Comeza a xornada desta fin desemana por parte dos equipos da SCD Malpica, os cadetes de Esmoris, desprazándose o sábado a Cee.
A continuación o domingo o equipo afeccionado de "Repi", se despraza á Serra de Outes onde se enfrontará ao Outes CF, conxunto que marcha na actualidade de "faroliño vermello". Teñen unha boa oportunidade os malpicáns de conseguir puntuar, o que serían tres xornadas sen perder e poría terra de por medio dos postos baixos da táboa.
En canto aos veteranos do Malpica, disputan na "Pedra Queimada" o seu partido aprazado fronte ao Corme.
Éstes son os campos, horarios e árbitros dos partidos:
2ª Autonómica Grupo II –2ª volta – Xornada 18ª:
Campo : “O Conchido” (Outes,
100 x 63, herba artificial)
Equipos : OUTES CF – SCD
MALPICA
Data e
hora : Domingo: 28-01-18, 17:00 horas.-
Árbitro : Sta. Mª Ánxeles Suárez Santos , (Colexio Santiago)
1ª Autonómica Cadete Grupo II – 2ª volta – Xornada 14ª:
Campo : “San Paio de Refoxos” (Cee,
104 x 68, herba artificial)
Equipos : UC
CEE –
SCD MALPICA
Data e
hora : Sábado:
27-01-18, 16:30 horas
Árbitro : Sr.José Ageitos Pasantes , (Colexio da Costa da Morte)
XV Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – Xornada 18ª:
Campo : “Pedra Queimada” (Malpica,
100 x 60, herba artificial)
Equipos : MALPICA - CORME
Datas e
hora : Domingo: 28-01-18, 10:30 horas.-
Árbitro : Sr. Juan.-