Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

martes, 8 de abril de 2014

Goleadores "Liga da Costa" 1ª Aut. G. II e SCD Malpica:

Aumenta a vantaxe Óscar Suárez na cabeza da táboa dos goleadores da 1ª Aut. G.II, posto que nin Roberto Pladur nin Kike Paluca, dúas semanas coa pólvora molllada, foron capaces de aproximarselle, agora ambos quedan a cinco e sete goles respectivamente e xa a vinte o baiés Martín MC, por elo é difícil que, en catro xornadas que faltan para o remate da liga, poidan arrebatarlle o trofeo "pichichi" ao malpicán.

Moito mais apertada vai a loita de máximo goleador na 2ª Aut. da "Costa", pois aos cinco anteriores candidadtos súmaselle un sexto e, terceiro cormelán, o "pesca goles" Alejo, o cal cos dous tantos da última xornada, achégase tamén a cabeza con 16 tantos.

En canto aos goleadores da SCD Malpica, Óscar Suárez, continúa intratable, así como o veterano Richard, e moito mais nivelado vai a confrontación goleadora entre os xuvenís.

A continuación, refléxanse as táboas clasificatorias:



AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!