Libro coa Historia da SCD-Malpica

miércoles 21 de marzo de 2012

Clasificacións actualizadas de Xuvenís e Cadetes:




O GOLEADOR DAVID BLANCO, RETORNA Á SCD MALPICA:

O futbolista David Blanco, (Neaño-Cabana 1.988), uns dos mellores goleadores da "liga da Costa", retorna á SCD Malpica, despois do seu breve paso polo Santa Comba CF, de Preferente Autonómica. Os motivos de deixar ao clube xalleiro, son meramente laborables, pois non lle permiten adestrar con regularidade na categoría.-

David Blanco, que chegou por primeira vez á SCD Malpica en Novembro do 2008, (Tempada 2008/09) cedido polo Sp. Sada, tivo que causar baixa no equipo malpican 0 16-02-09, requerido de novo polo SP. Sada. Nos catro meses desa tempada, conseguiu anotar na SCD Malpica 7 goles.

De novo retornou á SCD Malpica, a principios da tempada 2009/10, conseguindo a friolera cifra de 28 goles na liga e 3 na "copa da costa".

Na tempada 2010/11, anotou 19 goles na liga e 3 na "copa da costa", causando baixa ao final de tempada, para fichar polo Santa Comba, de Preferente Autonómica.

Agora David Blanco, retorna de novo á SCD Malpica, polo que resta da tempada, na mañá de hoxe foi dilixenciada a su ficha federativa na sede da Fegafut. e, poderá ser aliñado o vindeiro Domingo en Fisterra, se o adestrador David Baña, o estima conveniente.

Dende este Blog, dámoslle a benvida ao futbolista goleador, desexándolle moitos éxitos no seu novo clube, os cales se os ten, tamén serán da SCD Malpica.-

martes 20 de marzo de 2012

Goleadores "Liga da Costa" e da SCD Malpica actualizadas::

A clasificación dos goleadores da "Liga da Costa" queda esta tempada moi aberta, coa marcha de LEO, para o clube CF Dumbría de Preferente Autonómica, así, teñen moitas mais opcións os  Vituco, MC, Javi Suárez, Mané etc..., rivais que preceden ao ata de agora camariñán, pois é moi posible que se logre superar as sete dianas que leva de vantaxe sobre o segundo clasificado, nas sete xornadas que aínda quedan por disputar. 
CLASIFICACIÓN ACTUAL





domingo 18 de marzo de 2012

Resultado da SCD Malpica:

