Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

viernes, 25 de julio de 2014

Previa do partido da SCD Malpica:



XXVI Edición da “Copa Deputación” da Coruña. Eliminatoria Previa:
Campo:            :           “Pedra Queimada”  (100 x 60)  (Malpica)
Equipos           :           SCD MALPICA – CD BAIO
Data e hora      :           Domingo: 27-07-14, 19:00 horas
Árbitro:            :           Sr. Pablo Patricio Blanco          (1ª Aut.- A Coruña)
Asistentes        :           Sres. Acuña Piñeiro e González Rei       (1ª e 2ª Aut.-A Coruña).
Da comezo para a SCD Malpica, unha nova tempada (aínda que a “Copa Deputación, considérase da pasada), pero as plantillas dos equipos están modificadas, pois logo do 30 de Xuño a efectos prácticos, xa os equipos e sobre todo os futbolistas, soen buscar novas prazas para a vindeira tempada.
Así as cousas, correspóndelle ao clube malpicán, con caras novas na plantilla; retornan David Blanco (Sp. Zas) e Diego  (SD Sofán); abrir a “Copa Deputación” no seu campo fronte a un CD. Baio, tamén con moitas variantes nas súas ringleiras.
Con estas novidades e ademais, sen apenas adestramentos en ambos equipos, (ambos comezaron a adestrar o Martes) se presentan na “Pedra Queimada” nun incerto partido, no que o factor campo pode influír favorablemente ao conxunto local, pero non hai que olvidar que, o C.D. Baio, é un equipo con homes moi perigosos, no que destaca o seu goleador, Martín MC.
A Deputación da Coruña, agasalla ambos equipos pola súa participación, cun fixo de 450,00 Euros, mais 375,00 euros, para o vencedor da eliminatoria, na que como saben é a partido único, con tanda de penaltis en caso de empate a goles. A recadación en taquilla, será repartida a partes iguais, previo pago antes, cos cartos da recadación, do importe do desprazamento.

AGORA E SEMPE COA SCD MALPICA!

jueves, 24 de julio de 2014

Actualidad da SCD Malpica:



CUADRO TÉCNICO E PLANTILLA DE FUTBOLISTAS AFECCIONADOS DA SCD MALPICA PARA A TEMPADA 2014 / 2015:

        A SCD MALPICA, ACABA DE FACILITAR AO AUTOR DESTE BLOGUE, O CUADRO TÉCNICO E A COMPOSICIÓN DA PLANTILLA A DATA DE HOXE, PARA COMPETIR NA VINDEIRA TEMPADA NO GRUPO 2º DA PRIMEIRA AUTONÓMICA.
            TAMÉN FAI FINCAPÉ, QUE A COMPOSICIÓN DA MESMA AÍNDA NON É DEFINITIVA, POIS ESTÁNSE A REALIZAR XESTIÓNS CON VARIOS FUTBOLISTAS, PARA A SÚA INMEDIATA INCORPORACIÓN, NON OBSTANTE, PARA INICIAR A “COPA DEPUTACIÓN” DA CORUÑA, ESTA É A RELACIÓN:

ADESTRADOR:            Óscar Suárez.
2º ADESTRADOR:        Juanjo Rabuñal.
PORTEIROS:               Pombo  e  Abraham.
DEFENSAS:                 Adrián, Mario Casal, David Castro, Alemán, Dani García, (Recuperándose da grave
                                   lesión sufrida), Kevin, Diego, (Retorna) *
CENTROCAMPISTAS: Ismael, Cheo, Fernando Varela, Juan Carlos, (O Vello), Alberto, (xuv.), David, (Xuv.).
DIANTEIROS:               Petís, (Xuv.), Martín Maradona, Almeida, Eloy, (A Lebre, xuv.), David Blanco, (Retorna) **

·         Procede da SD Sofán, logo de figurar na SCD Malpica, nas Tempadas: 03/04, 04/ 05, 05/06, 06/07 e 07/08, (5 Tempadas) marcando 15 goles.

**   Procede  do Sp. Zas. Figurou na SCD Malpica, nas Tempadas: 08/09, 09/10, 10/
      11, 11/12 e 12/13, (5 Tempadas) conseguindo 76 goles.

Aproveitamos este blogue, para darlle a benvida aos que se reincorporan, tanto aos que retornan dende outros equipos coma aos xuvenís que soben a afeccionados. Desexarlle unha feliz tempada a todos, sobre todo, sen lesións, e, moitos moitos triunfos  para a SCD Malpica, comezando pola “Copa Deputación” que se celebra este vindeiro Domingo na “Pedra Queimada”
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

 













David Blanco




                                         Dani García.-

martes, 22 de julio de 2014

Noticias do fútbol costeiro (Reunión de Baio):

REUNIÓN EN BAIO PARA PROGRAMAR OS GRUPOS DE COMPETICIÓN DA TEMPADA 2014 / 2015:

Celebrouse na tarde noite deste luns, a habitual reunión de inicio de tempada entre os clubes participantes nas distintas ligas da "costa", e os membros da Federación Galega de Fútbol.

