Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

jueves, 7 de agosto de 2014

Actualidade da SCD Malpica:



Partidos Amigables:
Campo             :           “Anexo As Eiroas” (Carballo, 98 x 51)
Equipos           :           BERGANTIÑOS FC (Xuvenil, Liga Nacional)   SCD MALPICA  
Data e hora      :           Sábado: 09-08-14, 18:00 horas.-
-       - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Campo             :           “Pedra Queimada” (Malpica, 100 x 60)
Equipos           :           SCD MALPICA  -  LARACHA C.F.  (3ª división)
Data e hora      :           Domingo: 10-08-14, 19:00 horas.-

Logo de seu curto percorrido pola “Copa Deputación” da Coruña, a SCD Malpica, inicia un serie de partidos de preparación de cara a nova tempada próxima a comezar, (07-09-14), a cal se presenta moi competida e cuxa primeira xornada será protagonizada polos equipos que figuran no recadro mais abaixo reflexado, logo do calendario da competición que publicou hoxe a F.G.F.; comezando para os malpicáns en campo propio fronte ao CD Unión de Asados (Rianxo).



        A SCD MALPICA, presentará varias novidades con respecto a pasada tempada, tal como se adiantou neste blogue hai unha semana e que reproducimos de novo no día de hoxe coas novas fichaxes dende aquela data:

ADESTRADOR:            Óscar Suárez Serrano
2º ADESTRADOR:        Juanjo Rabuñal Díaz
PORTEIROS:              Pombo  e  Abraham.
DEFENSAS:                 Adrián, David Castro, Alemán, Juanjo Rabuñal, Dani García, (Recuperándose da   grave
                                   lesión sufrida), Kevin, (procede dos xuvenís), Diego *, (Retorna),  Pablo Díaz,
(procede do Bergantiños xuvenil).
CENTROCAMPISTAS: Ismael, Cheo, Fernando Varela, Juan Carlos, (O Vello), Diego Alonso, (procede
das categorías inferiores do Laracha CF e Bergantiños xuvenil).
DIANTEIROS:               Esteban, (Ponteceso e Atl.Arteixo), Martín Maradona, Almeida, (procede dos Xuvenís).
                                   Rodrigo **, (procede do UC Cee, antes do CF Dumbría, xuvenil).

·         Procede da SD Sofán, logo de figurar na SCD Malpica, nas Tempadas: 03/04, 04/ 05, 05/06, 06/07 e 07/08, (5 Tempadas) marcando 15 goles.

**   Este dianteiro nato, marcou 5 goles na tempada pasada co UC Cee, a pesar
      de non poder disputar a tempada completa por motivos de estudos.             

NOTA:                          O equipo malpicán, conta ademais para a tempada, cunha serie de xuvenís, que
                                   alternarán a competición xuvenil co primeiro equipo, entre os que destacan: Petís,
                                   Alberto, Eloy, (A lebre), David, e posiblemente algún mais, de feito están adestrando
                                   coa primeira plantilla.


BAIXAS:                      David Baña, (adestrador). Óscar Suárez, Andrés, Manuel Casal, Tato, Quique Casal,
(retirados).
                                               Mario Casal, Eloy Cabeza, (Baiñas CF). Neucha, (Buño SD).  Abel e David Blanco,
                                               (Este último fichado do SP. Zas, que retorna).                                            

miércoles, 6 de agosto de 2014

Copa Deputación da Coruña:


Despois de disputados os Oitavos de final da "Copa Deputación" da Coruña, salvo o partido SD Compostela-Racing Club de Ferrol, que se celebrará mañá xoves, pasan a Cuartos de Final, os sinalados en verde no recadro adxunto.

ÚLTIMA HORA:     O partido pendente do cuadro do Oitavos de final disputado esta tarde, acabou co resultado de, 

COMPOSTELA  0 - 2 RACING DE FERROL.- 

Pasando por tanto a completar o cadro de Cuartos de Final, o Racing de Ferrol, que se enfrontará ao CD Boiro.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

Actualidade do fútbol "costeiro"



REUNIÓN DA FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL COS CLUBES DA “COSTA”, PARA FIXAR DEFINITIVAMENTE A COMPOSICIÓN DOS GRUPOS E AS DATAS DE COMEZO E TÉRMINO DAS COMPETICIÓNS PARA A TEMPADA 2014 / 15.

