Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

lunes, 15 de mayo de 2017

FINAL DA LIGA DA COSTA TEMPADA 2016/2017:


Rematou a "Liga da Costa" da tempada 2016/17, acadando o C.D. Baio, o título de campión. O equipo baiés, foi o mais regular en toda a tempada e, deste xeito retorna á Primeira Autonómica Grupo 2º, unha tempada despois do seu descenso. Parabéns polo tanto de toda familia "costeira" ao decano da "costa".

Promociona a SD San Lourenzo de Verdillo, contra os equipos Praiñas Sporting Clube (Pontevea-Teo) e o CD Belvis (Santiago), segundos clasificados dos Grupos 4º e 5º da zona de Santiago, (salvo renuncia de algún deles).

A SCD Malpica, que precisou dos adestradores ao longo da irregular tempada, acadou un regular 6º posto.

Nesta xornada, disputáronse tamén os partidos de volta dos oitavos de final da "copa da costa" Infantil, en onde os rapaces da SCD Malpica, conseguiron auparse aos cuarrtos de final, tras desfacerso meritoriamente dos infantís Concello de Zas.
A continuación detállanse as táboas dos marcadores e clasificacións das dúas competicións, así como as fotos dos equipos da última xornada da "liga da costa" SCD Malpica-CD Baiñas.





 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!