Asistiron por parte da F.G.F., o Vicesecretario e, encargado das competicións, D. Benjamín Amido, o Xefe do departamento de licencias, D. Juan Carlos e o Tesoureiro, D. Manuel Gerpe.

Por parte dos clubes, asistiron 31 representantes dos 37 citados, só faltaron os directivos da SCRD Esteirana, UD Carnota, Volantes de Baño, CD. Nantón, Os Miudos de Muros e As Baleas.

Os temas a debatir foron os seguintes:

1º.- Por medio do encargado de licencias, deuse a coñecer a imprantación na F.G.F. do novo sistema informático para tramitar as licencias, tando de renovación coma de novas altas, na que os clubes poderán realizar dende a súa localidade, sen necesidade de desprazarse á sede da Federación, mediante un sistema moderno a través de INTRANET.

2º.- Por parte do Sr. Vicesecretario, encargado das competicións, déronse a coñecer a composición de todos os grupos e categorías nas que participan os clubes costeiros, así, dende a Preferente Autonómica, (Xallas S.C. e CF Dumbría) 1ª Autonómica Grupo II, ( CD Baio, SCRD Esteirana, Corme CF, SD Sofán, SD Soneira e SCD Malpica), 2ª Autonómica Grupo 3º (Liga da Costa, 18 equipos), 3ª Autonómica Grupo 4º, (9 equipos, pendente da retirada do Laxe SD), 1ª Autonómica Xuvenil, 1ª Autonómica Cadetes e 1ª Autonómica Infantil.

3º.- Por último, o gran debate chegou, cando os representantes da 3ª Autonómica, debatiron en tonos mais ou menos acalorados cos membros federativos a posible integración na 2ª Autonómica (Liga da Costa), coa intención de facer dous grupos. Ao final, e, tras varias explicacións dos federativos, chegouse a conclusión con todos conformes, menos o Laxe SD que ía a expoñerllelo aos socios, en disputar a competición a catro voltas, é dicir, cuádruplo de xornadas para prolongar a liga co fin de que termine a canda ás demais competicións.

Así quedan os grupos, a expensas da confirmación aínda algúns clubes. As datas de comezo das competicións que figuran nos cuadros, son provisionais, posto que, quedan a expensas de que se aproben na asemblea da F.G.F. a celebrar o vindeiro dous de Agosto.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!






viernes, 11 de julio de 2014

Copa Deputación da Coruña:



= XXVI EDICIÓN DA “COPA DEPUTACIÓN” DA CORUÑA =


Entre o día 27 de Xullo e o 15 ou 17 de Agosto, (a data da final esta por decidir) terá lugar a XXVI edición da “Copa Deputación” da Coruña, na que participarán, 2 equipos da 2ª B (SD Compostela e Racing de Ferrol), 12 de 3ª División, 13 de Preferente Autonómica e 31 de Primeira Autonómica, en total 58 equipos, todos eles loxicamente da provincia da Coruña e que disputaron o campionato liga da tempada 2013 / 14, nas categorías citadas.

Efectuado o sorteo da competición esta mañá nas instalacións da Deputación Provincial, o mesmo, deparou o seguinte resultado no concernente aos equipos costeiros:

Eliminatoria Previa:

Domingo, 27-07-14, 19:00 horas:      SCRD ESTEIRANA – PONTECESO SD
            Id.        Id         Id              :      SCD MALPICA – CD BAIO
Nota: O Camariñas FC, quedou exento desta eliminatoria. (O horario pode ser modificado de común acordo). Os partidos serán todos a partido único nos campos citados en primeiro lugar.

1ª Eliminatoria:

Mércores, 30-07-14, 19:00 horas:     CAMARIÑAS FC – SD SONEIRA
            Id.        Id.        Id.              :     Vencedor, SCRD Esteirana – Ponteceso SD (Xallas S.C .)
            Id.        Id.        Id.              :     Vencedor, SCD Malpica – CD Baio  (CF Dumbría)
Oportunamente se informará dos demais rivais da SCD Malpica, se pasa as eliminatorias.

Premios:

Garántase un fixo por participar de: 1.850,00 euros, (2ª B). 1.300,00 euros (3ª). 750,00 euros (Preferente) e 450,00 euros (1ª Aut.).

Os equipos gañadores da eliminatoria previa, percibirán 750,00 euros e os perdedores, 375,00 euros.

Os gañadores e perdedores da 1ª eliminatoria, percibirán iguales contías cas da eliminatoria previa, e dicir, 750,00 e 375,oo euros respectivamente.

Logo de dezaseisavos en diante as contías soben segundo se vaian pasando eliminatorias ata chegar a final que serán, 8.000,00 e 4.000,00 euros respectivamente para o campión e subcampión.

Os importes dos árbitros serán todos a 191,00 euros, a cargo da Deputación da Coruña.

Para mais información, véxase a Circular na Web da FGF.                              
                                                      Equipo da SCD Malpica, fronte ao UC Cee.




CD Baio, 1º rival da SCD Malpica na"Copa Deputación" da Coruña.


AGORA E SEMPE COA SCD MALPICA!