Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

jueves, 10 de septiembre de 2015

Previa xornada 2ª OutesCF-SCD Malpica.



IV edición da 1ª Autonómica Grupo II –1ª volta - Xornada 2ª:

Campo             :           “O CONCHIDO” (100,05 x 63,10, Outes)            
Equipos           :           OUTES CF – SCD MALPICA  
Data e hora      :           Domingo: 13-09-15, 17:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Piñeiro Lugo.-(1ª Aut.-Santiago).
Asistentes        :           Sres. Silva Mella e Ramos Trigo.- (2ª Aut.-Santiago).
            Trala mínima vitoria conseguida fronte ao debutante SD Carcacía, que lle outorgou a SCD Malpica os tres primeiros puntos desta tempada; toca de novo enfrontarse a outro debutante na categoría, o Outes CF, equipo perigosísimo, cun gran adestrador e un plantel de futbolistas da calidade coma así o veñen demostrando ao longo destas tres últimas campañas (2012/13 a 2014/15), nas que pelexaron sempre nos postos de cabeza para ascender.
            O Outes CF, fundado na tempada 1972/73, leva competindo na “Costa” un total de 34 tempadas, coa actual, distribuídas en 23 na 2ª categoría, 5 na 3ª e 7 na 1ª, contando a actual. Na Primeira Rexional, como se chamaba daquela, estivo nas tempadas 1985/86 á 1990/91.
            Pero este brillante historial do equipo de Outes, non asusta para nada aos futbolistas malpicáns, que, aínda que recoñecen a calidade do seu opoñente, confían plenamente en sacar un bo resultado no campo do “Conchido”, pois están coa moral moi alta logo de comezar a liga gañando.




ASIER, sobresaínte porteiro da SCD Malpica, con el ante o Outes,  os malpicáns poden puntuar. 


AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

martes, 8 de septiembre de 2015

Goleadores 1ª Aut.G.2º e "liga da costa":

Tras a disputa da primeira xornada de liga da tempada 2015/16, a táboa dos goleadores queda do modo que se expresa a continuación:AGOA E SEMPRE COA SCD MALPICA!


domingo, 6 de septiembre de 2015

Crónica do partido da SCD Malpica:



IV edición da 1ª Autonómica, Grupo II – (1ª volta) – 1ª Xornada:
Resultado:       SCD MALPICA   1 – 0   SD CARCACÍA
SCD MALPICA:  Asier; Dímaga, Javi Trigo, Rubén, Martín Uru, Eloy Vilas, Eme, Adrián Rey, (Casais, 59), Martín Mara, Charro, (Carlos Mallo, 90+5), Juny, (Vitalie, 46), (Petís, 85).         
SD CARCACÍA: Hipólito; Grela, Toño, Barreiro, Pablo Tourís, Juan, (Guille, 80), Alberto, Teiga, (Esperón, 67), Iván, Pablo Lorenzo, Jorge, (Carlos, 61).     
Árbitro:                 Sr. Fuentes Seoane.-(1ª Aut.-A Coruña). Boa actuación, nun partido con moita tensión, prolongou 7 min. o partido.
Asistentes:       Sres. Boedo Varela e Pérez Álvarez.-(3ª e 2ª Aut..-A Coruña). Correctos.
Goleadores:     1-0, 15”, nada mais sacar de centro hai un balón bombeado sobre a media lúa da área visitante, pugnan de cabeza Pablo Tourís e M. Mara, este toca suavemente o “coiro” cara a onde se atopa CHARRO, o cal sen deixalo caer, empalma un zurdazo cruzado que bate a Hipólito a pesar da súa estirada.
Ambiente e incidencias:          Uns 140 seareiros nas bancadas, en tarde soleada con lixeiro vento do N.E. e 23º de temperatura. Gardouse un min. de silencio polo tráxico accidente do Rali de Carral. Debutaron nas ringleiras da SCD Malpica, Asier, Javi Trigo, Adrián Rey e o futbolista de nacionalidade Moldava, Vitalie. Non houbo mancados de consideración nin expulsados.                
Xogadas de perigo da SCD Malpica: M. 4: internada de Charro, por banda esquerda, o cal sen ángulo de tiro, opta por tirar en vez de centrar, salvando o porteiro cos pes. M. 12: xogada individual de M. Mara, con tiro colocado dende a media lúa que salva en gran parada Hipólito. M. 13: tiro a boca do xerro de Adrián Rey, rexeitando Hipólito nun alarde de reflexos. M. 54: A mais clara e única ocasión malpicán na segunda parte en falta executada por Eme, que Hipólito envía a saque de curruncho
Xogadas de perigo da SD Carcacía:    M. 22: gran xogada por banda esquerda de Jorge, cun centro ao 2º pau que remata de cabeza Iván, rexeita con apuros Asier, recolle Alberto a boca do xerro e volve a rexeitar o porteiro malpicán nunha gran parada. M. 28: Jorge, desmarcado acerta cun zurdazo ao borde da área que sae lambendo o poste dereito de Asier. M. 46: oportuno cruce do defensor local Rubén, evitando o remate a pracer de Alberto. M. 65: saque de curruncho de Juan, con testarazo de Pablo Tourís, alto por moi pouco. M. 81: novo saque de curruncho, desta vez botado por Pablo Lorenzo, e de novo  o central Pablo Tourís, remata de cabeza só ante Asier, este milagrosamente logra atallar o “coiro”. M. 90+4: falta bombeada sobre á área local, a defensa local queda parada e, Alberto, remata cruzado ante Asier, enviando o “coiro” a ras do poste esquerdo.
Comentario:     Un gol de Charro aos 15 segundos do partido, provocou unha sufrida vitoria da SCD Malpica, ante unha SCD Carcacía, debutante na categoría.
            Os malpicáns que puideron resolver nos primeiros 25 minutos, víronse dominados na segunda parte ante un correoso equipo visitante que vendeu moi cara a súa derrota, os seus erros en ataque e, a voa actuación do porteiro local Asier, evitaron un resultado negativo do conxunto local.