2ª Autonómica Grupo III - “Liga da Costa” -Xornada 27ª (2ª volta):
Resultado:           BUÑO SD       0 – 0      SCD MALPICA
BUÑO SD:             Toni; Eloy, Brais Sanluis, Ángel, Diego, Jorge, Miguel Dourado, David, (Emilio, 70), Víctor Vilar, Ismael, Elías, (Rubén, 77),          
SCD MALPICA: Suso; David Álvarez, Marcos Amado, Iago, (Tato, 46), Marco, (Avelino, 51), Charly, Neucha, Eme, Pablo, Charro, (Manu Pardo, 85), Martín Uruguaio.
 Árbitro: Sr. Torreiro Ramos.- (2ª Aut..-A Coruña). Regular. Invalidoulle  xustamente un gol ao oleiro Jorge, por claro fora de xogo (63). Sinaloulle un fora de xogo  inexistente ao malpican Pablo, (69), cando este lle gañara a posición ao seu marcador e se dispuña a tirar sobre a portería de Toni.
Goleadores: Non houbo goles.-    
Ambiente e Incidencias:  Mais de 200 seareiros nas bancadas. Tarde fresca e soleada con nubes intermitentes e cunha temperatura de 13º. Non houbo mancados nin expulsados.        
Xogadas de gol SCD Malpica:        Poucas ocasións claras de gol crearon esta tarde os futbolistas da SCD Malpica, debido a presión exercida polos pupilos de Esmoris, sempre encima dos dianteiros malpicáns, só cabe destacar as seguintes:  m. 15: tiro de Neucha dende fora da área, que sae lambendo o poste. M. 38: xogada con caracoleo de Charro pola banda esquerda e, dende a liña de fondo centra atrás anticipándose a defensa ao remate de Pablo. M. 54: xogada na media lúa entre Neucha e Tato, este envía entre liñas sobre Pablo que remata á lateral da rede. M. 72: saque de curruncho de Eme, que remata de cabeza Tato, fora por pouco.        
Xogadas de gol do Buño: M. 16: Víctor en pugna con Iago, dentro da área, solicita penalti que o colexiado non concede. M. 27: falta lateral botada por Ismael que remata fora Diego de cabeza. M. 41: un correoso Víctor envía sobre Ismael, este dispara cruzado a esquerda de Suso. M. 44: escapada de M. Dourado pola súa banda, centra sobre Víctor, regatea a Suso pero queda algo escorado e, o seu tiro da na lateral da rede. M. 48: de novo o escurridizo Víctor, plántase só ante Suso, salvando moi oportuno o central malpicán Marco in ex tremis. M. 62: Víctor recibe un pase de David encara a Suso e, cando o gol se cantaba, o porteiro malpicán rexeita cun brazo. M. 71: de novo man a man de Víctor con Suso, o dianteiro oleiro, emborrachase de “coiro” e Suso, róuballe a carteira. M. 79: forte tiro de falta botada por Diego, que Suso rexeita de puños. M. 87: outra falta directa de Diego calcada a anterior a que Suso envía a saque de curruncho noutra nova e extraordinaria  intervención.
Comentario:        Segue a racha favorable de resultados da SCD Malpica, (15 partidos sen perder) aínda que esta tarde os homes de David Baña, con moitas baixas nas súas ringleiras, sufriron para sacar un meritorio empate, empate que, visto o visto, pode deixar satisfeitos aos visitantes. Os futbolistas de Esmoris, deron toda unha lección  de como hai que presionar a un equipo en teoría superior, se á clasificación nos remitimos, anulando practicamente por completo aos perigosos goleadores malpicáns.
O Buño SD, tamén con varias baixas, demostrou que, loitando así, salvará moi fácil a categoría, pois ten un bloque moi compacto cun perigoso Víctor Vilar na dianteira, que fai suar as defensas cando recibe o “coiro”, hoxe non estivo acertado na definición, xa que si estivera, estaríamos falando doutro resultado.         
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

Resultados de Cadetes e Veteranos da SCD Malpica:

2ª Autonómica Cadete-Grupo III-Xornada 27ª (2ª volta):)
Resultado:           CF DUMBRÍA  7 – 1    SCD MALPICA     
SCD MALPICA:    Iván; Cristian, (M. Zas, 66), Steven, (Chema, 64), Canario, Jorge, Mouri, David, Alberto, Julián, Rafa, Garrido,  (Arcay, 55).
Árbitro:                  Sr. Blanco Rodríguez.-( .-A Coruña).-   Moi acertada a súa labor.
Goleadores:         1-0: m. 10: Steven, p.m. 1-1, m. 13: David. (descanso). 2ª parte: Samuel, 3. Kevin, 1. Abel, 1 e Jorge, p.m.
Ambiente e incidencias:  50 persoas nas bancadas. Mañá fresca con nubes e claros e, 12º de temperatura. Non houbo expulsados nin mancados.          
Comentario:        Aguantaron moi ben os cadetes do conxunto malpicán na primeira parte do todopoderoso CF Dumbría, pero a mala fortuna quixo que ao descanso se chegara con igualada no marcador froito dun gol en propia meta de central Steven. Logo na segunda parte      o cansazo deixouse notar nos malpicáns, froito do derroche da primeira e, os locais acabaron goleando.
Este resultado non debe desanimar aos cadetes da SCD Malpica, que agora se lle presentan partidos mais asequibles para continuar avanzando na táboa e, sobre todo superar ao Muros, equipo este, que vai con tres puntos diante deles.
                 