        Presidida polos Sres. Benjamín Amido e José Gerpe, membros federativos, tivo lugar esta tarde-noite en Baio, a reunión habitual cos representantes dos clubes “costeiros”, para definir os Grupos de Competición das distintas categorías nas que participan, así como as datas de comezo e finalización das mesmas.
            Igualmente serviu para que os distintos representantes, presentaran ao Sr. Amido, as variacións horarias ou de coincidencia nos campos (aqueles que teñen que compartilos) con outros equipos.

            Finalmente, tamén houbo un pequeno sorteo, para dilucidar que equipos xuvenís, deberían formar no Grupo II (Sur), para que os dous Grupos quedaran constituídos polo mesmo número de clubes (10), posto que, había discrepancias entre SD Castriz, Muxía CF e SP Zas, finalmente foron os dous primeiros os que competirán no Grupo II, previo sorteo dunha man inocente, tal como figura na foto que se reseña.

            Cabe destacar que, dos 35 clubes participantes, faltaron a cita nove: UD Carnota, SD San Lourenzo, SD Fisterra, UD Montelouro, Camariñas FC, SD Ameixenda, SCRD Esteirana, CF Dumbría, E.D. Os Miúdos.

A continuación detállanse as composicións definitivas dos Grupos de, 1ª Aut., 2ª Aut., 3ª Aut. e 1ª Aut. xuvenil (Grupos 2º e 3º), coas datas de comezo e final:  


Neste Grupo da 1ª Aut., houbo dúas peticións. Foron protagonizadas polo CD Baio e pola SCD Malpica, ambas para comezar a liga competindo en campo propio.
 Na 2ª Aut. as solicitudes foron as do Cabana SD e SD Camelle, para disputar os seus e partidos os sábados, o primeiro ás 18:00 horas e o segundo en horario oficial.
Buño SD e Outes CF, solicitaron xogar os seus partidos como locais, en horario fixo das 17:00 horas, todos os domingos da tempada.

Na 3ª Aut. a SD Laxe, e o CF Castrelo, disputarán os partidos como locais os sábados en horario oficial, mentres que, a UD Cerqueda, os Domingos
 as 17:00 horas, non coincidindo co Buño


Nos partidos de xuvenís, só o Cabana SD, solicitou disputar os seus partidos como local o sábado ás 16:00 horas, durante toda a liga.
Polo demais pola FGF. autorízase a todos equipos xuvenís que, sen solicitar autorización ao equipo contrario, poden trasladar os seus partidos como local para os domingos pola mañá. 






Momento do sorteo na que unha man inocente, traslada á SD Castriz e ao Muxía CF, para o Grupo 2º, deixando ao SP. Zas no 3º,

Panorámica do salón de actos, de Baio, durante a reunión .-
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

lunes, 4 de agosto de 2014

Resultados "Copa Deputación" 3ª Rolda:

 Extraordinaria competición están levando a cabo os dous 1ª Autonómica: Olimpico de Rutis CF e o CSD Arzúa.

Polo demais, continúan en oitavos: 

Dous 2ª B, Nove 3ª e Tres Preferente.

Todo elo, concerniente a tempada 2012/13. 

 

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

jueves, 31 de julio de 2014

Cronica da SCD Malpica na "Copa Deputación" Da Coruña:



XXVI Edición da “Copa Deputación” da Coruña – 1ª Eliminatoria:

Resultado:           SCD MALPICA  0 – 1  CF DUMBRÍA 
SCD MALPICA: Pombo; Adrián, Kevin, (Diego, 67), Juanjo Rabuñal, Alemán, Fernando Varela, Ismael, ©, (Diego Alonso, 75), Petís, (Alberto, 58), Esteban, Martín Mara, (Almeida, 70), Juan Carlos.  
CF DUMBRÍA:     Iván; Rivi, Cespón, A. Makai, (David, 81), Aarón López, ©, Luisito, (Javi, 46), Jesús, (A. Nieto, 46), Kevin, (José, 46), Tantán, (Roberto, (x) 53), Cote, Brian.          
Árbitro:            Sr. Reborido Rodríguez, Rubén.- (1ª Aut. A Coruña). Moi ben.
Asistentes:         Sres. Recarei Añón e Boedo Varela.-  (2ª Aut. A Coruña). Ben ambos.
Goleadores:     0-1, m. 66: saque de curruncho botado por Adrián Makay, moi pechado ao segundo pau, e, cando o “coiro” parecía que ía ir fora de gol, aparece a bota de Aarón López, que o impulsa dentro da portería de Pombo, ante o asombro de defensores e porteiro malpicán.
Ambiente e incidencias: Tan só 35 seareiros nas bancadas.Onde están os socios e afeccionados da SCD Malpica,?. Hoxe era un partido para apoiar, debido a o rival de mais categoría, ademais de poder sacar uns cartos moi beneficiosos para a economía do clube coas cantidades que aporta a Deputación da Coruña, por competir.
Tarde soleada, aínda que con forte vento do N.E. que deixou a temperatura en 20º.
Xogadas perigosas da SCD Malpica: Numerosas ocasións tiveron os futbolistas malpicáns para sacar o partido adiante, anotamos as seguintes: M. 10: un pase de Juanjo Rabuñal, por enriba de defensa visitante sobre o desmarque de Fernando Varela, que este desaproveita en vaselina por enriba de Iván. M. 28: combinación ao primeiro toque entre, Juan Carlos, Esteban e Ismael, este cede a Petís, que, só ante Iván, lanza alto coa punteira. M. 31: internada de Martín Mara, que, ante a saída de Iván, pretende adornar o tiro en vaselina, pero o porteiro moi hábil, bloca en gran intervención. M. 44: un gran pase entre liñas de Petís, sobre Esteban, permítelle ao malpicán quedar só ante Iván, pero en lugar de tirar, pretende regatealo quedando sen ángulo de tiro e xa sen opcións o porteiro fáiselle co “coiro”. M. 61: un erro no rexeite do porteiro dumbriés Iván, estrelase contra o corpo de Esteban, o “coiro” sae mansamente con moito efecto hacha a portería, salvando o porteiro preto do poste dereito. M. 89: un centro de Alberto sobre o punto de penalti, rexéitao como pode a defensa, saíndo o “coiro” hacha a media lúa onde se atopa Almeida, que empalma un tiro de bolea, que sae lambendo o poste, cando se cantaba o gol.
Xogadas perigosas do CF Dumbría: M. 14: falta dende o vértice da área grande lanzada por A. Makai, que sae con moito perigo a ras do poste dereito de Pombo. M. 22: tras un saque de banda sobre a área malpicán, o “coiro” é rexeitado en curto aos pes de Cote, que, a media volta remata, salvando Pombo cos pes. M. 41: xogada individual de Cespón, dende a banda ata a liña de tres cuartos dende onde lanza un sorprendente zurdazo, que se vai lambendo o poste esquerdo de Pombo. M. .74: o xuvenil Roberto, dende 30 metros, arría un chupinazo a escuadra, que Pombo, aborta cunha gran parada. M. 85: o porteiro suplente David, que saíra en substitución de A. Makai, uns minutos antes, ten unha clara ocasión nun man a  man ante Pombo, que este aborta na súa saída.
Comentario: Un oportunísimo gol de Aarón López, mediada a segunda parte, impediu que a eliminatoria se resolvera por penaltis. É certo que a vitoria do CF Dumbría, equipo con moitas caras novas nas súas ringleiras, non foi merecida, tal como se desarroiou o partido e que os malpicáns mereceron mais, pero a inexperiencia dos rapaces na parte dianteira, con numerosos erros ante Iván, propiciaron que o CF Dumbría, mais experimentado, aproveitara por medio do seu veterano central un clamoroso despiste nun saque de curruncho.
Así e o fútbol e hai que asumilo e non queda mais remedio que desexarlle sorte a o nobre e deportivo CF Dumbría nas seguintes eliminatorias.           

Ismael e Aarón López, capis con trio arbitral.



 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!