 
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

jueves, 3 de septiembre de 2015



IV edición da 1ª Autonómica Grupo II –1ª volta - Xornada 1ª:
Campo             :           “Pedra Queimada”         (100 x 60, Malpica)                  
Equipos           :           SCD MALPICA   –   SD CARCACÍA
Data e hora      :           Domingo: 06-09-15, 17:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Fuentes Seoane.-(1ª Aut.-A Coruña).
Asistentes        :           Sres. Boedo Varela e Pérez Álvarez.- (2ª Aut.-A Coruña).
Ábrese o telón da tempada 2015/16, e ábrese, coa disputa no campo malpicán da 1ª xornada, no que se recibe a un debutante na categoría, á SD Carcacía, clube pertencente a unha parroquia do concello de Padrón.
            Carcacía, parroquia de tan só uns 800 habitantes, dos cales 445 son mulleres e 355 homes, ascendeu esta tempada, ao quedar 1º clasificado do seu grupo con 79 puntos. Conta cun campo chamado “Mirarríos” e será un rival moi difícil de bater.
            Por parte da SCD Malpica, que se presenta esta tempada cunha plantilla totalmente renovada (tan só quedan da tempada anterior: Ángel, Petís, Martín Mara e os xuvenís, Sergio e Jorge), destacando á aposta da nova xunta directiva pola maioría de futbolistas da localidade que retornan doutros equipos onde estaban espallados, especialmente do SP.  Seaia e do Buño SCD.
            Así as cousas, é unha incógnita o rendemento do equipo, pois a maioría nunca competiu na 1ª Autonómica
aínda que si, teñen moita experiencia na segunda categoría e son moi combativos, ademais están desexosos de  compracer aos seus seguidores e estes, esperan tamén que non lles defrauden en que consigan comezar a liga cunha vitoria e amarrar os tres puntos.

PLANTILLA ACTUAL DA SCD MALPICA AO INICIO DA LIGA:
Porteiros:        Asier, Víctor, Ángel.
Defensas:       Casais, Rubén, Carlos Mallo, Alberto, Dímaga, Javi Trigo, Jorge, (xuvenil)
Medios    :       Martín Uru, Eloy Vilas, Eme, Adra,
Dianteiros:      Juny, Charro, Martín Mara, Adrián Trigo, Petís, Almeida, Sergio, (xuvenil).





 Sergio, (xuvenil), gran promesa goleadora da SCD Malpica.-

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

miércoles, 2 de septiembre de 2015

Actualidade da SCD Malpica:



! A T A   P R O N T O    I S M A E L ! :

            ISMAEL CALVO DOMÍNGUEZ, (ISMAEL), nado en Cerqueda-Malpica, 10-12-90, exemplar futbolista, calado, educado, GRANDE ICONO, da SCD Malpica durante mais de ONCE TEMPADAS, deixa o equipo malpicán. M O T I V O S ?      
           
            ISMAEL, que comezou a súa andaina na SCD Malpica á idade de 12 anos, no campo de “Pedra Queimada”, onde gozou practicando o seu deporte favorito, o fútbol, na compaña de moitos adestradores e futbolistas: ONCE TEMPADAS, ou quizais algunhas mais como alevín encadrado na competición de infantís (por non ter a idade), 2003/04 a 2014/15, (so fallou na tempada 11/12, enrolado no Buño SCD).

            Pero cales foron os motivos para que o GRANDE ICONO MALPICÁN futbolisticamente falando deixe o clube?. O económico?. A falta de confianza na nova directiva?. Algúns dos novos compañeiros malpicáns que retornan ao equipo?. UNHA INCONITA? Que tan só el podería sacarnos da dúbida.

            Sexa o que sexa, ISMAEL, gran persoa váisenos, despois de tantas tempadas con nosco, pero nos non lle dicimos ADEUS, senón ata PRONTO, por que creemos de todo corazón que ISMAEL, aló por onde xogue, sen deixar de defender as cores que represente, acordarase da súa primeira casa futbolística, os vestiarios do campo de “Pedra Queimada” e, o retorno será próximo e esperarémolo cos brazos abertos sen ningún tipo de rancor coma o fillo pródigo dos Evanxelios.
! BOA SORTE ISMAEL !



Ismael, tamén fixo na SCD Malpica, de GRAN CAPITÁN.





        AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!