Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

viernes, 8 de abril de 2016

Axenda de partidos da SCD Malpica para a fin de semana:



IV edición da 1ª Autonómica Grupo II –2ª volta - Xornada 30ª:

Campo            :           “Pedra Queimada”         (100 x 60, herba artificial, Malpica)                    
Equipos           :           SCD MALPICA    –    TORDOIA CF
Data e hora     :           Domingo: 10-04-16, 17:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Denis Añón Salgueiro.-(1ª Aut.-A Coruña).
Asistentes        :           Sres. Juncal García e Lobón Martínez.- (Aux.fútbol base..-A Coruña).
            Xa con todo practicamente decidido coa perda de categoría, á SCD Malpica, recibe o vindeiro domingo ao Tordoia CF, equipo que na primeira volta goleou escandalosamente a uns malpicáns de festa o día anterior.
            O Tordoia CF, que visita por primeira vez o campo malpicán, estaba 5 puntos por debaixo da SCD Malpica na xornada 13ª (15 – 10), agora, figura no posto 8º da táboa con 44 puntos nas 29 xornadas disputadas; gañou 12 partidos, empatou 8 e perdeu 9; leva conseguido 47 goles e encaixado 40. Os máximos realizadores do equipo, son: Denis, con 13 goles, Iván con 10, Veiga con 6 e Andrade con 4.
            Teñen os futbolistas do pobo malpicán a ocasión de “vingarse” (deportivamente falando), daquela fatídica derrota, e, aínda que non se lle superen os nove goles, polo menos resarcirse honestamente con unha vitoria, sacando a garra e o amor propio que os rapaces malpicáns supostamente levan dentro, tamén axudaría a romper a mala racha que se leva en toda a segunda volta, pois aínda non se gañou un partido.
Resultado da Primeira Volta:
29-11-15:  TORDOIA CF  9–0  SCD MALPICA   (Goles: Veiga, 4. Maki, 3 e Denis, 2).
            Estes foron os protagonistas  do fatídico partido para os visitantes da primeira volta no campo de “Gorgullos”.












XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – 2ª Volta – Xornada 27ª:

Campo            :           “Pedra Queimada”   (100 x 60, herba artificial - Malpica)
Equipos           :           CORCOESTO   -   MALPICA
Datas e hora    :           Domingo: 10-04-16, 11:00 horas.-
Árbitro             :           Sr. Isidro.-
                        Nota: Este partido que, correspondía disputalo no campo “As Bouzas” de Corcoesto, celebrase na en Malpica a petición do Corcoesto, por ter o seu impracticable despois das augas caídas a semana anterior.
Resultado da 1ª volta:
MALPICA   1 – 6   CORCOESTO

             AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

martes, 5 de abril de 2016

Goleadores, 1ª Aut. G. II e "liga da costa":



Aínda que o soneirán Basti, non para de marcar xornada tras xornada, achégaselle agora un competidor, trátase do sofanista Raúl Díaz, que cos dous goles logrados na pasada xornada, ven de desbancar ao cormelán Lucas da segunda praza, aínda que as distancias de ambos sobre o primeiro clasificado da táboa, son case insalvables a falta de cinco xornadas; isto na 1ª Autonómica G. II dos equipos “costeiros”.
       Na 2ª Autonómica G. III, “liga da costa”, aparécelle  un serio candidato ao sportinguista David Blanco, trátase de Adrián Makaay (SD Fisterra), futbolista que veu de menos a mais e que se atopa en moi boa racha goleadora. O xallense da SD Castriz, Álex Flores, que estivo pugnando durante toda a tempada con David, parece agora quedarse algo estancado dende que o seu clube perdeu todas esperanzas de achegarse aos dous primeiros postos da clasificación.
       De todos os xeitos, e, a falta de cinco xornadas, as diferenzas son escasas e calquera dos tres pode dar o estirón. O que si é xa seguro, que esta tempada vanse a bater records de goles con respecto a tempada pasada, xa que os tres primeiros, Piti, Javi Suárez e Yuyo, conseguiron: 34, 27 e 25 goles respectivamente.

           Así as cousas, véxanse as táboas da clasificación que se reflexan a continuación modificadas despois da 29ª xornada:

AGORA E SEMPRE CA SCD MALPICA!

domingo, 3 de abril de 2016

Crónicas dos partidos da SCD Malpica desta fin de semana:



IV edición da 1ª Autonómica, Grupo II – (2ª volta) – 29ª Xornada:
Resultado:                   BERTAMIRÁNS CF “B”    2–1   SCD MALPICA   
BERTAMIRÁNS CF “B”: Pablo; Alvite, © Cohen, Aitor, Saúl, Meixide, (Mateo, 60), Rouco, Carlos, (Jimmy, 46), Jaime, (Dani Maceiras, 64), Goncho,(Capi, 31), Seoane.
SCD MALPICA: Ángel; Dímaga, Alejandro Marquez, Casais, Roi Carril, Carlos Mallo, (Víctor, 64), Eme, Petís, Jaco, Martín Mara, Migueliño.              
Árbitro:            Sr. Rubén Rodríguez Vaamonde.-(1ª Aut.-Santiago). Tirando a caseiro.
Asistentes:       Sres. Vidal Balsa e García Paniagua.-(2ª Aut.-Santiago). Discretos.
Goleadores:     1-0, m. 49: saque de curruncho executado por Jaime, pugnan no salto Alejandro Marquez e Capi, caendo o “coiro” a chumbo entre ambos con tan mala fortuna que ao botar sobre o campo toca na man do defensa malpicán, sen ningún perigo na xogada, todos os futbolistas locais a unísono exclaman man, o árbitro ao escoitalos sinala o punto fatídico, lanzado por Capi, adianta ao Bertamiráns no marcador. 2-0, m. 60: falta do equipo malpicán no medio do campo dous metros fora do círculo central, a falta ao ser tan lonxana, non se estima conveniente por parte visitante formar barreira, o central Aitor, execútaa cun tiro colocado a escuadra dereita de Ángel, o cal, quizais, cegado polo sol, non aprecia como se incrusta na súa portería. 2-1, m. 88: falta lateral botada por Jaco ao punto de penalti, Roi Carril, estra lanzado ao remate e, de potente tiro clava o “coiro” na rede.
Ambiente e incidencias:          Medio cento de seareiros nas bancadas, nunha tarde desapacible con chuvia e a veces sol. 10º de temperatura. Non houbo mancados nin expulsados.      
Xogadas de perigo do Bertamiráns CF “B”: saque de banda sobre Cohen, o cal moi escorado a esquerda de Ángel, logra tirar, salvando moi ben o porteiro malpicán tapando o oco. M. 48: falta lanzada por Aitor sobre Capi, e remate deste a media volta parando Ángel. M. 51: contraataque local con centro sobre o moreno Jimmy, o remate deste vaise lambendo o traveseiro. M. 90+3: Ángel, lócese cunha dobre parada a tiros de Capi e Mateo.
Xogadas de perigo da SCD Malpica: M. 14: Petís, controla o “coiro” dentro da área sendo derrubado por Cohen, o árbitro non aprecia nada punible. M. 23: saque de falta por medio de Jaco, o testarazo de Roi Carril, deteno con apuros o porteiro local Pablo. M. 38: gran xogada individual de Jaco, cede na media lúa a Eme que abre sobre Carlos Mallo, desmarcado no vértice da área grande, o malpicán empalma coa súa zurda pero “coiro” sae lambendo a escuadra. M. 72: falta na media lúa que amaga Jaco e empalma Eme, o “coiro” roza na testa dun defensor desviando o xusto por enriba da escuadra de Pablo.
Comentario:     Hoxe xogábase a SCD Malpica            as escasas esperanzas que, tanto a directiva como os propios futbolistas, consideraban claves para manter a categoría, xa que, o Bertamiráns “B” CF, é o equipo que vai de cuarto por abaixo e, había ilusión por vencelo e recortarlle  distancia. Non puido ser, pois dúas xogadas puntuais, (un penalti sinalado nunha xogada sen perigo e un gol de falta dende longa distancia), acabaron coas leves pero desexosas esperanzas dun equipo malpicáns falto de efectivos por sanción (cinco) e doutros que podendo acudir non o fixeron.
Os que xogaron dérono todo ata o punto de embotellar na súa área os últimos quince minutos ao equipo local.
                                                                              



















XIII XIIEdición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano–(2ª Volta)- 26ª Xornada:
Resultado:                     MALPICA    2 – 4   D. CARBALLO    
Aliñación do Malpica:  Bugallo; Luazas, Alb. Carballo, Chucho, Alfredo; J.L. Arcay, Mútiu, Marco, Wasi; Ban Ban, Leo. Tamén xogaron: Luís Naya, Abel, Alb. Coruña.
Árbitro:            Sr. Castro.- Estivo ben.
Goleadores:     0-1, m. 5: Antelo, de remate dende a media lúa. 0-2, m. 37: nun balón claro con toda vantaxe para facerse con el, o porteiro e un defensa locais, fanse un lio e rexeitan ao unísono defectuosamente, o “coiro” tropeza en Antonio Rei, o cal non ten mais ca empurralo ao fondo da baleira portería. 1-2, m. 67: acurta distancias Leo, en xogada persoal. 1-3, m. 80: Antelo, recolle un centro dende a banda dereita, tres defensores locais non acertan a rexeitar o que aproveita o dianteiro carballés para bater a Bugallo. 1-4, m. 84: o escurridizo extremo visitante Torres, recibe un pase en profundidade, márchase do seu marcador por velocidade plántase ante Bugallo e báteo de tiro raso. 2-4, m. 85: pase entre liñas sobre o desmarque de J.L. Arcay, que resolve moi ben ante a saída do porteiro visitante.
Comentario:     Xusta derrota dos veteranos malpicáns na casa ante un débil pero efectivo D. Carballo, que se aproveitou dos erros defensivos dos locais.
Os carballeses, que xogaron a favor do forte vento na primeira parte, materializaron a vitoria con dous goles en cada tempo, non o fixeron así os malpicáns que, a pesar de ter o vento a favor na segunda parte, dedicáronse mais a entrarlle ao saco as continuas protestas deles, que aproveitar a forza do vento para acadalo triunfo.
           
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!