Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

jueves, 17 de diciembre de 2015

Axenda de partidos da SCD Malpica para esta fin de semana:



IV edición da 1ª Autonómica Grupo II –1ª volta - Xornada 16ª:

Campo             :           “Pedra Queimada”         (100 x 60, herba artificial - Malpica)                  
Equipos           :           SCD MALPICA   –  SD SOFÁN 
Data e hora      :           Domingo: 20-12-15, 16:00 horas.-  
Árbitro  :          Sr. Vázquez Penas, Rubén.-(1ª Aut.- A Coruña).
Asistentes        :           Sres. García Vázquez e García Novo.- (2ª Aut.-A Coruña).
Rende visita ao noso campo a SD Sofán, conxunto que conta cunha gran plantilla e que esta  a facer unha gran tempada.  O equipo sofanista,  situado actualmente no posto 5º da táboa, acredita 26 puntos, resultado de,  oito  partidos gañados, dous empatados e cinco perdidos, marcou 28 goles e tan só encaixou 18, un difícil e complicado rival para pechar a penúltima xornada da primeira volta. Destacan como goleadores nesta campaña, Raúl, 8 goles, Javi Doldán e Iván Rei con 4 e Luisito con 3.
Trala mínima derrota colleitada a pasada xornada no feudo do “líder” na que o sistema defensivo malpicán realizou un gran traballo. Os futbolistas de Chema Rivadulla prepáranse para  recibir a un rival, que nunca se lle dou ben campo de “Pedra Queimada”, incluso cando estaba loitando polos primeiros postos da táboa non conseguiu dobregar aos malpicáns, como referencia a nivel estatístico, podemos lembrar, que nas últimas 7 tempadas, os sofanistas tan só conseguiron sendos empates a un tanto nas tempadas 2009/10 e 2010/11, caendo na 2011/12 por 4-2. Non tiveron enfrontamento nas tempadas 2012/13 e 13/14, por estar en distinta categoría e na pasada déronse os resultados que abaixo se indican.
Así as cousas, o conxunto malpicán espera que continúe a racha de vos resultados na casa ante a SD Sofán, polo perigo que entrañaría a perda dos tres puntos de cara a táboa clasificatoria na que se quedarían descolgados, para elo, hai que mellorar no medio campo e dianteira con respecto ao partido de Vimianzo, os socios, afeccionados e simpatizantes da SCD Malpica así o esperan e desexan.

Os resultados da tempada 2014/15 entre estes dous equipos foron os seguintes:

16-11-14:          SD SOFÁN       1 – 0  SCD MALPICA   (Goles: 1-0, m. 83: Brais Barreiro).
22-03-15:          SCD MALPICA  2 – 0  SD SOFÁN      (Goles: 1-0, m. 86: Cololo. 2-0, m. 89: Cololo).
                                                                
                                                                     

XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – 1ª Volta – Xornada 14ª:

Campo             :           “Pedra Queimada”   (100 x 60, herba artificial – Malpica)
Equipos           :           MALPICA  -  SOFÁN        
Datas e hora    :           Domingo: 20-12-15, 11:00 horas.-
Árbitro             :           Sr. Castro.

martes, 15 de diciembre de 2015

Goleadores:



Tras varias xornadas ao fronte da táboa dos goleadores, David Blanco (Sp. Zas), cede o relevo na 15ª xornada de liga, ao futbolista  Álex Flores, (SD Castriz) na “liga da costa” 2ª Autonómica. Nesta categoría, tamén reaccionan; Yuyo, (Camariñas FC), Estefano (Mazaricos CF), Juni (SD S. Lourenzo) e Roberto Pladur (SCRD Esteirana). A disputa por levarse o “Pichichi” esta moi apertada, pois aínda non se pode descartar a Yanki (V. de Baño), Alberto Recarei (Ponteceso SD) e Adrián Makaay (SD. Fisterra).

            No que a 1ª Autonómica se refire, (Equipos da Costa) continúa comandando a táboa, Basti, (SD Soneira) seguido de Lucas (Corme CF), Vía Rápida, (SD Soneira) e Raúl, (SD Sofán).
       Así as cousas:
                       ASI QUEDA A TÁBOA CLASIFICACTORIA TRAS QUINCE XORNADAS:





AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 13 de diciembre de 2015

Crónicas dos partidos desta semana da SCD Malpica:



IV edición da 1ª Autonómica, Grupo II – (1ª volta) – 15ª Xornada:
Resultado:                   SD SONEIRA   2 – 0   SCD MALPICA   
SD SONEIRA:     Anxo; Figueroa, Brais Mouzo, Aarón, Maikel, Sandelo, (Nazo, 78), De la Sierra, Richi, (Darío, 72), Basti, (Óscar, 58), Javi, (Alberto, 90), Vía Rápida.
SCD MALPICA:  ; Asier; Dímaga, (Víctor, 51), Carlos Mallo, Kike, Ó. Moscoso, Casais, Eme, (Vitalie, 88),  Sergio, (M. Uruguai, 62),  Petís,  M. Mara, Charro.
Árbitro:            Sr. Iván Morlán García.-(1ª Aut.- A Coruña).  Tecnicamente tivo unha boa actuación. Os locais protestáronlle  a permisividade da suposta dureza malpicán e a expulsión de De la Sierra.
Asistentes:       Sres. Larrosa Pérez e Espiñeira Vara.-(2ª Aut.- A Coruña). Regulares.
Goleadores:     1-0, m. 33: na única indecisión dos defensores malpicáns, o escurridizo Basti, recibe un balón preto do círculo central que saíu rexeitado dunha liorta, foise por velocidade, encarou a Asier, e bateuno de tiro raso. 2-0, m. 88:  na mellor e única xogada local de toda a tarde entre Brais Mouzo e Vía Rápida por banda dereita, acaba cun centro deste último ao segundo pau onde entraba completamente só  Aarón, que non ten mais que empuxalo “coiro” as mallas da `portería de Asier.  
Ambiente e incidencias:          80 seareiros nas bancadas. Tarde nubrada ameazando chuvia, 14º de temperatura. Expulsado por dobre amarela, De la Sierra. Dímaga, defensa malpicán, tivo que ausentarse mancado non nocello no m. 51.                    
Xogadas de perigo do SD Soneira:     M. 3: gol anulado aos locais por carga dun dianteiro local a un defensor. M. 21: saque de curruncho de Vía Rápida, e testarazo de Basti lambendo o poste. M. 22: novo saque dende o curruncho e Richi volve a rematar coa testa, gran parada de Asier que envía ao traveseiro e posteriormente fora. M. 39: internada do lateral Figueroa por banda dereita ata a liña de fondo, o seu centro ao segundo pau, é rematado a porta baleira por Richi, Dímaga salva milagrosamente baixo paus. M. 41: xogada por banda esquerda de Basti, cun pase longo sobre Vía Rápida, o cal empalma un dereitazo ao que responde Asier cunha gran parada.
Xogadas de perigo da SCD Malpica:   Os dianteiros da SCD Malpica, non inquietaron ao porteiro local Anxo con perigo en todo partido, a pesar de que sacaron varios saques de curruncho sobre a portería, pero sempre foron resoltos pola defensa local sin agobios. Si houbo algunha aproximación por medio de Petís e Charro, pero tan pronto entraban na área sufrían inocentemente a perda do “coiro”.
Comentario:     O “líder” SD Soneira, resolveu comodamente a visita da SCD Malpica, pois, aínda que non realizou un gran partido, si foi sempre superior a un “inocente” equipo malpicán romo en ataque, e chegoulle ben marcar un gol en cada tempo para sacar os tres puntos que o manteñen no primeiro posto.
            Os malpicáns, cheos de baixas por lesión, esta tarde xogaron con moita intensidade en defensa e portería, pero de medio campo para adiante foron totalmente romos. Quizais a lesión de Dímaga, sentírono os malpicáns por falta de recambio efectivo no banco para o seu posto.





















XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano–(1ª Volta)- 11ª Xornada:
Resultado:                   D. CARBALLO     4 – 5   MALPICA
Aliñación do Malpica:  Juan; Luazas, A. Carballo, Alfredo, Alb. Coruña; J.L. Arcay, Marco, Chaves, Marcelino, Leo, Ban Ban. Tamén xogaron:  Luís Naya, Whasi, Chucho, Bugallo.
Árbitro:            Sr. Juan B.- Ben en liñas xerais. Quizais un pouco permisivo na sinalización do penalti favorable aos locais por mans involuntarias de Chaves.
Goleadores:     0-1, m.19: Alb. Carballo, ao recoller un rexeite en curto do porteiro a tiro de Marco. 1-1, m. 29: mal blocaxe do porteiro malpicán Juan, que aproveita Agustín, para empatar. 1-2, m. 44: Ban Ban, a pase de Chucho. 1-3, m. 54: un envío por enriba da defensa é aproveitado moi ben por Ban Ban, para bater ao porteiro local por alto. 2-3, m. 65: José Antonio, de certeiro remate tras un saque de curruncho. 2-4, m. 68: testarazo impecable de Alb. Carballo, tras un saque de currucho. 3-4, m. 83: Chaves, corta un centro dun rival cos brazos pegados ao corpo, o Sr. Juan B., non o entende así e sinala penalti, transformado por Agustín. 4-4, m. 84: nada mais sacar de centro, Alb. Carballo, intenta saír en xogada individual, Agustín, róuballe a carteira, encara a Juan, e logra o empate. 4-5, m. 89: potente disparo de Alfredo, dende 35 metros, que se cola na portería ante a desesperación de porteiro e futbolistas locais.
Incidencias:     Mañá soleada no “Anexo as Eiroas” non houbo mancados nin expulsados.      
Comentario:     Disputado partido esta mañá en Carballo entre dous equipos plenos de deportividade, pero que, debido ao avultado do tanteo e as alternativas no marcador estivo emocionante ata o final.
            Os malpicáns, levaron sempre a alternativa e desperdiciaron multitude de ocasións, pero os carballeses, souberon aproveitar moi ben algúns despistes rivais e tiveron a punto de empatar o partido, tras ir con clara desvantaxe no marcador.           
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!