Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

martes, 28 de julio de 2015

Competicións de liga para a tempada 2015/16:

Celebrada na tarde noite de onte (27-07-15), reunión no salón de Actos do Pabillón Deportivo de Baio, para definir os Grupos de Competición dos equipos "costeiros" para a vindeira tempada 2015/16, á que acudiron, por parte Federativa, o Vicesecretario da FGF. D. Benjamín Amido, e, en representación dos 38 clubes costeiros estiveron presentes 25, faltando a cita 13 clubes.

Logo de, por parte do Sr. Amido, dar as grazas pola asistencia, comezou a reunión, expoñendo o representante da UD Corcubión, o seu malestar por como queda a competición do Grupo 4º da 3ª Autonómica, e, mais agora pois se antes eran 10 equipos, coa retirada do Agualada, só quedan 9. O tema competicional desta categoría, tratarase nuha vindeira e nova reunión que se celebrará con tan só os 9 representantaes dos clubes implicados e que son os que se lle mostran en cadro a parte.

Seguindo a orde do día, comezaron as peticións dos equipos da 2ª Autonómica para horarios e.t.c.. O comezo da "liga da costa", será a do 05-09-15, rematándo o 8-05-16. Non haberá xornadas 0 27 do Nadal e 0 27 de marzo (semana santa).

Os dous Grupos de xuvenís, compostos de 9 equipos o 2º (troca de Grupo o Muxía CF) e 10 equipos o 3º (retírase á SD Laxe). O comezo da 1ª Fase, será o 05-09-15 rematándo o 09-01-16. Non haberá xornadas o 26 do Nadal e o 2 de xaneiro, celebrándose unha xornada en martes (08-12-15).

No Grupo 2º de Cadetes, en principio, haberá 16 equipos (retirouse o Muxía CF). O comezo da tempada será o 12-09-15 e o final o 23-04-16. Sen xornadas polo Nadal (26/12 e 02 de xaneiro, así como o 26 de marzo (Semana Santa).
Os infantís comezarán o 13-09-15 rematándo o 24-04-16.-
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 





 

sábado, 25 de julio de 2015

Actualidade da SCD Malpica:



XXVII Edición da “Copa Deputación” da Coruña. 1ª Eliminatoria:
Campo:            :           “Pedra Queimada”  (100 x 60)  (Malpica)
Equipos           :           SCD MALPICA –  SCRD ESTEIRANA  (1-1, gañoulle ao Corme CF, por penaltis,)
Data e hora      :           Mércores: 29-07-14, 19:00 ou 20:00 horas. 
Árbitro:            :           Sr.                    (1ª Aut.- A Coruña)
Asistentes        :           Sres.                ( Aut.-A Coruña).
Comentario      :           Comeza unha nova tempada de fútbol, a 2015/2016, e comeza para SCD Malpica, cun enfrontamento o vindeiro mércores día 29 contra á SCRD Esteirana, que derrotou ao Corme CF, actual subcampión da "copa da costa" (dende o punto de penalti, 1-1) na previa da XXVII EDICIÓN DA “COPA DEPUTACIÓN” DA CORUÑA.
            A SCD Malpica, preséntase esta tempada totalmente remozada, tanto a nivel de directiva como de adestrador e de futbolistas, pois si a D. Marco Atº. Pose García o substitúe no cargo de presidente, D. Manuel Suárez Cotelo, no que se refire ao adestrador e a futbolistas, houbo un troco practicamente total, dado que da plantilla da tempada pasada, só quedan tres: o porteiro Ángel e os dianteiros Petís e Martín Mara, o novo adestrador é D. José Mª Rivadulla Romero, (CHEMA RIVADULLA), cunha titulación de Nivel III. Así, a plantilla, que aínda non esta totalmente pechada, queda como segue:
Porteiros:    Asier, (C.m.Caión). Víctor, (Buño) e Ángel.
Defensas:    Martín Uruguaio, Rubén, Eloy, (Buño).
Medios:      Eloy Vilas, (Baiñas). Alberto Verdes, (Cerqueda). Diego Martínez, Eme, Adra, (Sp. Seaia).       
Dianteiros:    Martín Mara, Petís, Charro, (Buño). Juni, (S. Seaia). Carlos Mallo. (retorna).
Completan momentaneamente este plantel os xuvenís: Álvaro, Sergio e Jorge.
                        A xunta directiva, continúa facendo xestións para intentar incorporar algún elemento futbolístico mais á plantilla antes de que finalice o prazo de fichaxes para esta 1ª eliminatoria da “Copa Deputación”, e, por suposto, durante todo mes de Agosto para a vindeira tempada. 
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!   

