Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 26 de junio de 2022

FINAL "COPA COSTA" VETERANOS E SEMIFINAIS DE AFECCIONADOS:

   PECHOUSE A TEMPADA 2021/22, DOS VETERANOS DA "COSTA" E PECHOUSE COA FINAL DA "COPA DA COSTA" DISPUTADA NO CAMPO DA XAVIÑA DE BUÑO ÁS 11 HORAS, COA DISPUTA DA FINAL, ENFRONTÁNDOSE OS EQUIPOS DE SD S. LOUREZNO DE BERDILLO E ACD S. ROMÁN DE CABO VILANO, RESULTOU BRILLANTE VENCEDOR Á SD S. LOURENZO:

 Cadro explicativo:

 

 Non houbo sorpresas nas semifinais da "Copa da Costa" de afeccionados celebradas esta tarde nos campos da "Arliña" (Muxía) e Xosé Luís Vara (Esteiro-Muros), tanto a SCRD Esteirana como á SD Fisterra, eran favoritos e así o demostraron no campo, aínda que os rivais puxéronllo difícil, especialmente o Muxía CF que logrou adiantarse no marcador.

Estes foron os resultados:



AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 19 de junio de 2022

COPAS DA COSTA: AFECCIONADOS E VETERANOS:

        Sen sorpresas nos resultados da "Copa da Costa" de afeccionados. Salientar a suspensión do partido UD Monte Louro-SCRD Esteirana, por causa dunha lesión entre dous futbolistas.

      Polo demais nos resultados que se deron nestes cuartos de final destaca o triunfo da SD Castriz en Berdillo e a goleada do Muxía ante o Outes FC, considerase normal o triunfo da SCD Fisterra ante o Volantes de Baño, pola diferencia de categoría.

     Nos resultados da "copa" dos veteranos, sorprende a derrota no seu campo, aínda que sexa por penaltis, do Arasolis FC ante ACD San Román e considerase normal o pase a semis da SD San Lourenzo (un primeira) ante o Buños SCD.

     A continuación detallanse as táboas dos resultados e os clasificados para as seguintes fases:


AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 12 de junio de 2022

AVANCE INFORMATIVO: "COPAS DA COSTA":

   Esta mañá disputáronse os cuartos de final da "copa da costa" de veteranos, dándo os resultados que mais abaixo se detallan; nesta eliminatoria, quedou apeado á SCD Malpica, ante o "lider" e campión da liga regular o Arasolis FC de Fisterra, (4-0).

   Goleadores:  1-0, m. 10: Antonio Canosa. 2-0, m. 16: Alberto Marcote. 3-0, m. 48: Luís Velay. 4-0, m. 51: Juanjo Martínez.

   Este resultado non empaña para nada á excelente tempada dos veteranos malpicáns, os cales tras clasificarse para a promoción de ascenso, caeron na copa, ante o campión.

  

      Ao longo da tarde, celebráronse os partidos de Oitavos de Final da "copa da costa" de afeccionados, na que houbo grandes sorpresas, como son, as eliminacións dos equipos de 1ª Galicia: CF Corme, CF Dumbría, Ponteceso SD, Mazaricos, CF e o CD Baio a cargo de equipos da 2ª Galicia.

      Os resultados foron os seguintes:

 


 
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

   

domingo, 5 de junio de 2022

RESULTADOS DA COPA DA COSTA-AFECCIONADOS E VETERANOS:

   Disputáronse este domingo as eliminatorias da "copa da costa". No que atañe aos veteranos foron os oitavos de final en canto ao afeccionados foron os dezaseisavos.

  En veteranos, os compoñentes da SCD Malpica, lograron o seu pase a cuartos, nada menso que derrotando a todo un ADC Veteranos de Ponteceso, na tanda de penaltis (0-3), o partido acabou con empate a ceros.

Os malpicáns, que non erraron nos tres penaltis que lanzaron por mediación de: Carlos, Mútiu e Gurita, conseguiron o pase, ao errar os tres lanzamentos seguidos de José Rei, Fº García e Ángel Suárez, por parte dos pontecesáns.

   Vexan a continuación os marcadores de ambas categorías nas táboas que se detallan:



AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!