Antepenultima xornada da "liga da costa"; á SCD Malpica, correspóndelle recibir na "Pedra Queimada" a un potente Muxía CF, equipo, que estivo durante ben entrada a segunda volta, como equipo menos goleado de Galicia, pero que nestas últimas xornadas foi decrecendo, seguramente por que, xa fixo os deberes que se propuxo ao inicio da tempada.
O Muxía CF, leva participando na "Costa", 41 tempadas, das qué dúas foron na 1ª Autonómica, vinte e unha na Segunda e dezaoito na Terceira.
Foi alta na T. 1964/65 competindo até á 1970/71, na que causou baixa temporal.
Causou alta de novo na T. 1982/83 até 1996/97, na que volveu a causar baixa.
E, finalmente, causou alta na T. 2000/01 na que continúa...
Acredita catro títulos de liga: dous na Segunda Autonómica e dous na Terceira Autonómica.
Na actualidade figura no 5º posto da táboa con 45 puntos, froito de, 13 partidos gañados, seis empatados e oito perdidos, ten 48 goles a favor e 22 en contra.
Difícil rival para os futbolistas da SCD Malpica que comanda Adrián Bardanca "Gurita", pero estes son conscientes do que se xogan, nada mais a nada menos, que, asegurar definitivamente e matematicamente a permanencia na "liga da costa", por posible arrastres.
Por outra banda á Asociación de Veteranos da SCD Malpica, dispútalle ao CSD Sofán, o primeiro partido da promoción de ascenso á División de Honra, despois dunha gran campaña efectuada polos homes de José M. Douirado e Washi Calvo.
A continuación publícanse os campos, horarios e árbitros destes partidos:
2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 28ª:
Campo : “Pedra Queimada”
(Malpica, 100 x 60, herba artificial)
Equipos : SCD MALPICA – MUXÍA CF
Data e
hora : Domingo: 14-04-19, 17:30 horas.-
Árbitro : Sr. Bruno Méndez Castro, (3ª División, Colexio da Coruña)
Promoción
de ascenso á División de Honra de Veteranos:
Campo :
“Pedra Queimada” (Malpica, 100 x 60, herba artificial)
Equipos : AV SCD MALPICA - CSD
SOFÁN
Data e
hora : Domingo:
14-04-19, 10:30 horas.-
Árbitro : Sr. Óscar Rei Sánchez (Colexio da Coruña)