IX edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano–Xornada, 25ª (2ª volta):
Resultado:           MALPICA     2 – 0     CAMELLE          
Árbitro:                  Sr. JUAN .-  Estivo acertadísimo.-
Goleadores:         1-0, m. 52: Agustín. 2-0, m. 72: Agustín.                                                     
Comentario:        Primeira parte mais nivelada en canto a ocasións de gol, pero con maior dominio territorial por parte dos “carrozas” malpicáns, os cales, mentres as forzas llo permitiron (O “mister” Dourado só contou con 13 futbolistas), levaron a iniciativa. Na segunda parte a pesar do cansazo, conseguiron materializar o dominio con dous goles de Agustín, para acabar sufrindo e pedindo a hora nos últimos dez minutos.                        
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
1ª Autonómica Xuvenil-Grupos III e IV -(2ª Fase) -Xornada 7ª:             
Resultado:           CF DUMBRIA “B”     2 – 3     SCD MALPICA
CF DUMBRÍA “B”: Brais; Rober, (Fabián, 86), Isma, (Kevin, 33), Denís, Andi, Jano, Yeray, Toja, Alcaina, (Jóse, 65), Rodrigo, Mario, (Abel, 61).          
SCD MALPICA: Jesús; Martín Uruguaio, Jorge, Pereira, Luísma, (Quintas, 41), Joro, Martín Maradona, Eme, Victor Novo, (Diego, 69), Adra, (Roque, 90+2), Camilo, (Miguel Ángel 75).
Árbitro:                 Sr. Campos Candal.- (Fútbol base.-A Coruña). Estivo bastante correcto na súa labor, xa que o partido foi de moita tensión. O banquiño local, protestoulle iradamente a sinalización do penalti por mans de Isma dentro da área. Anuloulle un gol ao dianteiro malpicán Víctor Novo, (64),  por suposto empurrón ao seu defensor, ao rematar de cabeza.
Goleadores:         1-0, m. 9: Jano remata de cabeza un saque de curruncho botado Yeray. 1-1, m. 13: Eme, lanza unha falta  sobre o punto de penalti, o dianteiro malpicán Adra e o defensor dumbriés Isma pugnan polo “coiro”  o defensor desvía coa man o suficiente para que o dianteiro malpicán non  poida rematar claramente, o Sr. colexiado que se atopaba moi preto da xogada sinala penalti, Adra, transfórmao. 2-1, m. 49: un balón cedido atrás pola liña media malpicán a súa defensa, permítelle ao dianteiro local Rodrigo, anticiparse cunha hábil finta, a unha indecisión entre os dous centrais, os cales con todo a favor e, un polo outro non rexeitan, o “coiro” chégalle a Yeray, desmarcado na banda dereita, vaise só e bate a Jesús no man a man. 2-2, m. 59: Víctor Novo, bate a Brais  de espléndido cabezazo en prancha, nun saque de curruncho de M. Maradona. 2-3, m. 90: Novo saque de curruncho de M. Maradona e, impecable cabezazo en prancha de M. Uruguaio, só no segundo pao.              
Ambiente e incidencias:  125 seareiros nas bancadas, nunha tarde nubrada e moi gris con momentos de sol. 12º de temperatura. Durante o partido houbo dúas tremendas nevadas con tormenta eléctrica. Debido a intensidade do partido, tiveron que saír mancados con problemas musculares os seguintes futbolistas: por bando local, Isma (33). Pola SCD Malpica, Luísma (41), Camilo (75) e Adra, (90+2).  
Xogadas de gol da SCD Malpica: A SCD Malpica, aparte dos goles, apenas disfrutou de xogadas claras de marcar durante o encontro, só anotamos unha no m. 39, nun pase de Adra sobre M. Uruguaio, que se marcha dende o medio campo pola banda dereita salvando a todos os contrarios que lle saías ao paso, xa dentro da área lanza un disparo a ras do pao esquerdo de Brais, que este detén con seguridade.          
Xogadas de gol do CF Dumbría “B”: O equipo dumbriés, gozou neste partido das seguintes oportunidades: M. 3: Rodrigo internase en posición de interior esquerda e, xa algo escorado tira alto. M. 11: trallazo de Rodrigo ao traveseiro o rexeite remátao de cabeza Alcaina, as mans de Jesús. M. 27: colada de Yeray ola banda dereita que se planta ante Jesús, pero o se disparo e rexeitado a saque de curruncho por Jesús. M. 33: falta botada por Yeray, o cabezazo de Rober, alto por pouco. M. 63: internada de Yeray, chega ata liña de fondo e cede atrás sobre Abel, este remata lambendo o poste.
Comentario:  Partido moi intenso o desta tarde no “Conco” con dous equipos en pos da vitoria, esta caeu a favor da SCD Malpica, que fixo un partido moi serio e, contando ademais con factor sorte, pois se foi o encontro que menos oportunidades de gol creou de toda a tempada, soubo definilo moi acertadamente en tres xogadas a balón parado que lles serve aos malpicáns alonxarse en cinco puntos na táboa.
O CF Dumbría “B”, aínda que tivo as oportunidades mais claras, non tivo o acerto de cara, pero tamén hai que dicir, que foi por que o entramado defensivo malpicán, raiou a grande altura.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!      

