Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

sábado, 20 de enero de 2018

Axenda de partidos da SCD Malpica desta fin de semana:

    Este domingo, á SCD Malpica recibe en campo propio ao Corme CF, esquipo este que comezou a liga titubeante, pero, a medida que foi avanzando a competición foi subindo peldaños ata chegar á terceira posición logo de 16 xornadas disputadas, nelo tamén infuíu a incorporación do seu goleador Alejo, o cal, en só cinco xornadas xa conseguiu a friolera cifra de dez goles (a 2 por partido). O conxunto cormelán nas dúas últimas xornadas logrou 17 goles (9-2 ao Lira CF e 8-0 ao Buño SCD).
     Pero éstes resultados  escandalosos (mais dun partido de balonmán ca de fútbol), non amilanan ao equipo da SCD Malpica, pois os homes de "Repi", trala súa vitoria en Cee e coa incorporación de Juan Fuentes (central do Ordes) e a volta de Eloy Cabeza, tras un longo tempo mancado, esperan frear ao ultimamente poderoso Corme e continuar a marcha ascendente na táboa para dar tranquilidade aos seguidores malpicáns.
     
      Pola súa banda o equipo Cadete que adestra "Esmoris", recibe tamén en feudo propio, á SCRD Esteirana, equipo punteiro da competición.
       Os rapaces malpicáns, esperan conseguir un resultado positivo deixando atrás a mala imaxe causada a semana anterior en Coristanco.
        A continuación detállanse os horarios e árbitros dos enfrontamentos dos conxuntos da SCD Malpica:

 

2ª Autonómica Grupo II –2ª volta – Xornada 17ª:

Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)                  
Equipos           :           SCD MALPICA   CORME CF
Data e hora     :           Domingo: 21-01-18, 16:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Juan Miño Rojas, (Colexio A Coruña)
           
            1ª Autonómica Cadete Grupo II – 2ª volta – Xornada 13ª:
Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)
Equipos           :           SCD MALPICA    SCRD ESTEIRANA   
Data e hora     :           Domingo: 21-01-18, 12:00 horas
Árbitro             :           Sr. Juan Marcos Rios Suárez, (Colexio da Costa da Morte)

        Os Veteranos malpicáns, tócalles descansar nesta xornada, pero disputan un amigable:
Campo             :          "Pedra Queimada" 
Equipos           :          MALPICA - NANTÓN
Data e hora      :          Domingo: 21-01-18,   10:00 horas 

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!