Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

jueves, 13 de diciembre de 2018

Partidos da SCD Malpica para esta fin de semana:


   Logo do meritorio empate conseguido ante o Muxía(4ºclasificado)no campo da "Arliña", visita "Pedra Queimada" o actual "lider" da "liga da costa",o Corme CF, que acaba de desbancar da cabeza da táboa, ao ata o domingo imbatido Mazaricos CF.
  O Corme CF, que esta nutrido dende hai unha dúcia de anos por unha fabulosa canteira inagotable, froito da extraordinaria atención dos seus directivos, especialmente da "alma mater" Suso da Torriña, comezou a súa participación na "Liga da Costa" na tempada 1980/81, leva competindo polo tanto 39 tempadas, coa actual, repartidas nas seguintes categorías: 10 tempadas en 1ª, 28 en 2ª e 1 en 3ª. Ten tres títulos de liga de 2ª e un título da "copa da costa" (98/99).
  Conta cunha formidable plantilla, destacando, o veterano Alejandro Torrado, o "cerebro" Lucas e o goleador Alejo, este con 26 goles en 13 partidos, ademais de quedar máximo goleador nas tempadas, 14/15, con 21 goles (1ª Aut.) e 16/17, 56 goles, (2ª Aut.).
  O adestrador malpicán, Adrián Bardanca (Gurita), non poderá contar para este partido con Laik, sancionado, Belar, mancado e Migueliño, ausente por traballo.
  Si poderá contar xa, despois de un mes de ausencia, con Gonzalo, ademais das novas incorporacións de Josiño, Massar e Jairo, para intentar facerlle fronte ao conxunto cormelán. Espérase unha gran entrada, na "Pedra Queimada" (a ver se o tempo acompaña) nun partido sumamente dificil para os dous bandos.
   Á Asociación de Veteranos da SCD Malpica,tralo descanso da xornada anterior, reinicia a competición recibindo na "Pedra Queimada" á SD Sofán.
CAMPOS,HORARIOS E ÁRBITROS PARA Á XORNADA:  
   

2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 14ª:

Campo            :           “Pedra Queimada”    (Malpica, 100 x 60, herba artificial)                      
Equipos          :           SCD MALPICA  –   CORME CF
Data e hora     :           Domingo: 16-12-18, 16:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Juan Marcos Rios Suárez, (2ª Galicia, colexio Costa da Morte)

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 1ª volta – Xornada 13ª:

Campo            :           “Pedra Queimada“        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)
Equipos           :           A.V. SCD MALPICA  –  SOFÁN SD
Datas e hora    :           Domingo: 16-12-18, 10:00 Horas.-
Árbitro  :  Sr. David Cancela García, (2ª Galicia, Colexio Costa da Morte)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

 

  

domingo, 9 de diciembre de 2018

Resultados e clasificacións da "costa":


    Á SCD Malpica, logra unha valiosa igualada (0-0) no dificil campo da "Arliña" ente o Muxía CF.
    Os malpicáns que sufriron a lesión de Mante a media hora de xogo e a expulsión de Laik, no min. 51, aguantaron con orde as embestidas dun Muxía, que loitou sempre pola vitoria.
    Formación da SCD Malpica: Eusebio; Mante, (Jorge, 31'), Brais Ceán, Dimitri, Juan Fuentes, Laik, Andy, (Martín, 65'), Aitor, Massar, Gonzalo, (Roberto, 80'), Dani Casal.

Resultados e clasificacións da xornada:
     

 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
 

jueves, 6 de diciembre de 2018

Partidos da SCD Malpica para a fin de semana:

     Complicada saída da SCD Malpica nesta vindeira xornada da "Liga da Costa" a Muxía, nunha xornada número 13 na que os puntos lle son moi necesarios debido a qué, tras catro partidos seguidos sen puntuar, achegamonos á mitade da competición, e, tal como se esta desenvolvendo a mesma e como están facendo tamén as categorías precedentes, é moi posible que os arrastres da 1ª Galicia, sexan motivo de preocupación (mírese a clasificación de Soneira e Esteirana).
    Á SCD Malpica, váise enfrontar a un Muxía en racha de resultados, acomodado na clasificación con 25 puntos e un meritorio 4º posto, froito de 7 partidos gañados, 4 empatados e só 1 perdido, materializa 23 goles a favor e só encaixou 4.
     O Muxía CF, leva competindo nas diversas categorías da "Liga da Costa" 41 tempadas coa actual, repartidas do seguinte xeito: 2 en 1ª, 21 en 2ª e 18 en 3ª. O clube foi fundado na tempada 1964/65, aínda que con varias alternativas de altas e baixas nas distintas tempadas que se detallan:
    Alta: 1964/65. Baixa: 1970/71. Alta: 1982/83. Baixa: 1996/97. Alta: 2000/01 continúa... acredita 4 títulos de liga, 2 en 2ª e 2 en 3ª, así como, un subcampionato de "copa" e 4 de "liga".
    Para esta xornada o adestrador Adrián Bardanca "Gurita", poderá recuperar aos catro sancionados e tamén espera contar cos mancados ademais das dúas novas fichaxes que debutaron fronte ao Baiñas: José e Massar, este último Senegalés, non estará listo aínda "Belar" que continúa de baixa.   
          