viernes 16 de marzo de 2012

Partidos da SCD Malpica para a vindeira fin de semana:




2ª Autonómica Grupo III “Liga da Costa” – Xornada 27ª (2ª volta) :
Campo: “Xaviña” (Buño)
Equipos: BUÑO SD SCD MALPICA
Data e hora: Domingo: 18-03-12, 16:30 horas
Árbitro: Sr.TORREIRO RAMOS.-(.-A Coruña).-
Derbi por todo o alto en Xaviña, partido atractivo para os seguidores de ambos equipos e con moito “morbo”, pois se a SCD Malpica se atopa mellor clasificado nestes intres, nun “derbi”, de pouco vale a táboa clasificatoria.

O conxunto do Buño SD, conta nas súas filas cun nutrido grupo de futbolistas, que ata fai moi pouco defenderon a camisola azul da SCD Malpica, son: Toni (porteiro), os defensas: Eloy, Brais, Alfredo, o centrocampista: Ismael e o dianteiro Miguel Dourado, ademais do adestrador: Esmoris, home afincado coma futbolista e adestrador durante moitos anos en todas as categorías do equipo da Vila malpicán.

O partido promete estar moi disputado e, tanto David Baña coma Esmoris, auguran un resultado incerto. O campo de Xaviña vai rexistrar unha gran entrada, confiando que os seareiros dos dous conxuntos, se comporten con moita deportividade.

Na primeira volta o resultado e os goleadores foron:

SCD MALPICA 0 – 1 BUÑO SD (Goles: 0-1, m. 48: Elías).

1ª Aut. Xuvenil Grupo IV,- 2ª Fase- Xornada 7ª :

Campo : “O Conco” (Dumbría)
Equipos: CF DUMBRÍA “B” - SCD MALPICA
Data e hora: Sábado: 17-03-12, 16:30 horas
Árbitro: Sr. CAMPOS CANDAL.- (.-A Coruña).
Desprazamento complicado e difícil o que lle corresponde realizar aos xuvenís da SCD Malpica, dada a categoría do rival, un conxunto o do Dumbría “B”, que aspira dende hai varias tempadas a disputar e conseguir o ascenso a “Liga Galega”. Os dumbrieses, que patinaron a semana pasada en Corcubión, pretende resarcirse nesta xornada fronte á SCD Malpica, clube ademais que lles endosou un tremendo correctivo na última xornada do torneo regular.
Así as cousas, o partido presentase moi interesante e, calquera dos dous equipos teñen potencial para resolvelo ao seu favor, caso de caer de lado malpicán, estes distanciaríanse en 5 puntos, case insalvables xa para as aspiracións dumbriesas.
Os resultados dos enfrontamentos entre estes dous equipos na primeira fase, foron:
CF DUMBRÍA “B” 1 – 1 SCD MALPICA Goles: 1-0, m. 2: Rodrigo. 1-1, m. 79: Juny (p).
SCD MALPICA 9 – 1 CF DUMBRÍA “B” Goles: 0-1: Rodrigo. 1-1: Camilo. 2-1: Juny. 3-1: Eme. 4-1: Camilo. 5-1: Adra. 6-1: Adra. 7-1: M. Maradona. 8-1: Víctor Novo. 9-1: Diego).

“PIÑA”, adestrador malpicán convocou para este partido aos seguintes futbolistas:

Porteiros: Jesús, Víctor Martínez.

Defensas: M. Uruguaio, Miguel Ángel, Eme, Pereira, Jorge, Roque.

Medios: Adra, Joro, Luisma, Quintas, Diego.

Dianteiros: M. Maradona, Víctor Novo, Camilo.

