Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

viernes, 31 de mayo de 2019

LVI Edición da "copa da costa": Cabana SD-SCD Malpica:


  Coa mínima vantaxe conseguida na ida (3-2), despois dun partido moi disputado, no que, elementos moi distintos aos dous contedentes propiciaron este apertado resultado; desprázase á SCD Malpica ao campo das "Redondas" de Cabana a xogarse fronte ao titular o pase a semifinais.

  O Cabana SD, equipo punteiro esta tempada da 3ª Galicia, na que conseguiu o ascenso a "liga da costa" como segundo clasificado trala SD Coristanco, xa demostrou en Malpica a súa intensidade e, aínda que chegaron a ir perdendo de tres goles, nunca deixaron de batallar e crer nas súas posibilidades até o punto de reducir diferenzas, por elo, vai ser un complicado rival para o equipo malpicán, que afronta este partido con tres baixas por sanción: Fuentes, Andy e David e dous mancados: Gonzalo e Roberto; se a isto engadimos as dimensións do terreo de xogo das "Redondas" que fai mais difícil a practica de fútbol de toque, característica que lle vai mais aos malpicáns, chégase á conclusión das dificultades que estes van atopar.

   De todos os xeitos, á SCD Malpica, xa ten a experencia de gañar neste campo a súa única "copa da costa" que garda nas súas vitrinas e, esta motivación xunto á de dedicarlle a vitoria a Gonzalo Vilariño, pola súa grave lesión de rotura do Tendón de Aquiles, farán o posible para pasar a eliminatoria, que se resolverá en caso de empate ao lanzamento de penaltis, non haberá prórroga polo tanto.

               “LVI” Edición da “Copa da Costa” afeccionados, CUARTOS de final (VOLTA):

Campo            :           “As Redondas”   (Cabana, 91 x 58, herba artificial)      
Resultado        :           CABANA SD   SCD MALPICA  
Data e hora     :           Domingo: 02-06-19, 18:00 horas        
Árbitro :           :           Sr. David Castreje Ferrío, (1ª Galicia, Colexio da Coruña).
Asistentes       :           Sres. Iván Vilanova e Lucas Vicente, (2ª e 3ª Galicia. Costa da Morte)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

lunes, 27 de mayo de 2019

LVI COPA DA COSTA (Cuartos de Final)-ida-

   Á SCD Malpica, vota pola borda unha vantaxe de tres goles no tempo engadido ante o Cabana SD.
   Nun partido tremendamente copeiro e con trescentos seareiros nas bancadas que se deleitaron co grande partido disputado por ambos os dous equipos, á SCD Malpica e o Cabana SD, deixan para á volta nas "Redondas" o pase a semifinais.
   Aliñación da SCD Malpica: Eusebio; Mante, Andy, Cristian, Juan Fuentes; Capelán, Laik, (Belar, 50), Migueliño, Michi, Gonzalo, (Roberto, 36), (Jorge, 56), Jairo, (David, 78).
   Goleadores: 1-0, m. 5: Michi, de xogada persoal. 2-0, m. 49: de penalti sobre el mesmo. 3-0, m. 70: Michi, de gran xogada persoal. 3-1, m. 90+2: Romero, de forte tiro dende fora da área. 3-2, m.90+4, Iván Mato, de penalti, sinalado polo asistente, nunha liorta dentro da área.

   Incidencias:  Aínda que os futbolistas visitantes actuaron con certa intensidade, forzando numerosas faltas e con bastante xogo subterraneo moi consentido polo trencilla de turno, non foron os causantes das lesións producidas polos futbolistas malpicáns: Gonzalo e Roberto, o primeiro con probable rotura do tendón de aquiles que o deixa fora da competición para bastante tempo e o segundo, con problemas nun xeonllo, non tan grave, pero tamén, poida que para o que reste de tampada. Ambas, producíronse en xogadas fortuitas pero eles sos.
   Non poido pechar este pequeno comentario, sen escribir unhas liñas sobre o trio arbitral, especialmente o trencilla titular, que todo hai que dicilo, non estaba designado para este partido, pero apareceu polo "estadio" alegando enfermidade ou lesión do titular designado. O colexiado designado, arbitrou dous partidos o sábado, un en Dumbría ás 12:00 horas, e outro en Corme ás 16:30 horas. Puido haberse mancado (?). Pero por que  designaron a este señor? e non a outro pertencente ao colexio da Costa da Morte?. Ante isto: Que cada cal reflexione. (?).
MARCADORES:




AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

sábado, 25 de mayo de 2019

LVI Copa da Costa:


       Segue á SCD Malpica competindo na "Copa da Costa" e, tras deixar na cuneta a dous "cocos" importantes, Xallas CF e V. de Baño CF; o sorteo deparoulle nos "Cuartos de Final"  ao Cabana SD, rival no que ambos na tempada 1984/85, disputaron a "finalísima" da XXII edición, que veu parar as vitrinas da SCD Malpica tras dous partidos disputadísimos (1-1 e 4-4), que acabaron proclamando aos malpicáns campión, (despois dunha reñida tanda de penaltis 3-4) da única "copa" conseguida tras tres finais disputadas.

