O sábado día 23-06-18, á SCD Malpica, celebrou, no sala de actos que posúe o clube no campo de fútbol da "Pedra Queimada", á asemblea anual ordinaria de socios.
Asistiron a mesma, 12 socios (de 256 con que conta o clube) e 5 directivos, encabezados polo Presidente, Manuel Suárez Cotelo e o Secretario, Fernado Couto García.
A orde do día foi o seguinte:
a) Estado de ingresos e gastos da tempada 2017/18.
b) Dimisión da xunta directiva.
c) Posibles candidatúras a Presidencia e xunta directiva.
d) Rogos e preguntas.
En relación ao apartado a), o Presidente deu lectura aos ingresos e gastos da tempada finalizada, que ascenderon ás cantidades seguintes:
Ingresos: 31.227,00 euros
Gastos: 34.865,30 Euros.
Quedando un déficit ao final da tempada, de : 3.638,30 euros, que, segundo expuxo o Presidente, corresponde a unha factura pendente, do autobús de desprazamentos dos equipos de Cadetes e Afeccionados.
Non obstante, esta pretende amortizarse, coa recadación dos CD'S (Himno do Malpica) que restan por vender e que o concello se fai cargo nesta semana entrante dun cento deles.
No apartado b), os membros da xunta directiva, presentaron a súa dimisión.
No apartado c), presentación de candidaturas. Hai un grupo de persoas que pretenden facerse cargo da SCD Malpica, pero como faltaban algúns dos interesados que non puideron asistir á asemblea, posponse esta, até o vindeiro sábado día 30 de Xuño ás 20:30 horas, para decidir a presentación en firme dos candidatos.
En rogos e preguntas, como en casi todas ás reunións, houbo algunha que outra acción acalourada, sobre todo no tema das contas pero non se chegou a maiores.
Ás 22:00 horas, deuse por finazlizada a asemblea.
Resultados da promoción de ascenso a 1ª Autonómica. e que lle da o ascenso directo ao Esclavitude SD.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!