Baixas: Javier, Juny, Almeida, (por lesión). Pepis, (por sanción). Canario, Kevin, Ángel, Carlos, (decisión técnica).


2ª Autonómica Cadete Grupo III - Xornada 27ª (2ª volta) :

Campo: “O Conco” (Dumbría)
Equipos: CF DUMBRÍA SCD MALPICA
Data e hora: Domingo: 17-03-12.- 12:00 horas.
Árbitro: Sr. BLANCO RODRIGUEZ .-(.-A Coruña).

Neste dobre enfrontamento entre os equipos do Dumbría e do Malpica (Xuvenís e Cadetes), xóganse intereses distintos, pois mentres os xuvenís disputan o primeiro posto da 2ª Fase da liga, os cadetes disputan á honriña de poder vencer ao “lider” destacado da competición. Pero aínda que saben que a empresa é difícil, os rapaces malpicáns non descartan en dar a campanada debido a boa racha que levan de cinco xornadas sen perder.

Na primeira volta o resultado e os goleadores foron:
SCD MALPICA 0 –7 CF DUMBRÍA (Goles: 0-1: Jano. 0-2: Abel. 0-3: Abel. 0-4: Abel. 0-5: Jóse. 0-6: Abel. 0-7: Lucas (p).

“MOSCOSO” para este partido convocou aos 16 seguintes de futbolistas:

Porteiros: Iván.-
Defensas: Cristian, Canario, Chema, Jorge.
Medios: Mouri, Arcay, Martín Zas, Julián, David, Garrido.
Dianteiros: Alberto, Rafa, Julio.
Baixas: Sergio (por lesion). Steven, Adrián, Pitis. (dúbidas ata última hora por asuntos persoais).

IX edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – Xornada 24ª (2ª volta):

Campo: “Pedra Queimada” (Malpica)
Equipos: MALPICA - CAMELLE
Data e Hora: Domingo: 18-03-12, 11:00 horas.
Árbitro : Sr.JUAN.-
Na primeira volta o resultado e os goleadores foron:
CAMELLE 1 – 2 MALPICA (Goles: 1-0, m. 45+1: Manolo. 1-1, m. 50: Fran. 1-2, m. 69: Agustin).

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

jueves 15 de marzo de 2012

Noticia de actualidade de alcance:

A FEDERACION GALEGA DE FÚTBOL, TERÁ NOVA SEDE NA CORUÑA, ANTES DE QUE TERMINE O ANO 2013.

Así o manifestaron en rolda de prensa cos medios de comunicación este medio día (12:30 horas) no Pazo de María Pita, Don José García Liñares, Presidente da FEGAFUT. e, D. Carlos Negreira, Alcalde da Coruña, mediante un convenio de colaboración entre ambas entidades, nas que o Concello cedederá os terreos e a Federación porá os cartos.

Segundo o Sr. García Liñares, ademais da sede e oficinas de propia Federación, tamén se albergarán as dependencias do colectivo arbitral (Colexio de Árbitros) e da Mutualidade de futbolistas, xunto con dous campos de fútbol, ampliables a outros dous nun futuro próximo de tres ou catro anos. Os trámites do papeleo e das sinaturas de todo complexo, desarroiarase en dous meses, prevéndose a inauguración de todo complexo para íltimo trimestre do 2013.

A continuación fixo uso da palabra o Sr. Negreira, Alcalde da Coruña, informando que, todo este complexo deportivo terá a súa ubicación, entre San Pedro de Visma e os Rosais, da cidade da Coruña, concretamente entre a bifurcación da Ronda de Outeiro e a nova a Terceira Ronda.
Ademais das sedes e campos de fútbol mencionados, é idea do rexidor municipal, construir un gran parque na zona, provisto de todos os elementos necesarios para recreo e pasatempos.

O presuposto da obra, sinalou, rondará os catro millóns de euros, sufragada case na totalidade, pola Federación.

Igualmente o Sr. Liñares, non descarta que con posterioridade o complexo deportivo poida albergar un gran CENTRO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA moi necesario para toda a privincia da Coruña.

Ambos dirixentes, despois de contestar as preguntas dos periodistas, sellaron o encontro cun gran apretón de mans en presencia dos informadores.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

martes 13 de marzo de 2012