     

    ÚLTIMA HORA :
                                           Segundo se puido saber por informes recabados a nivel Federativo, o Corme CF, impugnou en tempo e forma o resultado do partido da "Copa Deputación" da Coruña, celebrado o pasado domingo no campo do "Cairo", por non ter a SCRD Esteirana, as Licenzas Federativas debidamente dilixenciadas para poder tomar parte nesta competición, tal como recolle a Norma Terceira da circular elaborada pola F.G.F.  de data 22 de Xullo do 2015.

O resultado do partido foi de empate a un tanto, clasificándose por penaltis a SCRD Esteirana.

Ante esta impugnación, a SCD Malpica, queda a espera da resolución que adopte o Comité Territorial de Competición e Disciplina da FGF, para coñecer o rival ao que se ten que enfrontar o vindeiro mércores día 29-07-15 ás 19:00 horas. De calquera xeito, á Directiva da SCD Malpica, esta afacer xestións con ambos equipos rivais, para trocar o partido para o Xoves ás 20 horas, algo que de momento esta en "Stambay" ata coñecer definitivamente o rival.

A resolución do Comité, de primeiro, esta prevista para á reunión que celebrará mañá ao medio día.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 

miércoles, 22 de julio de 2015

XXVII "Copa Deputación da Coruña" resultado do sorteo:

Esta mañá na sede da Deputación da Coruña, celebrouse o sorteo para

emparellar aos equipos que toman parte na XXVII edición da "Copa

Deputación", copa, na que participan 54 equipos, (Retiráronse, CD Dorneda e

Narón B. Piñeiros) repartidos nas categorías seguintes:



3 de 2ª B: Racing. de Ferrol, SD Compostela e UD Somozas.

9 de 3ª División:  CD Boiro, Laracha CF, Bergantiños CF, Bertamiráns CF, RC 

Deportivo "B", Ordes SD, CCD Cerceda, CD As Pontes e Silva SD.

12 de Preferente Autonómica e 30 de Primeira Autonómica 


Os premios a repartir son:  

Por participar, para a 2ª B:  1.850,00 euros

Por participar, para 3ª División:  1.300,00 euros.

Por participar, para Preferente Autonómica: 750,00 euros

Por participar, para 1ª Autonómica:  450,00 euros.

Por partido gañado na fase previa: 750,00 euros e perdido, 375:00 euros.

Gañado na 1ª Eliminatoria: 750,00 e 375,00 euros, respectivamente.

Dezaseisavos: Gañado, 1.100,00 euros, perdido, 600,00 euros.

Oitavos: Gañado, 1.500,00 euros, perdido, 900,00 euros.

Cuartos: 2.000,00 e 1.500,00.

Semifinais: 2.400,00 e 1.900,00.

Final: 8.000,00 e 4.000,00.

Os prezos das arbitraxes, será, 191,00 euros, todo a cargo da Deputación.

A continuación refléxase en cadro a parte os emparellamentos dos equipos da 

"Costa": 
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 

martes, 14 de julio de 2015

Actualidade da SCD Malpica:



CAMPAÑA DE SOCIOS PARA A TEMPADA 2015 / 2016:

        A nova xunta directiva da SCD Malpica, coa finalidade de comezar a preparar as fichas de cara a vindeira tempada, e, dado que esta comeza para o conxunto malpicán o próximo día 26 dos correntes, coa participación na “XXVII COPA DEPUTACIÓN DA CORUÑA, para o cal é necesario ter as fichas dilixenciadas e estas conlevan un desembolso de uns 2.500,00 euros, entre Mutualidade e gastos federativos, o clube, a data de hoxe non dispón de tal cantidade, por elo vese na obriga de iniciar a CAMPAÑA DE SOCIOS, co fin de recadar o importe necesario para pórse en marcha na competición indicada.

        Os prezos que rexerán na presente tempada 2015/16, tras o acordo alcanzado polos directivos na xuntanza mantida no día de hoxe, son os seguintes:

        Socios de Honra                            100,00 euros
        Socios Protectores                           60,00 euros
        Socios de Número                            35,00 euros

        A SCD MALPICA,  UN SENTIMENTO! UNHA PAIXÓN!
FAITE SOCIO!
       

