo, Alfredo, A. Coruña; Marcelino, Mútiu, A. Barizo, Luís Naya; Leo, Ban Ban. Tamén xogaron:  Chaves, J.L. Arcay, Wahsi, Chucho, Marco.
Árbitro:            Sr. Juan.- Bastante irregular mostrando moitas tarxetas, No penalti estivo meticuloso.
Goleadores:     1-0, m. 11: Ban Ban, tras recibir un pase en longo por banda, resolve moi ben de tiro raso cruzado. 1-1, m. 57: tras un saque longo de portería, o “coiro” axudado polo vento, pasa por enriba da defensa malpicán, o visitante Jesús, queda só ante Juan e báteo por baixo. 1-2, m. 90+2: nun barullo dentro da área local, o árbitro ante o asombro de todos sinala penalti, ao parecer por suposto derrubo a un dianteiro, Richard, bate a Juan, que logra tocar o “coiro” pero non o suficiente para que se introduza na rede.         
Incidencias:     Mañá fría con vento, chuvia e claros. Non houbo expulsados nin mancados de consideración.
Comentario:     Non mereceron os malpicáns perder a imbatibilidade ante o “líder”, pois na primeira parte dominaron constantemente ao Club do Mar, incluso tiveron un rexeite do traveseiro tras cabezazo de Ban Ban aos 18 m. Na segunda parte os visitantes co vento a favor, levaron mais a iniciativa, sobre todo a base de balóns longos, que, debido ao cansazo dos malpicáns nos últimos 10 minutos, o dominio fíxose algo mais acusado.  
           
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

jueves, 19 de noviembre de 2015

Axenda de partidos para fin de semana da SCD Malpica:



IV edición da 1ª Autonómica Grupo II –1ª volta - Xornada 12ª:
Campo             :           “Pedra Queimada”         (100 x 60, herba artificial, Malpica)                   
Equipos           :           SCD MALPICA     BERTAMIRÁNS “B” 
Data e hora      :           Domingo: 22-11-15, 16:15 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Acuña Piñeiro.-(1ª Aut.- A Coruña).
Asistentes        :           Sres. Sabio Sánchez e Boedo Varela.- (2ª e 3ª Aut.- A Coruña).
            Logo da infrutuosa saída a Cordeiro, onde os malpicáns aguantaron o tipo pero saíron derrotados, toca recibir en campo propio a un Bertamiráns “B”, que esta tempada parece que non anda moi fino na competición, pois marcha 16º na táboa, con 10 puntos, dous menos ca SCD Malpica. Esta parece por tanto unha boa ocasión para que os futbolistas malpicáns intenten alongar algo mais a este rival, polas malas consecuencias que podería ter de cara ao final da liga para o clube local ó caer nunha dinámica negativa.
            O Bertamiráns “B”, suma nestas once xornadas: 3 vitorias, un empate e 7 derrotas, materializou 11 goles e encaixou 26, números moi parecidos aos da SCD Malpica, (11 x 24). O seu mellor realizador é Álex Siaba con 3 goles.
            Tanto a directiva coma todos os socios e seareiros da SCD Malpica, son  conscientes da importancia de conseguir os tres puntos, de aí, o gran apoio que dende aquí se lles quere brindar ao adestrador Chema Rivadulla e aos futbolistas que salten ao terreo de xogo. Para este partido, Chema xa poderá contar con Martín Uruguaio, despois de cumprir a sanción dun partido polo Comité de Competición, tamén se espera poder contar con Martín Mara, logo da súa presumible recuperación. Son dúbida Eloi Vilas, Almeida, Dímaga e Petís, ausentes        na xornada anterior.
Enfrontamentos da SCD Malpica co Bertamiráns “B” na pasada Tempada :
12-10-14           BERTAMIRÁNS “B”   2 - 0  SCD MALPICA   (Goles: 1-0, m. 73: Pri. 2-0, m. 90+3: Alberto).
33-05-15           SCD MALPICA   2 - 3   BERTAMIRÁNS “B”  (Goles: 1-0, m. Mara. 2-0: Cololo. 2-1: Pri. 2-2: Pri. 2-3: Marcos).




XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – 1ª Volta – Xornada 10ª:
Campo             :           “Pedra Queimada”   (100 x 60, Malpica - herba artificial)
Equipos           :           MALPICA   -   CLUB DO MAR
Datas e horas   :           Domingo: 22-11-15­, 11:00 horas
Árbitro             :           Sr. Juan.
Os veteranos malpicáns, teñen un duro enfrontamento fronte ao "líder" este vindeiro domingo. Os "carrozas" , baixo a batuta de José Ml. Dourado, darán un gran paso ao frente se logran batir aos "bujinos" posto que conseguirán dúas cousas: continuar imbatidos e aproximarse a cabeza da táboa que ostentan os de Caión.         
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

miércoles, 18 de noviembre de 2015

Goleadores da 1ª Aut. "Costa" e da 2ª Aut. "Liga da Cista":

Continúa a marcha lanzada hacha o "pichichi" do cabanés David Blanco, enrolado las filas do SP. Zas, nesta xornada marcau 2 tantos e xa se escapa con 16 goles.

