Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

viernes, 18 de marzo de 2016



IV edición da 1ª Autonómica Grupo II –2ª volta - Xornada 28ª:

Campo             :           “Pedra Queimada”         (100 x 60, herba artificial, Malpica)                   
Equipos           :           SCD MALPICA   –   CORDEIRO CF    
Data e hora      :           Domingo: 20--03-16, 17:45 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Rubén Vázquez Penas.-(1ª Aut.- A Coruña).
Asistentes        :           Sres. González Liñares e Ríos Sánchez.- (2ª Aut..-A Coruña).
            O vindeiro domingo, visita o campo malpicán o Cordeiro CF, conxunto que ten enrolado nas súas filas ao veteranísimo Carlos Padín Busto, (Padín), futbolista de gran renome que formou nas filas de Fabril, Pontevedra, Ourense, Ordes, etc., e que lle esta a dar un enorme rendemento.
            O clube Cordeiro CF, nestes intres, ocupa o 3º posto na táboa, con 50 puntos, a 9 do “líder” SD Soneira, aínda que cun partido menos. Gañou 16 partidos, empatou 2 e perdeu 8, conseguiu 57 goles e encaixou 29. O seu máximo goleador é Juanito con 15 goles, ségueno, Chiño e Gabriel con 7 e Padín, con 6 tantos.
            Non asusta a categoría do rival ao conxunto malpicán, agora dirixido por Esmorís, pois para este partido, xa poderá contar coa maioría dos mancados, Cololo, irmáns Marquez, Lolo, Roi Carril, Charro, M. Mara e Rubén, a única baixa coa que conta o adestrador malpicán é a de O. Moscoso por sanción. Debutarán por tanto na “Pedra Queimada” o xemelgo Alberto Marquez e Lolo, recentes fichaxes. Se a isto se engade que coa designación do Sr. Vázquez Penas, árbitro deste encontro temos a sorte de cara, pois con este colexiado a SCD Malpica, nunca perdeu, temos que pensar o comezo da recuperación. Directivos, socios e afeccionados así o esperamos.    
Resultado da Primeira Volta:
15-11-15:  CORDEIRO CF  3–1  SCD MALPICA   (Goles: 1-0, m. 4: Juanito. 2-1, m. 6: Chiño. 2-1, m. 16: Juny. 3-1, m. 47: Chiño.



AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 


















XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – 2ª Volta – Xornada 25ª:

Campo             :           “Xaviña”   (99 x 60, Herba artificial Buño)
Equipos           :           CLUB DO MAR   -   MALPICA
Datas e hora    :           Domingo: 20-03-16, 12:00 horas.-
Árbitro             :           Sr. Duda.-
Resultado da 1ª volta:
MALPICA   1 – 2   CLUB DO MAR
 











miércoles, 16 de marzo de 2016

Goleadores da "liga da costa" e 1ª Aut. G. 2º:



Basti, (SD Soneira) continúa inalcanzable para os seus catro mais próximos seguidores na táboa dos goleadores da Primeira Autonómica Grupo 2º dos equipos “costeiros” cando van transcorridas 27 xornadas do campionato.
       Na “liga da costa”, Segunda Autonómica G.3º, David Blanco, (Sp. Zas) autor de dous goles na última xornada segue a fronte da táboa, seguido de Álex Flores (SD Castriz), que tamén conseguiu marcar un gol e de Adrián Makaay. (SD Fisterra) que, cun “hat-trick” achégase aos postos da cabeza.

           Así as cousas, véxanse as táboas da clasificación que se reflexan a continuación modificadas despois da 27ª xornada:





AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 13 de marzo de 2016

Crónica do partido da SCD Malpica:



IV edición da 1ª Autonómica, Grupo II – (2ª volta) – 27ª Xornada:
Resultado:                   VAL DO ULLA UD     4 –1   SCD MALPICA 
VAL DO ULLA UD:  Álvaro; Álex, Óscar Pintor, Carlos, Martín, Neiriña, © Luís Atº.,(Gonzalo, 77), Alberto, (Miguel Ángel, 59), Jordan, (Javi, 55), Martín Rei, (Óscar Parada, 72), Raúl.
SCD MALPICA: Ángel; Casais, Carlos Mallo, (Víctor, 72), Moscoso, Lolo, Álex Marquez, Eme, Eloy Vilas,© Petís, (Dímaga, 46), Jaco, Alberto Marquez.                 
Árbitro:            Sr. Daniel Val Castro.-(1ª Aut.-Santiago).  Actuación bastante correcta, a pesar das continuas protestas dos futbolistas malpicáns.  
Asistentes:       Sres. Miguelez Granja e Iglesias Penela.-(2ª e 3ª Aut.-Santiago). Regulares.
Goleadores:     1-0, m. 25: Alberto de penalti, por mans dentro da área dun defensor malpicán, esta xogada foi moi protestada ao asistente, por estimar que a xogada fora precedida dun fora de xogo local. 2-0, m. 47: Martín Rei. 2-1, m. 60: Eloy Vilas, tras recoller un rexeite do porteiro local Álvaro. 3-1, m. 88: Gonzalo, ao aproveitar un barullo na área malpicán. 4-1, m. 90+2: a única xogada desafortunada de Ángel, nun balón que se lle vai das mans acosado por un dianteiro local, o que aproveita Neiriña, oportunamente para introducir o “coiro” na rede.      
Ambiente e incidencias:          Escasa concorrencia de seareiros, só uns 50. Tarde soleada con 14º de temperatura. Non houbo mancados de consideración. Expulsado na xogada do penalti (min. 25) Óscar Moscoso.
Comentario:     Partido entretido nunha tarde excelente para disfrutar de fútbol, nun campo en moi boas condicións. Ningún dos dous equipos exerceu un dominio superior ao outro, resultando moi nivelado e sen grandes ocasións de gol.
Os malpicáns, que xogaron 60 minutos con dez homes, aguantaron cun mínimo marcador en contra, é, só se viron superados ao final cando buscaban o empate en dúas xogadas puntuais froito do cansazo acumulado.
A nota negativa dos malpicáns foi a expulsión de Moscoso, ademais das continuas e excesivas protestas aos colexiados de practicamente todo o equipo, protestas, que só se traducen en prexuízo para os propios futbolistas e o club.   

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!