= NOVO AVISO PARA RAPAZAS/CES=

         A SCD Malpica, pretende competir esta vindeira Tempada 2015/16, ademais de en Afeccionados e Xuvenís, na categoría de  CADETES tras
tres tempadas sen facelo, a última, foi na 2011/12, para elo, CONVOCA, a todas as rapazas e rapaces nados entre o 01-01-2000 e o 31-12-2001, a unha xuntanza no campo de fútbol da “Pedra Queimada” o 14-07-15, as 19:00 horas, ou chamando aos teléfonos: 609 563 535 e 698 182 463, tamén poñéndose en contacto cos directivos: Fernando Varela, 650 085 995, Manuel Verdes, 649 409 996, José Manuel Insua, 650 085 995, Alfredo Montes, 665 911 138 ou  Francisco Montes (Charro), este último adestrador dos xuvenís.

        Igualmente, a convocatoria va tamén dirixida a todas rapazas e rapaces que queiran fichar polo equipo xuvenil, nados entre o 01-01-97 e 0 31-12-99, sendo os contactos os mesmos que figuran indicados con anterioridade.
             
           
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

jueves, 9 de julio de 2015

Actualidade da SCD Malpica:



NOTICIAS URXENTES DA SCD MALPICA:

        Tralo troco de directiva, os compoñentes da mesma, comezaron a traballar sen desmaio para ter a punto ao equipo de cara o primeiro compromiso da nova Tempada 2015/16, cunha nova participación na Fase Previa da “XXVII Edición da Copa Deputación”, que comezará o vindeiro día 26 do corrente mes, previo sorteo que se celebrará na sede Provincial da Coruña na próxima semana.
        A SCD Malpica que acaba incorporar como adestrador para a presente tempada 2015/16, a José Mª Rivadulla Romero, (CHEMA RIVADULLA, 48 anos) esta entaboando contactos con todos os futbolistas da primeira plantilla do tempada pasada para coñecer a situación deportiva dos mesmos, así como con outros que o propio adestrador indica.
        Dada a urxencia do inicio des competición “copeira”, tamén están citados todos os xuvenís pertencentes ao plantel coa finalidade de xuntar ao maior número de futbolistas. A data da presentación de todos, será a do 14 deste mes de Xullo, no campo da “Pedra Queimada”.

= A V I S O =


         A SCD Malpica, pretende competir esta vindeira Tempada 2015/16, ademais de en Afeccionados e Xuvenís, na categoría de  CADETES tras tres tempadas sen facelo, (a última, foi na 2011/12), para elo, CONVOCA, a todas as rapazas e rapaces nados entre o 01-01-2000 e o 31-12-2001, a unha xuntanza no campo de fútbol da “Pedra Queimada” o 14-07-15, as 19:00 horas, ou chamando aos teléfonos: 609 563 535 e 698 182 463, tamén poñéndose en contacto cos directivos: Fernando Varela, 650 085 995, Manuel Verdes, 649 409 996, José Manuel Insua, 650 085 995, Alfredo Montes, 665 911 138 ou  Francisco Montes (Charro), este último adestrador dos xuvenís.
        Igualmente, a convocatoria vai tamén dirixida a todas rapazas e rapaces que queiran fichar polo equipo xuvenil, nados entre o 01-01-97 e 0 31-12-99, sendo os contactos os mesmos que figuran indicados con anterioridade.
    

           
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

miércoles, 8 de julio de 2015

Xuntanza dos clubes da costa coa FGF:

Na tarde-noite dodía 07-07-15, celebrouse no polideportivo de Baio, a acostumada reunión dos clubes da "costa" cos membros da FGF, para programar os grupos de competición da temapda 2015-16.

Por parte federativa, acudiron o Presidente, Vicepresidente, Vicesecretario e o Xefe do Servizo de Licenzas.

Por parte dos clubes "costeiros", asistiron os representantes de 22 clubes, dos 40 que compoñen a zona da costa.  

Fixeron uso da palabra, primeiramente o novo Presidente da Federación Sr. Louzao, que explicou as novidades que pensan realizar en beneficio dos clubes, Mutualidade, árbitros, cambios no regulamento de competición etc.

Logo fixo uso da palabra o Xefe de Licenzas, Sr. Juan Carlos, sobre a nova regulamentación que obriga a FIFA, a presentar coas Licenzas dos futbolistas de nacionalidade extranxeira.

Posteriorrmente, o Vicesecretario Sr. Benxamín Amido, dou lectura da composición dos grupos da "costa" para a vindeira tempada 2015/16, que quedan conformados segundo se detallan nos seguintes cadros que a continuación se expoñen:









     AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!