Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

sábado, 27 de enero de 2018

Avance informativo:

 
    Exitosa vitoria dos cadetes da SCD Malpica no campo de San Paio de Refoxos de Cee, ante o UC Cee:
    
Resultado: UC Cee  1 - 2  SCD Malpica

Goleadores malpicáns: Raúl e Pereira

     Resultados e clasificacións da categoría de Cadetes "Costa", disputados esta mañá:





AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA

De extraordinaria pode catalogarse a vitoria da SCD Malpica fronte ao Outes CF, non por que a mesma fora ante un equipo dos punteiros da táboa, senón, por que é a terceira consecutiva que catapulta ao conxunto malpicán momentaneamente fora dos perigosos postos de descenso, quedando xa este a catro puntos.
A vitoria labrouse con goles de Dani Casal e Vituco.
Estes foron os resultados da xornada e así queda a clasificación actualizada:


AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA !

    Comeza a xornada desta fin desemana por parte dos equipos da SCD Malpica, os cadetes de Esmoris, desprazándose o sábado a Cee.
    A continuación o domingo o equipo afeccionado de "Repi", se despraza á Serra de Outes onde se enfrontará ao Outes CF, conxunto que marcha na actualidade de "faroliño vermello". Teñen unha boa oportunidade os malpicáns de conseguir puntuar, o que serían tres xornadas sen perder e poría terra de por medio dos postos baixos da táboa.
   En canto aos veteranos do Malpica, disputan na "Pedra Queimada" o seu partido aprazado fronte ao Corme.
     Éstes son os campos, horarios e árbitros dos partidos: 
  

2ª Autonómica Grupo II –2ª volta – Xornada 18ª:

Campo            :           “O Conchido”    (Outes, 100 x 63, herba artificial)                     
Equipos           :           OUTES CF  – SCD MALPICA  
Data e hora     :           Domingo: 28-01-18, 17:00 horas.-  
Árbitro             :          Sta. Mª Ánxeles Suárez Santos , (Colexio Santiago)
           
            1ª Autonómica Cadete Grupo II – 2ª volta – Xornada 14ª:
Campo            :           “San Paio de Refoxos”  (Cee, 104 x 68, herba artificial)
Equipos           :           UC CEE    SCD MALPICA   
Data e hora     :           Sábado: 27-01-18, 16:30 horas
Árbitro            :           Sr.José Ageitos Pasantes , (Colexio da Costa da Morte)

XV Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – Xornada 18ª:

Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)
Equipos           :           MALPICA -  CORME    
Datas e hora    :           Domingo: 28-01-18, 10:30 horas.-
Árbitro            :           Sr. Juan.-

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!


domingo, 21 de enero de 2018

Resultados e clasificcións da "Costa":


      Una paso adiante da SCD Malpica, para apartarse dos postos perigosos do descenso, esta tarde, nun partido moi serio, logrou unha importatísima vitoria ante un gran rival, o Corme CF, que demostrou o por que que se atopa nos postos altos da táboa.

      O gol malpicán logrado no min. 4, por la nova fichaxe Juan Fuentes, de tremendo testarazo a saída do primeiro saque de corruncho botado ante a portería do porteiro visitante Suso.

        Pola contra, mala xornada para os Cadetes, os cales caeron na "Pedra Queimada" ante unha Esteirana que se presentou só a xogar con dez futbolistas. A falta do adestrador Esmorís por enfermidade, os rapaces non foron quen de xogar o0tganizados.

         Os gol local, logrouno Luisito. 
         Trala xornada de hoxe, 17ª para Afeccionados e 13ª para Cadetes, estes foron os resultados e así quedan as clasificacións:

 
 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

Avance deportivo:

   Esta mañá disputouse o partido de Cadetes entre á SCD Malpica e a SCRD Esteirana, o resultado foi de:

   SCD Malpica  1 - 4  SCRD Esteirana

  O gol malpicán foi conseguido por Luisito.-

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

sábado, 20 de enero de 2018

Axenda de partidos da SCD Malpica desta fin de semana:

    Este domingo, á SCD Malpica recibe en campo propio ao Corme CF, esquipo este que comezou a liga titubeante, pero, a medida que foi avanzando a competición foi subindo peldaños ata chegar á terceira posición logo de 16 xornadas disputadas, nelo tamén infuíu a incorporación do seu goleador Alejo, o cal, en só cinco xornadas xa conseguiu a friolera cifra de dez goles (a 2 por partido). O conxunto cormelán nas dúas últimas xornadas logrou 17 goles (9-2 ao Lira CF e 8-0 ao Buño SCD).
     Pero éstes resultados  escandalosos (mais dun partido de balonmán ca de fútbol), non amilanan ao equipo da SCD Malpica, pois os homes de "Repi", trala súa vitoria en Cee e coa incorporación de Juan Fuentes (central do Ordes) e a volta de Eloy Cabeza, tras un longo tempo mancado, esperan frear ao ultimamente poderoso Corme e continuar a marcha ascendente na táboa para dar tranquilidade aos seguidores malpicáns.
     
