Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

jueves, 5 de noviembre de 2015

Partidos da SCD Malpica para esta fin de semana:



IV edición da 1ª Autonómica Grupo II –1ª volta - Xornada 10ª:
Campo             :           “Pedra Queimada”         (100 x 60, herba artificial, Malpica)                   
Equipos           :           SCD MALPICA    VAL DO ULLA UD
Data e hora      :           Domingo: 08-11-15, 16:15 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Denis Añón Salgüeiro.-(1ª Aut.-A Coruña).
Asistentes        :           Sres. Seoane Sánchez e Neira Rei.- (2ª Aut.- A Coruña).
            Visita o noso campo por primeira vez o recente ascendido Val do Ulla UD, o cal quedou campión do Grupo 6º da 2ª Autonómica.
            O clube Val do Ulla UD figura no 4º posto da táboa con 20 puntos. Gañou 6 partidos, empatou 2 e perdeu 1, acredita 14 goles a favor e 12 en contra. O seus máximos realizadores actuais son: Peiteado con 4 goles e Jacobo con 3.
            A SCD Malpica, que leva cinco partidos sen puntuar, ten a imperiosa necesidade de gañar, para non quedar descolgado na táboa, empresa nada fácil debido ao excelente momento que esta atravesando o rival, non obstante, o futbolistas de Chema Rivadulla, que recupera varios homes para este partido, prometen deixarse a pel sobre o campo para lograr a vitoria, comezar a escalada e darlle unha satisfacción aos seus socios e afeccionados.          
Enfrontamentos da SCD Malpica co Val do Ulla SD :
Non existen antecedentes de que o conxunto do Val do Ulla UD, visitase con este nome o campo de “Pedra Queimada”, só existen de que visitou o campo malpicán un equipo denominado ULLA SD, na tempada 1982 / 83, na categoría de Primeira Rexional, como así se chamaba daquela esta categoría, os resultados acadados entre ambos e as datas dos partidos foron as seguintes:
31-10-82           ULLA SD  2 - 0  SCD MALPICA
13-03-83           SCD MALPICA 2 - 0  ULLA SD      (Goles: Puskas 1º e  Esmorís)

XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – 1ª Volta – Xornada 8ª:
Campo             :           “Pedra Queimada”   (100 x 60, Malpica - herba artificial)
Equipos           :           MALPICA    -   BUÑO
Datas e horas   :           Domingo: 08-11-15­, 11:00 horas
Árbitro             :           Sr. IVÁN.
           
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

martes, 3 de noviembre de 2015

Goleadores da 1ª Aut. e 2ª Aut.,Liga da Costa:



Trala novena xornada ligueira continúa a loita polo “Pichichi” das categorías 1ª Autonómica G.2º e Grupo 3º “Liga da Costa”.

            Polo momento, tanto Basti (SD Soneira) coma David Blanco (SP. Zas), seguen liderando as clasificacións destacándose sobre os seus perseguidores que son, Alejo (Corme CF), que desgraciadamente volve a estar mancado, e, o seu compañeiro de equipo Vía Rápida. Polo que respecta aos rivais do zasense, achéganse pouco a pouco, Roberto Pladur (SCRD Esteirana) e Alberto Recarey, (Ponteceso SD).

            De todos os xeitos os actuais líderes, non poden relaxarse, posto que cada xornada a clasificación varía constantemente.

NESTES INTRES A TÁBOA DOS GOLEADORES MARCHA COMO A CONTINUACIÓN SE DETALLA:



AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 1 de noviembre de 2015

Crónicas dos partidos da SCD Malpica desta semana:



IV edición da 1ª Autonómica, Grupo II – (1ª volta) – 9ª Xornada:
Resultado:                   FLAVIA SD    3–0  SCD MALPICA   
FLAVIA SD:         Chile; Lombrija, Esparís, Salva, Triñanes, Franqueiro, (C) Álex, (Damián 68), Zoco, (Tito, 46), Rego, (Kevin, 70), Chispa, (Lula, 46), Brais.
SCD MALPICA:  Víctor; Juny, (Sergio,70), Casais, Ó. Moscoso; Martín Uru, Carlos Mallo, Rubén,  Petís, M. Mara, Dímaga, Almeida, (Ángel 85).  
Árbitro:                 Sr. Rosende Porto, David.-(1ª Aut.-Santiago). Moi protestado por futbolistas e banco local. Os malpicáns tamén lle protestaron levemente un agarrón sobre Almeida dentro da área (m. 33). En liñas xerais estivo ben.
Asistentes:       Sres. Queija Pérez e Alauí Soulimani.-(2ª Aut.-Santiago). Correctos.
Goleadores:     1-0, m. 53: Lula, róuballe o “coiro” no vértice da área grande por exceso de regates aos malpicáns, penetra na área encara a Víctor, pero salva ao porteiro cun medido pase atrás, Álex, que chega seguindo a xogada marca a porta baleira. 2-0, m. 61: noutra perda de balón, outra vez por exceso de regates, Franqueira manda en profundidade sobre o incisivo Lula, gáñalle a espalda aos defensas e bate a Víctor cun tiro raso cando o porteiro saía a desesperada. 3-0, m. 67, xogada calcada á anterior, pero esta vez Lula, recibe por alto, ante a saída de Víctor, manda de vaselina entran o “coiro” lentamente na portería.                         
Ambiente e incidencias:          Escasa concorrencia de seareiros nas bancadas, tan só 65, a pesares de celebrarse en Padrón a famosa feira de Santos. Moi pouca afección para unha Vila tan importante. Non houbo expulsados. Tiveron que retirarse mancados, o local Chispa e o visitante Almeida.
Xogadas de perigo do Flavia SD:        Tan só unha ocasión de gol contabilizamos dos compoñentes do Flavia, ademais dos tres goles, ocorreu no min. 57, tras internada de Brais cun centro sobre á área, que  Lula, rematou claramente, realizando unha gran parada Víctor.          
Xogadas de perigo da SCD Malpica:   M. 10: saque de falta directa ao borde da área que Óscar Moscoso, de forte tiro raso salvando a barreira, manda a cepa do poste saíndo o “coiro” fortemente rexeitado. M. 33: na única xogada combinada da primeira parte da dianteira malpicán, Almeida recibe entre liñas no punto de penalti, e, cando encara a Chile, é levemente agarrado polo defensa Salva, o futbolista, nada mais sentir o contacto, en lugar de rematar a gol, déixase caer aparatosamente, o árbitro non sinala nada ante a aparosidade da caída. M. 47: na única xogada combinada da SCD Malpica na segunda parte, saque de banda de M. Uru, sobre Rubén, este envía por banda dereita sobre Petís, o cal chega a liña de fondo e centra ao segundo pau, onde se atopa só desmarcado, Carlos Mallo, e, cando se cantaba o gol, manda o “coiro” as nubes.
Comentario:     A SCD Malpica, cargado de baixas, realizou unha primeira parte impecable, no municipal do “Souto”, calcado a 1ª parte que disputou ante o CD Unión, maniatando aos dianteiro locais sen deixarlles respirar conseguindo que non tiraran nin unha soa vez a gol. Na segunda parte, igual ca sucedera en Rianxo, os malpicáns comezaron a exhibir un fútbol individualista con perdas de balón continuadas que permitiron aos centrocampistas locais enviar balóns ao dianteiro Lula, o revulsivo do adestrador local na segunda parte, e este, acabou por desarborar continuamente a zaga malpicán.


























XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano–(1ª Volta)- 7ª Xornada:
Resultado:                   VIMIANZO  1–3  MALPICA  
Aliñación do Malpica:  Bugallo; Luazas, A. Carballo, Chucho, Luís Naya; J.L.Arcay, A. Barizo, Mútiu,Wahsi Marcelino, Ban Ban. Tamén xogaron: Leo, Abel.
Árbitro:            Sr. Goyeneche. Moi tarxetero.-
Goleadores:     1-0, m. 5: Indecisión entre Chucho e Bugallo, que aproveita moi ben o local Rubén a porta baleira. 1-1, m. 26: pase en profundidade de Mútiu sobre Ban Ban, que este resolve acertadamente ante o porteiro local. 1-2, m. 87: penalti sobre Mútiu que este mesmo transforma. 1-3, m. 90+2: Voleón de Leo sobre a portería que traga o porteiro local.       
Incidencias: Mañá agradable para a práctica do fútbol, con 20ª de temperatura            . Non houbo mancados nin expulsados.                
Comentario:     Primeira parte nivelada e mellor acerto no remate dos malpicáns que lle proporcionaron a vitoria.       
 
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!