Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

martes, 8 de agosto de 2017

Actualidade da SCD Malpica:




COMEZO DOS ADESTRAMENTOS:

Baixo a dirección técnica de Alberto Felipez Ventureira (Repi) e de José R. Esmoris Carracedo (Esmoris), adestradores dos equipos  de Afeccionados e Cadetes respectivamente, a SCD Malpica dou comezo os adestramentos para vindeira tempada 2017/2018.

O acto, que contou coa presencia da xunta directiva do clube encabezada polo seu presidente Manuel Suárez Cotelo, celebrouse no campo da “Pedra Queimada” o venres día 04-08-17.

O plantel de futbolistas Afeccionados, aínda algo reducido e que se irá incrementando en cuestión de días en ambas categorías, presenta varias caras novas con respecto a tempada pasada e outras que xa proceden da anterior.

CAPTACIÓN DE SOCIOS: (UN SOCIO UNHA CAMISETA DO CLUBE)

Dende o primeiro de Agosto, a xunta directiva da SCD Malpica, comezou a captación de socios para a nova tempada, que este ano, ten ademais un aliciente engadido y é, agasallar a cada socio que colla o carné cunha camiseta  do clube, que poderá lucir nos partidos ou onde estime conveniente.
Unha boa iniciativa da directiva da SCD Malpica que seguramente dará resultados apetecibles logrando sensibilizar aos afeccionados para aumentar o número de socios.

CATRO SON AS MODALIDADES DE SOCIOS PARA ESTA CAMPAÑA:

Socios de Honra:      (PREZO SUPERIOR A 100 EUROS)
Socios Especiais:      (PREZO 100 EUROS)
Socios Protectores:  (PREZO 75 EUROS)
Socios de Número:   (PREZO 40 EUROS)

XVI TROFEO DA OLERÍA:

O vindeiro sábado día 12-08-17, como ben sendo habitual todos os anos, celebrarase no campo de “Xaviña” de Buño, (99 x 60) a XVI edición do “Trofeo da Olería” no que participarán os catro equipos federados do Concello de Malpica, nomeados por orde de antigüidade: Buño SCD, SCD Malpica, UD Cerqueda, Sp. Seaia.

1º partido - Sábado 12-08-17, 17:00 horas:   SCD Malpica – UD Cerqueda
2º partido – Sábado 12-08-17, 18:00 horas:  Buño SCD – Sp. Seaia
3º partido -  Sábado 12-08-17, 19:00 horas:  3º  e  4º posto, entre os perdedores
4º partido -  Sábado 12-08-17, 20:00 horas:  Gran Final.


AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

lunes, 10 de julio de 2017

Actualidade da SCD Malpica:



ACTUALIDADE DA SCD MALPICA:

               Despois de varias e laboriosas xuntanzas entre o Presidente e Secretario da SCD Malpica, Manuel Suárez Cotelo e Fernando Couto García respectivamente, co Concelleiro de deportes do goberno municipal de Malpica, Iago Espasandín, co fin de chegar a acordos relacionados coa continuación en competición por parte de clube malpicán co equipo de Infantís e do abono polo Concello da subvención municipal da tempada 2016/2017, que acaba de finalizar, solicitada e prometida polos gobernantes locais para que o clube competise na categoría base, (alegan que aínda non teñen aprobados os presupostos) non se chegou a ningún consenso, pola intromisión ademais, da UD Cerqueda, que, pretendía e pretende competir esta tempada co equipo de Infantís, rompendo así o Concelleiro o pacto verbal que alcanzara a principio da tempada coa SCD Malpica. Como por outra banda a subvención tampouco se levou a efecto, os dirixentes do clube da capital do municipio optaron en principio, por presentar a dimisión irrevogable e, dar de baixa ao clube na Federación Galega de Fútbol.  
“Breve Historia”:
Ao comezo da tempada 2016/17, a concellería de deportes de Malpica, que mantiña un plantel de rapaces/as de base, encadrado no Grupo de Acción Costeira, participando e competindo en fútbol 8 fútbol sala ademais doutro tipo de deportes, concertou coas directivas dos clubes: SCD Malpica, Buño SCD e UD Cerqueda, sendas xuntanzas, coa fin primordial de crear equipos de fútbol campo de base, intentando crear un aliciente para as afeccións de ambos clubes e ao mesmo tempo dotar nun futuro aos equipos malpicáns de futbolistas nados no propio Concello.
Destes tres clubes, só a SCD Malpica, accedeu a crear novo equipo de fútbol 11, loxicamente con apoio municipal de colaboración na selección de rapaces e por suposto apoio económico, para poder satisfacer gastos de equipación, desprazamentos etc.., para elo, a concellería de deportes e a directiva da SCD Malpica concertaron un pacto verbal, condicionado a continuar en tempadas vindeiras coas categorías de base. Os demais clubes reunidos, só aceptaron competir na categoría de fútbol 7, ao parecer, alegando falta de rapaces/as.
Agora, esta tempada 2017/18, xurdiron, por parte dos demais clubes de Concello, (Buño SCD e UD Cerqueda) competir tamén coa base, e así llelo comunicaron ao Concelleiro de deportes; programando este, xuntanzas coas tres directivas e incluso con algúns dos pais dos rapaces/as.
Despois dunhas tres ou catro xuntanzas, non houbo problema algún por parte do Buño SCD, que se conformou con comezar cun equipo de Alevíns, ah!, pero non así por parte do outro equipo, pois este, quería e quere os Infantís, que estiveron competindo moi ben por certo, a tempada pasada coa SCD Malpica, e que este clube quería loxicamente continuar con eles, por dous motivos, primeiro, por que xa os ten rodados e segundo polo pacto que tivera o clube co Concelleiro. A directiva malpicán, por tanto considera unha intromisión do conxunto de Cerqueda.
Así as cousas, os directivos da SCD Malpica, vendo a pasividade do Concelleiro (que parece que mira mais polos “votos” ca polo cumprimento do seu pacto), optaron por ameazar coa dimisión.
Tras uns 15 días de reflexión, os compoñentes da xunta directiva da SCD Malpica, cuxos datos ao final deste escrito se facilitarán, tras xuntanza mantida no día de hoxe, acordaron continuar nos seus postos, e, ademais, participar, non só na categoría de Afeccionados senón tamén na de Infantís, e na de Cadetes.
A composición da xunta directiva e o cadro de técnicos para a presente tempada 2017/2018, é a seguinte:
Presidente:     Manuel Suárez Cotelo           (3ª Tempada)
Secretario :    Fernando Couto García         (3ª Tempada)
Vogais      :    Federico Blanco Charlín        (2ª Tempada)
 Id.          :    Manuel Verdes Lista             (3ª Tempada)
 Id.          :    Manuel Vilas Varela              ((3ª Tempada)
Adestrador do 1ª Equipo:  Alberto Felipez Ventureira   (2ª Tempada)
Coordinador Deportivo e Adestrador de Infantís e Cadetes:
José Ramón Esmoris Carracedo     ( Moitos anos ao servizo da SCD Malpica)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

lunes, 26 de junio de 2017

Cuadro resultados da "costa"



“LIV” Edición da “Copa da Costa” afeccionados, final:

Campo            :           “San Paio de Refoxos”   (104 x 68, herba artificial, Cee)  
Resultado        :           SD FISTERRA   1 – 0  CF DUMBRÍA
Data e hora     :           Domingo: 25-06-17, 18:30 horas            
Árbitro :           :           Sta. Beatriz Cuesta Arribas.-(1ªAut.-A Coruña).
Asistentes        :           Srs. Diego Seoane Sánchez e Fernando Blanco García
4º árbitro           :           Sr. Rodrigo García Gómez
Goleadores     :           Min. 17, xogada por banda dereita cun medio centro ao primeiro pau, onde o fornido dianteiro
                                   COTE de impecable testarazo, fai inútil a áxil pero ineficaz estirada de Iván Bouzón
Ambiente e incidencias: Tarde espléndida de sol cunha extraordinaria entrada de seareiros que roldou os 2.500.
                                   Expulsado por dobre amarela o fisterrán Piti (m. 80).
Comentario:                Nun partido pouco vistoso, aínda que bravamente disputado, a SD Fisterra conseguiu
Fronte ao CF Dumbría, o seu terceiro título da “copa da costa” ( os dous anteriores T. 1978/79 e 1996/97, ambas en 1ª Rexional, ante o Corcubión e Ponteceso respectivamente).
O partido nos pasará a historia polo fútbol practicado por ambos conxuntos de primeira Autonómica, aínda que cabe destacar que o CF Dumbría dominou mais, con dos tiros ao longueiro e un gol anulado por fora de xogo, pero os fisterráns souberon defenderse ordenadamente e lanzar algún que outro contraataque.




AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

lunes, 19 de junio de 2017

Resultados da xornada "costeira"

COA TEMPADA A PUNTO DE PECHAR, PUBLÍCASE CADRO DE RESULTADOS QUE AFECTAN A EQUIPOS DAS DISTINTAS CATEGORÍAS DA "COSTA":




A FINAL DA "LIV EDICIÓN DA COPA DACOSTA" de afeccionados da tempada 2016/2017, foi solicitada a súa organización a principios do presente ano, pola SCD MALPICA, para o campo de "PEDRA QUEIMADA", meses mais tarde solicitouna o UC Cee, para o seu campo de "San Paio de Refoxos", a falta de confirmación oficial no momento de publicar esta información, parece ser, que os dous equipos finalistas optan por este último campo, ao quedarlles mais preto as suas afeccións.
De todos os xeitos, o luns a Subdelegación da "costa" en Baio, informará oficialmente da desegnación do campo. 

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 

domingo, 11 de junio de 2017

Marcadores da xornada na "costa" en todas competicións.

Publícase cuadro dos marcadores da xornada, de todos equipos da zona da "Costa".
A destacar o ascenso a Primeira Autonómica da SD San Lourenzo, a falta de dúas xornadas.
Co seu ascenso, salva do descenso a Terceira Autonómica á SD Coristanco.





AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!