    O Cabana SD, foi fundado na tempada 1981/82 competindo ininterrumpidamente até tempada 2003/04, na que causou baixa por renuncia a participar na 1ª Rexional na quie estaba encadrado, volvendo a causar alta de novo na tempada 2005/06, pero na 3ª Rexional, pois debido a "renuncia", tivo que competir na categoría mais baixa da "costa".

       Leva disputadas: 37 tempadas, repartidas entre 6 en 1ª, 17 en 2ª e 14 en 3ª. Ten tres títulos de liga (Tempadas 85/86, 89/90 e 02/03) e unha "copa da costa" (02/03), nesta tempada conseguiu o "dobrete".

      Na tempada actual que acaba de finalizar, logrou o ascenso á 2ª Galicia, ao acadar o 2º posto da táboa tras á SD Coristanco.

      Presentase unha eliminatoria a dobre partido moi igualada, pois aínda que os cabaneses, proceden da 3ª Galicia, non hai que olvidar que lograron matemáticamente o ascenso despois dunha brillante campaña, deben andar con moita cautela os homes de Adrián Bardanca (Gurita) e non pensar que, por ser de superior categoría vai ser un paseo militar.

     Os malpicáns non poderán contar para este partido co mediocampista Aitor, por sanción. Espérase unha grande afluencia de seareiros., sobre todo por que a directiva da SCD Malpica, procurou por a hora do partido, dende que os demais partidos de Cuartos terminasen.              

 

  “LVI” Edición da “Copa da Costa” afeccionados, CUARTOS de final (IDA):

Campo            :           “Pedra Queimada”   (Malpica, 100 x 60, herba artificial)           
Resultado        :           SCD MALPICA    CABANA SD
Data e hora     :           Domingo: 26-05-19, 19:30 horas        
Árbitro :           :           Sr. Alberto Baña Tajes, (1ª Galicia, Colexio da Coruña).
Asistentes       :          Sres. José Ageitos Pasantes e Manuel Espasandín Romar (2ª Galicia. Costa da Morte)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

lunes, 20 de mayo de 2019

LVI Edición da "Copa da Costa":


   Na tarde noite de hoxe, celebrouse na Auditorio de Zas, o sorteo dos Cuartos de Final de "LVI COPA DA COSTA", no que tiveron presentes os representantes dos oito equipos clasificados para tal rolda: CD Baio, SCRD Esteirana, (1ª Galicia), Corme CF, SCD Malpica, (2ª Galicia), Cabana SD, Camariñas FC, SD Coristanco e SD Castriz (3ª Galicia).

  A primeira bola que saíu, foi a do Cabana SD emparellado coa SCD Malpica, pero inmediatamente os representantes dos dous clubes se puxeron de acordo para celebrar o primeiro partido no campo da "Pedra Queimada" de Malpica, acordo que foi logo refrendado ante os dous representantes federativos que protagonizaron o sorteo, o Sr. Villamisar, actual vicepresidente da RFGF e o SR. Manuel Corredoira.

  Deste xeito o orde de emparellamento quedou tal como se reflexa neste cadro:

 Acordouse que, a disputa dos partidos, horarios e prezo das entradas, sexan da seguinte forma:

Datas: Domingo 26-05-19, (salvo acordo posterior de algún dos implicados).

Horarios: As 18:00 horas. (salvo acordo posterior de algún dos implicados).

Prezo das entradas: Prezo unificado de 3:00 euros, en todos os campos.

Modalidade da competición: En caso de empate a goles na eliminatoria, logo de disputarse o segundo partido, NON HABERÁ PRORROGA, haberá lanzamento de penaltis. (A prorroga será soamente na final).

   Os enfrontamentos das semifinais serán os seguintes:  
   
   Vencedor: SCD Malpica - Cabana SD. Contra Vencedor: Camariñas FC - SD Coristanco. Vencedor: SCRD Esteirana - CD Baio. Contra vencedor: Corme CF - SD Castriz.

   Os directivos da SCD Malpica asistentes ao sorteo, en teoría quedaron moi satisfeitos do desarroio do mesmo, posto que, os enfrontamentos, tanto en Cuartos coma en Semifinais, son contra equipos da 3ª Galicia (aínda que Cabana SD, SD Coristanco e SD Castriz), acaban de lograr o ascenso, pero en "teoría"  son mais asequibles ca os rivais de 1ª Galicia e o Corme CF.

   Pero iso non quere dicir nada, pois os catro conxuntos da 3ª Galicia, eliminaron a rivais de mais categoría e os partidos hai que xogalos.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 
   

domingo, 19 de mayo de 2019

"LVI COPA DA COSTA"


   Á SCD Malpica nun gran partido, vence nos penaltis ao subcampión de liga deste tempada, o Volantes de Baño CF, logo de chegarse ao final dos noventa minutos con empate a cero goles.
   A mellor entrada da tempada na "Pedra Queimada", con preto de douscentos seareiros, con moitos seguidores do conxunto visitante, eufóricos polo subcampionato conseguido na liga da costa e pendentes de disputar a promoción de ascenso a Primeira Galicia.
   O trio arbitral do partido estivo en todo momento correcto, aínda que se lle reclamou ao colexiado principal algunha falta dentro da área a favor do conxunto local, pero que estimou que non eran motivo de sanción.
   Á SCD Malpica que, leva dúas eliminatorias con sendos rivais en teoría superiores, esta a facer un fútbol de alta gama, moi distinto ao da campaña ligueira, e, si ante o Xallas CF, foi de alto nivel, esta tarde fronte ao conxunto de Baño, bordárono, até o punto de eclipsar totalmente a un rival que, só baseaba a súa estratéxia a balón parado (faltas e saques de corruncho) ou en pases longos dende o porteiro e a defensa, aos seus dous homes punta moi veloces ambos, pero a defensa malpicán estivo inconmensurabel, sobre todo cun Cristian Villar rápido e veloz. Aínda que todo equipo raiou a un gran nivel. 
   Nota a parte merece destacarse ao porteiro EUSEBIO, un cincuentón (pero que parece un xuvenil polo seu pundonor) que saltou ao campo uns intres antes de que o árbitro silvase o final, todo previsto para que, coa súa veteranía fixése marrar os penaltis aos contarios, e, a fé que o conseguiu, logrando parar un, e, obrigándolle a lanzar ao poste o segundo tiro dos visitantes, debido a súa movilidade de baixo dos paus.
   Aliñación da SCD Malpica:
                                             Ángel; (Eusebio, 92), Laik, (Jairo, 52), Andy, (Belar, 90), Cristian, J. Fuentes; Capelán, Aitor, Roberto, (Miguelio, 46), Martín, (Brais Ceán, 81), Gonzalo, Mante.
                SCD Malpica:           Así foi o lanzamento dos penaltis:    V. de Baño:
                1º Juan Fuentes: Gol                                                     1º Formoso: Para Eusebio
             2º Jairo:              Gol                                                     2º Samuel:   Poste
             3º Capelán:         Gol                                                      3º Mayo:       Gol
             4º Belar:             Gol
              


 AGORA E SEMPORE COA SCD MALPICA!
 
                                    

jueves, 16 de mayo de 2019

"Copa da Costa" Oitavos de final-SCD Malpica:


   Trala exitosa xornada dos dezaseisavos de final, na que á SCD Malpica eliminou sorprendentemente ao Xallas CF, vixente campión da "copa"; correspóndelle, en Oitavos de Final, recibir no campo de "Pedra Queimada" ao subcampión da "Liga da Costa" o Volantes de Baño CF, inmerso na promoción de ascenso a 1ª Galicia.
   Deste xeito tamén e por dito motivo, os malpicáns teñen que adiantar o partido ao sábado, pois así o recolle o regulamento da competición.
   O Volantes de Baño CF, veciño da parroquia de Baño, concello de Muros, foi fundado na T. 2011/12, debutando na 3ª Autonómica, categoría na que logrou o ascenso á "Liga da Costa" tras unha promoción coa UD Cerqueda.
   O Volantes, leva disputado oito campionatos de liga, 5 en Segunda e 3 en Terceira, conseguindo un título de 3ª na T. 2017/18 e o subcampionato de 2ª esta tempada, ao sumar 64 puntos, tras 20 partidos gañados, 4 empatados e 6 perdidos, materializou 82 goles e encaixou 38. Un duro rival por tanto para á SCD Malpica.
   Pero os malpicáns, eufóricos pola súa vitoria ante o Xallas CF, queren volver a dar a campanada, contando xa para este partido con Juan Fuentes, libre da sanción que lle impediu aliñarse fronte aos xalleiros, con Gonzalo Vilariño (ausente tamén por motivos persoais) e Belar, resposto da lesión.
   Así as cousas, espérase un partido moi complicado na "Pedra Queimada" pero os afeccionados malpicáns que van acudir ao campo (espérase un gran entrada) van a levar en voantas aos homes de Adrián Bardanca "Gurita" á vitoria final e o pase a cuartos, pois o encontro é a partido único. (Caso de empate, haberá unha tanda de penaltis).

               “LVI” Edición da “Copa da Costa” afeccionados, Oitavos de final (Partido único):

Campo            :           “Pedra Queimada”   (Malpica, 100 x 60, herba artificial)           
Resultado        :           SCD MALPICA    VOLANTES DE BAÑO CF
Data e hora     :           Sábado: 18-05-19, 17:00 horas          
Árbitro :           :           Sr. Bruno Méndez Castro, (3ª División, Colexio da Coruña).
Asistentes       :           Sres. Daniel Martínez Ferreiro e José Ageitos Pasantes (2ª Galicia. Costa da Morte)

 

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!