Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

viernes, 28 de febrero de 2014

Axenda de partidos da SCD Malpica para a vindeira fin de semana:



1ª Autonómica Grupo II –2ª volta - Xornada 25ª :
Campo             :           “Platas Reinoso”           (Baio)              
Equipos           :           CD BAIO    SCD MALPICA 
Data e hora      :           Domingo: 02-03-14,  16:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Adrián Pérez Rellan.-(1ª Aut.-A Coruña).
Asistentes        :           Sres. Mino Rojas e Sornichero Caicedo.-(.-A Coruña).
Desprázase a SCD Malpica, na vindeira xornada, ao sempre difícil campo do CD Baio, equipo que, ao longo de moitas tempadas, endosoulle ao malpicáns dolorosas derrotas, como aquela eliminación da “copa da costa” na tempada 1999/2000, coa SCD Malpica, que acababa de ascender a 3ª División, con futbolistas da talla de: Torrila, Diego, Furri, Mino, Guillermo, Ambrosio, Oscarín, Chilín etc.. (3-2 na ida e 0-1, na volta), deixou fora aos malpicáns cun gol en p.m. de Ambrosio.
Agora cunhas circunstancias similares, polo que a clasificación respecta, os malpicáns 3º con 49 puntos e os baieses 8º con 34, con 9 partidos gañados, 7 empatados e 8 perdidos; 32 goles a favor e 37 en contra, loitan por quedar estabilizados no medio da táboa.
Partido pois, de marcador incerto no que o factor campo pode decidir a pesar do bo momento que atravesa a SCD Malpica. O resultado, domingo aproximadamente ás 18:00 horas sairemos de dúbidas.
Na 1ª volta deuse o seguinte resultado:
27-10-13: SCD MALPICA   2 – 1   CD BAIO                (Goles:0-1, Martín MC. 1-1: Óscar Suárez, Norberto p.m.).
 
















1ª Autonómica Xuvenil - 2ª Fase – 1ª volta – Xornada 4ª:
Campo             :           “Pedra Queimada”         (Malpica)         
Equipos           :           SCD MALPICA  -  XALLAS DE SANTA COMBA  
Data e hora      :           Sábado: 01-03-14,  16:30 horas           
Árbitro             :           Sr. Mundín Mendizabal, Ión Ander.- (1ª Aut..-A Coruña).
Teñen os rapaces xuvenís da SCD Malpica, a oportunidade de resarcirse das dúas derrotas sufridas no dobre desprazamento efectuado nas últimas semanas, coa visita a Malpica, do Xallas de Santa Comba, equipo que, nas tres primeiras xornadas, non logrou puntuar, pero que virá disposto a facelo ante os malpicáns, aínda que para este partido conten coa baixa por sanción de Xosé Manuel Suárez.
Pola súa banda, o conxunto malpicán, quererá seguir sumando para non descolgarse nestas primeiras xornadas do campionato dos dous primeiros postos que, de momento comandan o CF Dumbría e a SCRD Esteirana.
Entre os rapaces da SCD Malpica, parece que corren malos ventos, debido á ausencia por motivos extradeportivos do centrocampista DIEGO, a verdade é que non escolleu a mellor ocasión para facer “Fair Play”, debido ao que se esta a xogar o equipo que ademais representa a todo un pobo. Que a  paz volva ao seu polo ben da SCD Malpica.
A última confrontación entre estes dous equipos, data da 2ª Fase da liga da tempada pasada:
13-02-13: XALLAS STA. COMBA 2–3 SCD MALPICA  (Goles: 1-0, Pastoriza. 1-1, Eme. 1-2, Juny. 2-2, Landeira 2-3: Pitís).
23-02-13: SCD MALPICA  1 –1  XALLAS STA. COMBA    (Goles: 0-1: Pastoriza. 1-1: Eme (p).


XI Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – 2ª Volta -  Xornada 22ª:
Campo             :           “Xaviña”            (Buño)
Equipos           :           BUÑO   -   MALPICA
Data e hora      :           Domingo: 02-03-14, 10:00 horas
Árbitro :                       Sr. CASTI .-
Resultado da primeira volta:
29-12-13:   MALPICA   3 – 2   BUÑO
                                                                                                                          AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

jueves, 27 de febrero de 2014

9ª Presentación da historia da "liga da costa":



=PRESENTACIÓN DO LIBRO “MAR DE PAIXÓN” EN ARTEIXO =



            O venres día 28 de FEBREIRO ás 20:00 horas na libraría “A LUS DO CANDIL” de ARTEIXO, terá lugar unha nova presentación do libro “MAR DE PAIXÓN” “O fútbol na costa da morte”, que recolle a publicación integra de cincuentenario  da “liga da costa”, a través de 236 páxinas e mais de 1.250 fotos repartidas entre os 69 equipos participantes ao longo dos últimos cincuenta anos, (Tempada 1963/64 ata 2013/14).

            Actuará de presentador - moderador do acto, DON XULIO LÓPEZ VALCÁRCEL, notable poeta, narrador e escritor deste país “GALIZA”.

Ao acto, que estará aberto a todo clase de público, tamén están convidados antigos directivos, futbolistas e persoal de todo tipo, relacionados non só co fútbol “costeiro”, senón, tamén con todo fútbol arteixán dos distintos equipos que compoñen as ligas das Mariñas - Arteixo, coa intención de facer moi amena a presentación, entaboando un diálogo entre todos con diversas anécdotas acontecidas durante os anos de competición dunha e outra liga.



           


AGORA E SEMPE COA SCD MALPICA!

miércoles, 26 de febrero de 2014

Táboas dos goleadores despois da última xornada disputada:

Continúan materializando goles os principais dianteiros dos equipos da segunda da "costa", ninguén quere quedar descolgado, se un non consegue marcar na xornada, achéganselle os outros, así as cousas e, coa cabeza da táboa mais emparellada ca nunca, pois son 3 os que agora empatan a 16 tantos, seguidos a curta distancia polos outros sete, xa que a distancia entre os primeiros dez clasificados, só é de 3 goles, a competencia esta tempada esta moito mais reñida ca noutras anteriores, a falta de dez xornadas para a finalización do campionato.

Na 1ª Autonómica Grupo 2º, tamén a falta de dez xornadas, o "pichichi" é cousa de tres, salvo reacción ampla dos perseguidores, ou lesión dos tres primeiros clasificados, cousa pouco improbable, debido a distancia que atesouran.

En canto aos goleadores malpicáns, Óscar Suárez, practicamente inazcanzabel, Kevin, en xuvenís lixeiramente destacado e, en veteranos, Richard, marcha destacado.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 23 de febrero de 2014

Crónicas dos partidos da SCD Malpica, e clasificacións:



Resultado:       SCD MALPICA    5 – 0   SIGUEIRO CF  
SCD MALPICA:   Pombo; Adrián, (Jorge, 72. xuvenil), David Castro, (Víctor Novo, 72. xuvenil), Alemán, Mario Casal, Fernando Varela, Eloy Cabeza, Juan Carlos, Óscar Suárez, Ismael, Martín Maradona, (Neucha, 56).
SIGUEIRO CF:    Diego; Veneno, (Borja, 51), Munitis, Pereira, Isma, (Libass, 68), Fer, Juanito, José Ángel, Marcos, Juli, (Veiga, 51), Jacobo, (Óscar, 32).
Árbitro:            Sr. Zas Vázquez.- (1ª Aut..-A Coruña). Moi ben.
Asistentes:       Sres. Méndez Losada e García Gómez.-(2ª Aut. e Aux..-A Coruña). Correctos.    
Goleadores:     1-0, m. 7: centro de Juan Carlos, sobre Óscar Suárez, este profundiza o pase ante o desmarque de ELOY CABEZA, o cal fusila a Diego dende cerca. 2-0, m. 27: medido centro ao punto de penalti de Fernando Varela, aos dominios de ELOY CABEZA, que empalma unha chilena de espaldas a portería que Diego ve cando esta o “coiro” dentro da portería. 3-0, m. 64: 3º saque de curruncho consecutivo sobre o portal de Diego, efectuado por Neucha moi pechado, ALEMÁN, moi oportuno remata a rede. 4-0, m. 70: pase entre liñas de Fernando Varela, sobre o desmarque de ÓSCAR SUÁREZ, o cal no man a man con Diego, báteo por baixo. 5-0, m. 77: falta lateral moi preto da bandeirola, que saca JUAN CARLOS, moi pechado e o “coiro” entra na portería sorprendendo a un despistado Diego.             
Ambiente e Incidencias:          105, seareiros nas bancadas. Tarde soleada pero con forte vento do S.O. e 13º de temperatura. Non houbo expulsados. Tivo que retirase mancado no m. 32 o visitante Jacobo, cun golpe nun xeonllo debido a un choque fortuíto. Na SCD Malpica. Aliñaron na 2ª parte dous xuvenís, debutando Jorge, na 1ª Aut.  
Xogadas de perigo da SCD Malpica:   M. 16: Centro de Martín Maradona, cun precioso remate de cabeza de Óscar Suárez, e gran parada de Diego. M. 26: Falta lateral que bota Juan Carlos, e esta a punto de marcar en propia meta o defensor Pereira, peiteando o “coiro” para atrás. M. 46: Adrián, envía un centro longo ao que non chega por milímetros Óscar S. M. 56: saque de curruncho de Juan Carlos, que remata Mario Casal, alto, case na liña de gol. M. 61: Neucha, en saque de falta dende a media lúa, manda o “coiro” ao traveseiro. M. 68: rápido contraataque malpicán ao primeiro toque entre, Fernando Varela, Juan Carlos e Adrián, este algo escorado tira cruzado, lucíndose Diego. M. 87: novo contraataque do conxunto malpicán, tocan: Ismael, Juan Carlos, Óscar Suárez e Neucha, este tira e volve a lucirse Diego, esta vez cos pes.
Xogadas de perigo da Sigueiro CF:    M. 15: Saque de curruncho de Óscar, e testarazo de Fer, alto por pouco. M. 36: noutro saque de curruncho de Óscar, amaga o remate José Ángel, e Fer, desmarcado remata alto. M. 48: a única indecisión defensiva local, intenta aproveitala Pereira, o cal encara a Pombo, pero a súa vaselina, resólvea o porteiro malpicán adornándose na estirada.

Comentario:     Exhibición da SCD Malpica, sobre todo na segunda parte, ante un Sigueiro CF, que intentou xogar sempre un fútbol vistoso e de toque, comportándose sempre moi deportivamente e se empregar nunca malos modos. O malo para eles foi, que o equipo malpicán esta atravesando un racha de xogo e resultados extraordinaria ao que lle sae ben practicamente todo que intenta facer. 

  

Trio arbitral e Capis: (Diego-Sigueiro) Ismael (SCD Malpica)

 





















 1ª  Autonómica Xuvenil – 2ª Fase – 3ª xornada:                                                            
Resultado:       CORME CF   2 – 1   SCD MALPICA
CORME CF:         Rubén; Sergio, Palmiro, (Bruno, 70), Fran, Eloy, Jósua, Antonio, © (Dani, 90), Brais, Alejo, (Alberto, 80), Juanma, Isaac, (Manu, 69).           
SCD MALPICA:  Manuel; Jorge, Víctor Novo, (Chols,79), Canario, © Steven, (Brais, 90), Mouri, (David,63), Pitís, Guille, Almeida, Eloy,  Kevin.
Árbitro:            Sr. García García, Diego.- (3ª Aut..- A Coruña). Moi mal. Sen carácter e pitando sen criterio. Castigou con dous penaltis aos malpicáns, a estancias dos futbolistas locais, o primeiro (m. 30), por mas involuntarias de Jorge, a saída dun saque de curruncho e o segundo (m. 78), por unha caída en choque mutuo entre  Víctor Novo e Brais, dentro da área.
Goleadores:     0-1, m. 68: xogada entre Kevin, Almeida, ELOY, que este resolve cun tiro dende a media lúa que chega a tocar Rubén, entrando o “coiro” na portería. 1-1, m. 78: nun ataque cormelán pola banda dereita, o dianteiro Brais, pugna con Víctor Novo, e ambos caen, mais polo choque entre eles que por intento de derrubo, o árbitro sinala penalti, que JUANMA, transforma a dereita de Manuel. 2-1, m. 90+2: unha saque de banda á altura da raia divisoria    dos dous campos, rapidamente efectuado por Sergio, sobre JUANMA, os futbolistas malpicáns dórmense e non presionan ao cormelán, que alcanza un trallazo impresionante que se cola pola escuadra dereita de Manuel, ante o delirio dos locais e a desesperación dos visitantes.
Ambiente e incidencias:          60 persoas nas bancadas do “Cairo” en tarde con nubes e claros e refagas de sol. 13º de temperatura. No m. 63 o visitante Mouro, retirouse mancado. Expulsado con dobre amarela o local Jósua. No m. 30, mans involuntarias do malpicán Jorge, que o árbitro sanciona con penalti, lanzado por Jósua, gran parada de Manuel, adiviñándolle a intención.
Xogadas perigosas da Corme CF:       M. 9: xogada de Juanma dentro da área cun tiro cruzado que detén Manuel. M. 51: gran tiro de Juanma dende 30 metros e acertada parada de Manuel. M. 59: o lateral cormelán Sergio, recibe dun compañeiro un gran pase en profundidade, plántase ante Manuel, pero o seu forte tiro é detido polo porteiro malpicán, o rexeite cáelle aos pes de Isaac, baixo paus e tira fora.
Xogadas perigosas da SCD Malpica:   M. 13: Falta directa dende a liña de medios que saca Kevin, parando Rubén, con acerto. M. 47: saque de banda en longo de Jorge, rexeita en curto un defensor aos pes de Mouri, na media lúa, que tira lambendo o poste.
Comentario:     A pesar da actuación arbitral, o conxunto malpicán non realizou un bo partido, a veces aínda algo desganados por parte dalgúns futbolistas, parece, que a forte derrota sufrida ante o CF Dumbría, mermou a moral dos rapaces            da SCD Malpica, reaccionaron bastante ao adiantarse no marcador, pero logo a falta de concentración e as continuas protestas ao colexiado permitiulle a un Corme CF, peleón e a veces con fútbol de toque, remontar e alzarse cos seus tres primeiro puntos.
Aínda quedan partidos para emendar a situación, o que hai é que levantar a moral dos rapaces e iso e faceta do “míster”, que non dubidamos que así o fará.
                                                                                      Canario e Antonio, capis, co colexiado.-




AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!



XI edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano– (2ª volta) 22ª Xornada:

Resultado:       MALPICA   0 –0   CERQUEDA

Árbitro:            Sr. España Andrade.-  Moi ben
Goleadores:     Non houbo goles         
Comentario:     Partido moi malo, dende o primeiro minuto ata o último. Os futbolistas veteráns de ambos bandos dedicáronse mais a practicar o individualismo ca xogar en equipo, de aí, que tan só houbera unha ocasión por bando, a primeira por parte do Cerqueda cun tiro al traveseiro nun saque de falta e por parte do Malpica, unha vaselina de Álex, só ante o porteiro visitante que lanzou alta.