Campo, hora e árbitro:

2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 13ª:

Campo             :           “Municipal de Arliña”    (Muxía, 100 x 55, herba artificial)                       
Equipos           :           MUXÍA CF  –  SCD MALPICA
Data e hora     :           Domingo: 09-12-18, 16:00 horas.- 
Árbitro             :          Sr. Óscar Santos Rodríguez, (1ª Galicia, colexio Costa da Morte)

  Á Asociación de Veteranos da SCD Malpica, non teñen competición esta fin de semana, aprazándose a liga unha semana. 
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 2 de diciembre de 2018

Resultados e clasificacións da xornada "Liga da Costa":


    O CD Baiñas, chegou, marcou, sesteou  e gañou na "Pedra Queimada", nun partido gris, a unha SCD Malpica que mereceu moito mais e que só a malisima mala fortuna ante a portería vistante lle impediu un folgado triunfo, ocasións clarísimas de gol dos debutantes,  José e Massar, permitironlle aos de Baiñas marcharse cos tres puntos.
    
   Gol: corría o min. 14, cando a única xogada ben trenzada da dianteira visitante, permitiu un desmarque do hábil Pablo Muiño, que bateu irrimisiblemente cun tiro cruzado, fora do alcance da saída de Eusebio.

    Aliñación da SCD Malpica: Eusebio; Mante, Brais Ceán, Dimitri, J. Fuentes; Laik, (Roberto, 75), Marcos, (Massar, 60), Aitor, Brais Lado, Alberto H. (Dani Casal, 60), José.

    Polo que respecta aos veteranos da A.V. SCD Malpica, lograron un abultada goleada en "Xaviña" ante o Buño Veteranos SD, demostrando que son un equipo compacto e con alardes goleadores.
Goles: 0-1, m. 2: Palermo. 1-1, m. 21: Pedro. 1-2, m. 23: Arcay. 2-2, m. 36: Víctor. 2-3, m. 43: Palermo. 2-4, m. 47: Palermo. 2-5, m. 55: Palermo. 2-6, m. 81: Palermo. 2-7, m. 85: Antonio. 3-7, m. 86: Dani Calvete. 4-7, m. 87: Víctor.

A continuación refléxanse os resultados e clasificación da xornada:

     



 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!


           

jueves, 29 de noviembre de 2018

Escrito ao Comité de Competición da RGFF:


    

    O Comité de Competición de Real Federación Galega de Fútbol (en diante RFGF)
“NINGUNEA” e “INDIGNA”  ao clube SCD Malpica, trala Resolución aplicada a este clube, polos acontecementos avidos no partido do pasado domingo no campo “San Paio de Refoxos” de Cee, entre os equipos UC Cee-SCD Malpica.

F E I T O S :

    O Comité de Competición da RFGF, notifica unha Resolución, totalmente contraria aos intereses da SCD Malpica e sanciona a tres futbolistas deste clube cun partido, baseándose, entre outras, nas Regras de Xogo da IFAB (internacional Fútbol Asociación BOARD), dependentes DA FIFA.
    Concretamente, alude a Regra nº 13, pero sen argumentar o seu contido, pasando olimpicamente das alegacións presentadas pola SCD Malpica, incluso con aportación de probas video gráficas, claras e concisas da “xogada” que ocasionou a polémica e os motivos das tres expulsións con tarxetas vermellas directas ( a cuarta expulsión foi por dobre amarela).
    A citada xogada transcorreu no min. 85, sancionando o árbitro unha clara falta ao UC Cee á altura da liña divisoria dos dous campos. Dado o pouco tempo que faltaba para o final do partido e, como o marcador tamén lle era desfavorable, un futbolista malpicán intentou o saque rápido da falta, para intentar polo menos a igualada no marcador, pero é aquí, que xorde a polémica ocasionante da posterior tángana; un futbolista do UC Cee ponse diante do “coiro” a unha distancia milimétrica evitando intencionadamente o seu lanzamento ocasionando un lóxico rexeite do “coiro” nas súas pernas ata chegar a outro compañeiro, que tampouco se atopaba a distancia regulamentaria (9,15 m.), como sinala a Regra nº 13 da IFAB, este avanzou só sen obstáculo algún,(xa que os futbolistas da SCD Malpica, estaban todos a espera de remate nun saque longo), encarando a portería malpicana e batendo ao seu porteiro.
    O resultado da xogada, visualizase moi claro no vídeo aportado pola SCD Malpica ao Comité.
   
ACLARACIÓNS:

    Aclarase aos lectores deste blogue que, as sancións impostas polo Comité aos tres futbolistas das tarxetas vermellas, baséanse no artigo 106.c) do Regulamento Disciplinario da RFGF cuxa redacción di así: “dirixirse aos árbitros en termos de menosprezo e desconsideración…”
    Á SCD Malpica pretendía no seu escrito de alegacións, dado que de non existir a infracción do futbolista local na falta ocasionante da tángana, non se producirían ás expulsións, que se lle aplicara o artigo 102.c) que di: “formular reparos ao árbitro…”
isto só sería motivo de AMOESTACIÓN, que sería o mais xusto, tal como se desarroiaron os acontecementos. O propio árbitro fai constar na Acta que, dous dos expulsados dirixíronse a el nos seguintes termos: “árbitro es moi malo” outro a esta frase engadiulle a palabra “imbécil” ao final do partido
En canto á Regra nº 13 da IFAB (páxina 111), Tiros Libres, consta de tres apartados:
1.- Tipos de tiros libres.
2.- Procedemento: Este apartado, entre outras, dispón que, “os futbolistas adversarios deben permanecer como mínimo ante o lanzador da falta a distancia de 9,15 m., salvo que estean sobre a liña de meta ou si se trata dun lanzamento dun penalti”.
3.- Infraccións e Sancións: Este apartado consta de catro parágrafos e dúas indicacións.
No primeiro parágrafo, e, onde o Comité recolle as súas conclusións, só se fixa en dúas ringleiras, cando o texto integro é moito mais indicativo.
O texto integro di así: “ Si ao executar un tiro libre un adversario se atopa mais preto do “coiro” que á distancia regulamentaria (9,15 m.), volverase a executar o tiro ao menos que se poida aplicar a vantaxe; (Pero se un futbolista executa un tiro libre rapidamente e un adversario que esta a menos de 9,15 m. intercepta o “coiro”, o árbitro permitirá que continúe o xogo). “E aquí a interpretación do Comité”. “Non obstante, (continúa o texto) un adversario que impida deliberadamente o saque dun tiro libre deberá ser amoestado por retardar a reanudación do xogo”.

C O N C L U S I O N S:

    Así as cousas e, vistos os artigos do regulamento que afectan ao caso e a Resolución do Comité de Competición da RFGF, este humilde comentarista conclúe particularmente, que o Comité actuou sen aplicar xustamente a regulación, lavándose as mans coma Pilatos e acusando unha Prepotencia  de ORDENO E MANDO, sen entrar debidamente no fondo da cuestión e as repercusións negativas que causan ao clube SCD Malpica, poñéndose sempre en contra dos mais débiles.
    Xa se sabe que sempre queda a opción de recuso ante o Comité de Apelación, pero calquera entende que este Comité non se reúne semanalmente e tratándose só dun partido de sancións a os tres futbolistas, non daría tempo material para solucionar o tema para o vindeiro partido.
POR TODO EXPOSTO:
    Conclúo  este comentario argumentando o que se indica no encabezamento, á SCD Malpica, foi “NINGUNEADO” “AVASALLADO” E “DESQUICIADO”.
  

    P.D.:  Esta grafía foi realizada libremente a iniciativa do propietario deste blogue, sen coacción algunha por parte de ningún membro directivo do clube SCD Malpica e incluso sen estar enterados. É unha opinión moi persoal.

 PARTIDOS PARA ESTE FIN DE SEMANA DA SCD MALPICA E VETERANOS:

   Con moitas baixas se presentará a SCD Malpica este domingo ante o perigoso CD Baiñas, que, aínda que leva competindo tan só sete tempadas coa actual, (Dúas en 3ª Galicia e Cinco en 2ª) esta a competir con moita autoridade, tendo nas súas ringleiras, homes goleadores coma Pablo Muiño e Javi.
   Dificil papeleta se lle presenta ao adestrador local Adrián Bardanca (Gurita), para confeccionar unha aliñación con garantías ante tan complicado rival. Aínda que esta semana, os malpicáns efectuaron dúas novas incorporacións.

    Pola súa banda, á Asociación de Veteranos da SCD Malpica, tras vencer o pasado domingo ao D. Carballo, viaxa a Buño para enfrontarse ao equipo local de veteranos, onde espera regresar cos tres puntos debido ao mal momento que atravesan os oleiros, non será nada fácil pero con esa intención viaxan.
   


2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 12ª:

Campo            :           “Pedra Queimada”    (Malpica, 100 x 60, herba artificial)                      
Equipos           :         SCD MALPICA  –  CD BAIÑAS
Data e hora     :           Domingo: 02-12-18, 16:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Rubén Reborido Rodríguez, (1ª Galicia, colexio da Coruña)

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 1ª volta – Xornada 12ª:

Campo            :           “Xaviña“           (Buño, 99 x 60, herba artificial)
Equipos           :           BUÑO VETERANOS SD  –  A.V. SCD MALPICA 
Datas e hora    :           Domingo: 02-12-18, 10:00 Horas.-
Árbitro            :           Sr. Óscar Rei Sánchez, (Colexio da Coruña)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!