      Pola súa banda o equipo Cadete que adestra "Esmoris", recibe tamén en feudo propio, á SCRD Esteirana, equipo punteiro da competición.
       Os rapaces malpicáns, esperan conseguir un resultado positivo deixando atrás a mala imaxe causada a semana anterior en Coristanco.
        A continuación detállanse os horarios e árbitros dos enfrontamentos dos conxuntos da SCD Malpica:

 

2ª Autonómica Grupo II –2ª volta – Xornada 17ª:

Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)                  
Equipos           :           SCD MALPICA   CORME CF
Data e hora     :           Domingo: 21-01-18, 16:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Juan Miño Rojas, (Colexio A Coruña)
           
            1ª Autonómica Cadete Grupo II – 2ª volta – Xornada 13ª:
Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)
Equipos           :           SCD MALPICA    SCRD ESTEIRANA   
Data e hora     :           Domingo: 21-01-18, 12:00 horas
Árbitro             :           Sr. Juan Marcos Rios Suárez, (Colexio da Costa da Morte)

        Os Veteranos malpicáns, tócalles descansar nesta xornada, pero disputan un amigable:
Campo             :          "Pedra Queimada" 
Equipos           :          MALPICA - NANTÓN
Data e hora      :          Domingo: 21-01-18,   10:00 horas 

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 

domingo, 14 de enero de 2018

Avance informativo:


    Xusta vitoria dos Cadetes da SD Coristanco  esta mañá no campo da "Rocheira", fronte a unha totalmente durmida SCD Malpica.
    Os rapaces malpicáns de Esmoris, moi frouxos en ataque, conseguiron aguantar o empate a cero ata o min. 84  (o árbitro prolongou 5 minutos o partido) grazas ao bo sistema defensivo empregado.

 Un gol de Dani Casal ao inicio da segunda parte, ( m.49) dalle algo de alento á SCD Malpica, para continuar coas as súas aspiracións de abandoar os últimos lugares da táboa, a vitoria en Cee, foi merecida, pois o dispositvo táctivo presentado polo "mister" Repi en San paio de Refoxos, non só permitiu parar as embestidas do rival, senón que serviu para crear varias ocasións de perigo ante a meta do Cee. Unha delas foi aproveitada moi ben por Dani Casal. 

Noutro orde de cousas, os veteranos do Malpica, acabaron perdendo en Carballo, ante o D. Carballo por 3-1.-
  AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!


viernes, 12 de enero de 2018

Axenda de partidos da SCD Malpica para esta semana:




2ª Autonómica Grupo II –2ª volta – Xornada 16ª:

Campo            :           “San Paio de Refoxos”    (Cee, 104 x 68, herba artificial)                      
Equipos           :           UC CEE   SCD MALPICA  
Data e hora     :           Domingo: 14-01-18, 16:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. , (Colexio A Coruña)
           
            1ª Autonómica Cadete Grupo II – 2ª volta – Xornada 12ª:
Campo            :           “A Rocheira”     (Coristanco, 93,10 x 54, herba artificial)
Equipos           :           SD CORISTANCO    SCD MALPICA
Data e hora     :           Domingo: 14-01-18, 12:00 horas
Árbitro             :           Sr. Óscar Santos Rodríguez, (Colexio da Costa da Morte)

XV Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – Xornada 16ª:

Campo            :           “Anexo As Eiroas”   (Carballo, herba artificial)
Equipos           :           D CARBALLO - MALPICA     
Datas e hora    :           Domingo: 14-01-18, 10:30 horas.-
Árbitro            :           Sr. Juan.-

     Difícil saída da SCD Malpica de afeccionados ao campo "San Paio de Refoxos" de Cee para enfrontarse a un histórico da "Costa" que non esta atravesando por un bo momento.
    Os malpicáns, buscarán nesta ocasión, acadar os tres puntos para, para saír dos postos baixos da táboa onde sen ven inmersos, trala derrota do pasado domingo.
    
     Os Cadetes de Esmoris, reanudan a competición tralo para do Nadal visitando á SD Coristanco na "Rocheira", e intentarán continuar coa racha postiva do último partido en Ponteceso.
  
     Os veteranos, acúden a Carballo para disputar o partido da 16ª xornada ante o D. Carballo.
 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!