ACTUALIDADE
DA SCD MALPICA:
Despois de
varias e laboriosas xuntanzas entre o Presidente e Secretario da SCD Malpica, Manuel
Suárez Cotelo e Fernando Couto García respectivamente, co Concelleiro de
deportes do goberno municipal de Malpica, Iago Espasandín, co fin de chegar a
acordos relacionados coa continuación en competición por parte de clube
malpicán co equipo de Infantís e do abono polo Concello da subvención municipal da tempada 2016/2017, que acaba de
finalizar, solicitada e prometida polos gobernantes locais para que o clube competise
na categoría base, (alegan que aínda non teñen aprobados os presupostos)
non se chegou a ningún consenso, pola intromisión ademais, da UD Cerqueda, que,
pretendía e pretende competir esta tempada co equipo de Infantís, rompendo así
o Concelleiro o pacto verbal que alcanzara a principio da tempada coa SCD
Malpica. Como por outra banda a subvención
tampouco se levou a efecto, os
dirixentes do clube da capital do municipio optaron en principio, por presentar
a dimisión irrevogable e, dar de baixa ao clube na Federación Galega de Fútbol.
“Breve Historia”:
Ao comezo da
tempada 2016/17, a concellería de deportes de Malpica, que mantiña un plantel de
rapaces/as de base, encadrado no Grupo de Acción Costeira, participando e competindo
en fútbol 8 fútbol sala ademais doutro tipo de deportes, concertou coas
directivas dos clubes: SCD Malpica, Buño SCD e UD Cerqueda, sendas xuntanzas,
coa fin primordial de crear equipos de fútbol
campo de base, intentando crear un aliciente para as afeccións de ambos
clubes e ao mesmo tempo dotar nun futuro aos equipos malpicáns de futbolistas
nados no propio Concello.
Destes tres
clubes, só a SCD Malpica, accedeu a crear novo equipo de fútbol 11, loxicamente
con apoio municipal de colaboración na selección de rapaces e por suposto apoio
económico, para poder satisfacer gastos de equipación, desprazamentos etc.., para
elo, a concellería de deportes e a directiva da SCD Malpica concertaron un
pacto verbal, condicionado a continuar en tempadas vindeiras coas categorías de
base. Os demais clubes reunidos, só aceptaron competir na categoría de fútbol
7, ao parecer, alegando falta de rapaces/as.
Agora, esta
tempada 2017/18, xurdiron, por parte dos demais clubes de Concello, (Buño SCD e
UD Cerqueda) competir tamén coa base, e así llelo comunicaron ao Concelleiro de
deportes; programando este, xuntanzas coas tres directivas e incluso con algúns
dos pais dos rapaces/as.
Despois dunhas
tres ou catro xuntanzas, non houbo problema algún por parte do Buño SCD, que se
conformou con comezar cun equipo de Alevíns, ah!, pero non así por parte do
outro equipo, pois este, quería e quere os Infantís, que estiveron competindo
moi ben por certo, a tempada pasada coa SCD Malpica, e que este clube quería
loxicamente continuar con eles, por dous motivos, primeiro, por que xa os ten
rodados e segundo polo pacto que tivera o clube co Concelleiro. A directiva
malpicán, por tanto considera unha intromisión do conxunto de Cerqueda.
Así as cousas, os directivos da SCD Malpica, vendo a
pasividade do Concelleiro (que parece que mira mais polos “votos” ca polo
cumprimento do seu pacto), optaron por ameazar coa dimisión.
Tras uns 15 días
de reflexión, os compoñentes da xunta directiva da SCD Malpica, cuxos datos ao
final deste escrito se facilitarán, tras xuntanza mantida no día de hoxe,
acordaron continuar nos seus postos, e, ademais, participar, non só na
categoría de Afeccionados senón tamén na de Infantís, e na de Cadetes.
A composición da
xunta directiva e o cadro de técnicos para a presente tempada 2017/2018, é a
seguinte:
Presidente: Manuel Suárez Cotelo (3ª Tempada)
Secretario : Fernando Couto García (3ª Tempada)
Vogais : Federico Blanco Charlín (2ª Tempada)
Id.
: Manuel Verdes Lista (3ª Tempada)
Id.
: Manuel Vilas Varela ((3ª Tempada)
Adestrador do 1ª Equipo: Alberto
Felipez Ventureira (2ª Tempada)
Coordinador Deportivo e Adestrador de Infantís e Cadetes:
José Ramón Esmoris Carracedo ( Moitos anos ao servizo
da SCD Malpica)
AGORA
E SEMPRE COA SCD MALPICA!