Na 1ª Auto. G. 2º, segue Basti na cabeza da táboa, ao ser unha xornada escasa en goles, ran só se marcaron 5 goles.

ASÍ ESTÁN AS TÁBOAS CLASIFICATORIAS LOGO DE 11 XORNADAS:





AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

martes, 17 de noviembre de 2015

Sorteo da "copa da costa" T. 15-16:

Esta tarde-noite celebrouse no Auditorio de Baio, o sorteo da "Copa da Costa" de afeccionados para a tempada 2015/16. Dos 34 equipos participantes, (retirouse o Lira CF) asitiron a reunión 16 representantes, presidiu a mesa por parte da FGF, o Vicepresidentes Segundo e o Vicesecretario Xeral.

Logo de pasar lista aos representantes dos equipos presentes, encargouse de sacar as papeletas a única fémina presente na sala, representante do SP. Zas.

A continuación publícase cadro dos emparellamentos, no que se fai constar que haberá unha eliminatoria previa o día 08-12-15, a partido único no campo do equipo de inferior categoría. O 27-12-15 serán os primeiros partidos de ida dos dezaseisavos de final, estes a dobre partido. 

A final será a partido único o 26-06-16. En principio, e, a falta de conformidade dos futuros finalistas, xa hai unha candidatura de campo para disputar a final: A "PEÑA DO OURO" de Mazaricos.

 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!


domingo, 15 de noviembre de 2015

Crónica do partido da SCD Malpica:



IV edición da 1ª Autonómica, Grupo II – (1ª volta) – 11ª Xornada:
Resultado:                   CORDEIRO CF   3–1  SCD MALPICA   
CORDEIRO CF : Diego; Taibo, (Anxo, 57), Damián, Chufe, Crego, Juanillo, Chiño, Manuel Ángel, (Gabriel, 70), Juanito, Padín, Mateo, (Roi, 60).             
SCD MALPICA:  Asier; Kike, Casais, Rubén, Ó. Moscoso; Carlos Mallo, (Víctor, 70), Eme, Adra, (Sergio,78), Charro, Javi Trigo, Juny.    
Árbitro:            Sr. Diego Otero Varela.-(1ª Aut.-Santiago). Ben en liñas xerais.
Asistentes:       Sres. Camino Roguez. e Iglesias Penela.-(2ª e 3ª Aut.-Santiago). Deficientes, sobre todo na sinalización dos foras de xogo.
Goleadores:     1-0, m. 4: pase central entre liñas de Manuel Ángel sobre Juanito, este plántase ante Asier e báteo de tiro raso. 2-0, m. 6: xogada por banda esquerda de Juanito, chega a liña de fondo, centra atrás, e Chiño, bate a Asier dende cerca. 2-1, m. 16: Juny, intercepta un pase na liña de medios, internase con velocidade e bate a Diego na súa saída de tiro raso a ras do poste esquerdo. 3-1, m. 47:        tras un centro bombeado sobre á área o “coiro” é rexeitado en curto pola defensa malpicán que lle cae aos pes de Chiño o cal atrapa un tiro que roza nun defensor e descoloca a Asier.
Ambiente e incidencias:  Moi preto de 200 seareiros nas bancadas. Tarde soleada con 21º. Gardouse un minuto de silencio polo atentado de París. Non houbo expulsados nin mancados de consideración.
Xogadas de perigo do Cordeiro CF: M. 2: primeira ocasión clara de gol obra de Juanito, o cal dende a liña de tres cuartos, vaise só cara Asier, pero o seu tiro cruzado sae lambendo o poste. M. 18: tiro a boca do xerro de Juanito que salva o defensa malpicán baixo paus. M. 65: gran parada de Asier a tiro de Chiño. M. 76: gran xogada individual de Juanito, xa dentro da área, quebra a tres contrarios e acaba cun tiro a media altura, lucíndose Asier nunha gran intervención. M. 82: un tiro de Padín, rexéitao con dificultades Asier, tras un boa parada, o “coiro” chégalle a Juanillo, na media lúa que lanza alto coa portería baleira. M. 86: tras un saque de curruncho a favor dos malpicáns, prodúcese un rápido contraataque local, o “coiro” recólleo o dianteiro centro Juanito, chega ante Asier e o porteiro malpicán logra desviar o tiro a saque de curruncho.
Xogadas de perigo da SCD Malpica:   M. 14: primeiro tiro a gol dos malpicáns obra de Juny, lixeiramente alto, cando se atopaba en boa posición. M. 56: a mellor xogada da tarde da SCD Malpica, foi un internada por banda esquerda obra de Charro, cun envío por enriba da defensa sobre Juny, este sen deixar caer o “coiro” empalma de volea que sae lambendo o traveseiro cando o gol xa se cantaba.  
Comentario:     Os futbolistas do Cordeiro CF, saíron dispostos a resolver o partido nos primeiros minutos logrando crear catro ocasións claras nos primeiros 18 minutos e conseguindo dous goles. A partir de aí, xogaron con comodidade ante unha sorprendida SCD Malpica, que, ademais de saír durmida, non conseguía aproximarse nunca con perigo a porta local. Melloraron algo os malpicáns a medida que avanzaba o partido, pero a falta de xente diante, permitía sempre xogar con soltura á defensa dos locais.  





 
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA