Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

jueves, 12 de noviembre de 2015

Axenda da SCD Malpica desta semana:



IV edición da 1ª Autonómica Grupo II –1ª volta - Xornada 11ª:
Campo             :           “Municipal de Valga”     (herba artificial, Valga - Pontevedra)                 
Equipos           :           CORDEIRO CF    SCD MALPICA  
Data e hora      :           Domingo: 15-11-15, 16:15 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Diego Otero Varela.-(1ª Aut.-Santiago).
Asistentes        :           Sres. Camiño Roguez. e Iglesias Penela.- (2ª Aut.- Santiago).
            Cúmprese un terzo da competición de liga coa onceava xornada, e, a SCD Malpica, tócalle outro lonxano desprazamento, desta vez a Cordeiro parroquia da localidade de Valga provincia de Pontevedra, a enfrontarse ao Cordeiro CF. Este equipo, que ocupa o 3º posto con 21 puntos empatado co 2º o Flavia SD e a tan só 4 do “líder” SD.Soneira, esta sendo a revelación da tempada. Os 21 puntos que acredita son froito de 7 partidos gañados e 3 perdidos, nas 10º xornadas que van de liga, marcou 24 goles e encaixou 12. Os seus máximos goleadores, son: López Abalo, 8 goles e Gabriel Ferreiros, con 4.
            Pola súa banda a SCD Malpica, despois da necesaria vitoria acadada ante o Val do Ulla UD, para non quedar descolgada na táboa, chega a este difícil compromiso cunha elevada moral, ademais, Chema Rivadulla, xa ten recuperados a varios futbolistas que, por diversos motivos non puido contar con eles. Para este domingo, sufrirá a baixa por sanción de Martín Uruguaio, por cumprir o ciclo de 5 tarxetas, sendo dúbidas, Eloy Vilas, Javi Trigo, Adrián Rei e o moldavo Vitalie.
            Con estas perspectivas, vaise achegar a SCD Malpica ata Cordeiro, pero como a “moral move montes” todos os socios e afeccionados esperamos que se poida repetir a segunda vitoria consecutiva, ou polo menos traer un punto, que nos deixaría na zona templada da táboa.         
Enfrontamentos da SCD Malpica co Cordeiro CF a tempada pasada :
21-12-14           SCD MALPICA   0 - 0   CORDEIRO CF
33-05-15           CORDEIRO CF   1 - 2  SCD MALPICA   (Goles: 0-1, m. 6: Petís. 0-2, m. 73: Rodrigo. 1-2, m. 88: Crego).

FUTBOL VETERANO:
O MALPICA, DESCANSA NESTA XORNADA.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

martes, 10 de noviembre de 2015

Goleadores:



Disputada a décima xornada ligueira continúa a loita polo “Pichichi” das categorías 1ª Autonómica G.2º (clubes da costa) e Grupo 3º da 2ª Autonómica (Liga da Costa).

            Tanto Basti (SD Soneira) coma David Blanco (SP. Zas), continúan comandando as clasificacións destacándose sobre os seus perseguidores que son, Alejo (Corme CF), que desgraciadamente volve a estar mancado, e, o seu compañeiro de equipo Vía Rápida. Polo que respecta aos rivais do zasense, achéganse cada vez mais, Roberto Pladur (SCRD Esteirana), Alberto Recarey (Ponteceso SD) e Adrián Makaay, (SD Fisterra).-

ASI QUEDA A TÁBOA CLASIFICACTORIA TRAS AS DEZ PRIMEIRAS XORNADAS:









AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 8 de noviembre de 2015

Crónicas dos partidos da SCD Malpica, da última xornada:



IV edición da 1ª Autonómica, Grupo II – (1ª volta) – 10ª Xornada:
Resultado:                   SCD MALPICA   3–1  VAL DO ULLA U.D.    
SCD MALPICA:  Asier; Casais, Carlos Mallo, (Eme, 46), Kike, Ó. Moscoso; Rubén, Martín Uru, (Sergio,90+3), Juny, (Dímaga, 90+3), M. Mara,  Charro, (C) Petís, (Adra, 46).
VAL DO ULLA U.D. :  Álvaro; Farruco, (Gonzalo, 60), Cristian, Carlos, Martín, Javi, Álex, Pintiño, © (Eco, 90), Jordan, (Neiriña, 66),  Piru, (Samuel, 90), Jacobo, (Quique, 90).                   
Árbitro:                 Sr. Añón Salgueiro, Denis.-(1ª Aut.-A Coruña). Regular, non dubidou na sinalización dos penaltis, aínda que Carlos, autor da xogada, protestou iradamente, estimando que o malpicán se deixara caer.
Asistentes:       Sres. Seoane Sánchez e Neira Rei.-(2ª Aut.-A Coruña). Regulares.
Goleadores:     0-1, m. 7: xogada individual de Jordan, con centro atrás sobre Jacobo, que marca a porta baleira. 1-1, m. 45: saque de curruncho executado por M. Uru, o “coiro” ía directo cara M. Mara, antes de chegarlle a cabeza, empúrrao por detrás o central Martín, o claro e innecesario penalti, transfórmao Charro, a dereita de Álvaro. 2-1,m. 62: balón longo que recibe Charro, preto da bandeirola da banda esquerda, caracolea ao dous adversarios, centra sobre M. Mara, este toca coa cabeza sobre Eme, o cal dende a media lúa, empalma coa zurda un tiro raso a ras do poste esquerdo do sorprendido porteiro Álvaro, que só mira como o “coiro” entra na portería. 3-1, m. 68: excelente combinación ao primeiro toque entre Adra e M. Mara, este devolve entre liñas sobre o medio centro o cal encara a Álvaro e cando se dispoñía a rematar, derrúbao por detrás o central Carlos, o conseguinte penalti tírao Charro, e volve a marcar desta vez ao lado esquerdo do porteiro.
Ambiente e incidencias:  Pouco público, tan só 90 seareiros. Tarde nubrada con 20º de temperatura. Expulsado na xogada do 2º penalti, o visitante Carlos. Non houbo mancados de consideración.        
Xogadas de perigo da SCD Malpica:   M. 18: internada de Casais pola banda esquerda, chega a liña de fondo e centra sobre á área pequena, hai unha serie de rexeitas e remates e, finalmente Carlos Mallo, só ante Álvaro, remata as mans deste.
Xogadas de perigo do Val do Ulla U.D.: M. 29: Cristian, recibe un balón por enriba da defensa local e, ante a saída de Asier, realiza unha vaselina que sae fora por pouco. M. 31: falta lanzada por Cristian ao punto de penalti, o perigosísimo testarazo do central Martín, cae a chumbo entre a rede e o traveseiro. M. 46: centro de Jordan dende a banda dereita o “coiro” pasease pola área local ata os dominios de Piru, o cal empalma un trallazo que se vai estrelar ao poste esquerdo de Asier. M. 90+2: Tremendo e sorprendente tiro de Neiriña, dende 40 metros, ao que responde Asier, cunha formidable parada. 
Comentario:     Primeira parte de superioridade visitante nas que os malpicáns non eran capaces nin de crear xogo nin perigo ante o porteiro Álvaro, aínda así, conseguiron chegar ao tempo de lecer con empate, grazas a un regalo do central visitante Martín.
O equipo de Chema Rivadulla, grazas aos trocos realizados e ao cambio de esquema táctico, conseguiu nivelar o xogo dos visitantes e darlle a volta ao marcador, aproveitando outro penalti e o acerto de Eme, nun gran remate.























XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano–(1ª Volta)- 8ª Xornada:
Resultado:                   MALPICA    5–2  BUÑO
Aliñación do Malpica:  Juan; Chucho, A. Carballo, Alfredo, A. Coruña; J.L.Arcay, Mútiu, A. Barizo, Luís Naya; Ban Ban, Wahsi . Tamén xogaron:  Chaves, Luazas, Carlos Pose, Leo.
Árbitro:            Sr. Iván.- Actuación discreta, nun partido no que ambos equipos se empregaron con deportividade. Quizais a única lagoa foi a sinalización do penalti favorable ao Buño.
Goleadores:     1-0, m. 10:  tras un saque de curruncho malpicán, hai un rexeite frouxo da defensa do Buño, que aproveita Alberto de Barizo, cun soberbio tiro dende o borde da área. 1-1, m. 15: Javi Chouciño, cabecea ao fondo da rede un saque de curruncho. 2-1, m. 17: saque de falta lateral efectuada por Alb. Coruña, Alfredo, de impecable testarazo manda á rede. 3-1, m. 25: xogada individual de J.L. Arcay, que bate na saída ao porteiro visitante. 3-2, m. 60: o árbitro saca co seu silbato unha leve entrada de Luazas sobre un dianteiro oleiro, o mais que dubidoso penalti transfórmao Pedro. 4-2, m. 61: nada mais sacar de centro, J.L. Arcay, aproveita moi oportuno unha indecisión da defensa oleira e bate ao porteiro visitante. 5-2, m., 71: gran xogada individual de Leo, que se vai de todos os contrarios que lle saen ao paso e marca o derradeiro gol.  
Incidencias:     Mañá soleada, na “Pedra Queimada” con preto de 15 incondicionais seareiros nas bancadas. Non houbo que lamentar ningún mancado de consideración nin expulsados.
Comentario:     Continúa a imbatibilidade dos veteranos do Malpica, logo de oito xornadas disputadas. Esta mañá, ademais, lograron alcanzar os tres puntos que os acomoda preto dos postos da cabeza da táboa. O Buño só aguantou medio tempo, despois os malpicáns lograron levar sempre a iniciativa desaproveitando varias ocasións de gol.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!