Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 29 de noviembre de 2015

Crónica do partido da SCD Malpica:



IV edición da primeira Autonómica Grupo 2ª xornada 13º:
Resultado:                   TORDOIA CF   9 – 0   SCD MALPICA   
TORDOIA CF :    Santi; Dubra, (Juanjo, 52), Casti, © Chino, Liñares, Toño, Zalo, (Dani, 59), Andrade, (Nico, 62), Veiga, Denís, Pombo, (Maki, 56).
SCD MALPICA:  Asier; Casais, Kike, Ó. Moscoso, M. Uruguaio, Dímaga, Vitalie, (Víctor, 46), Adra, (Carlos Mallo, 35)  Charro, M. Mara, Juny, (Sergio, 46), (Ángel, 68).
Árbitro:            Sr. Adrián Casal Barreiro.-(1ª Aut.- Santiago). Non influíu para nada no resultado
Asistentes:       Sres. Lorenzo Costa e Cousillas Castiñeiras.-(2ª Aut.- Santiago). Correctos.
Goleadores:     1-0, m. 3: Veiga, faise cun rexeite en curto da defensa malpicán entra como periquiño pola súa casa e cruza ante Asier. 2-0, m. 13: xogada calcada á anterior, desta vez é Denís o que bate con comodidade a Asier. 3-0, m. 20: unha indecisión entre M. Uru e Asier, acaba cun libre indirecto dentro da área, toca Andrade sobre Veiga, que observa como se abre a barreira e marca. 4-0, m. 45: erro garrafal de Juny, facendo un pase atrás sobre a súa defensa, Veiga, intercepta o pase encara a Asier e báteo na súa saída. 5-0, m. 61:   saque longo do porteiro local, non controla Moscoso e de novo Veiga, encara a Asier e báteo de vaselina. 6-0, m. 71: Nico saca unha falta sobre o punto de penalti, Maki, empalma por enriba de Ángel, substituto de Asier. 7-0, m. 79: centro de Veiga dende a banda esquerda ao primeiro pau, o “coiro” da en Denís, fai un estraño e introdúcese na portería ante un sorprendido Ángel. 8-0, m. 83: saque de curruncho obra de Denís ao segundo pau, Maki, remata a pracer. 9-0, m. 90: Maki, corta un mal pase na liña de medios, marcha só cara Ángel, e báteo na súa saída.
Ambiente e incidencias:          115, seareiros no campo de Gorgullos, que se deleitaron coa 3ª vitoria do seu equipo. Tarde soleada con 15º. Mala sorte para o malpicán Adra, que tivo que saír mancado no m. 35, cun forte golpe no mesmo xeonllo que xa tiña danado. Expulsados por protestar, o adestrador Chema (m. 48) e Asier, (m. 68), que deixaron aos malpicáns mais coxos ca estaban.
Xogadas de perigo do Tordoia CF:     M. 2:  xa avisaban os locais por medio de Veiga, na que Asier salvou o primeiro lanzándoselle aos pes. M. 28: tiro cruzado de Denís, desmarcado, que sae a ras do poste. M. 88:  excelente intervención de Ángel, aos pes de Veiga, salvando o décimo.
Xogadas de perigo da SCD Malpica:   Pouco positivo que destacar esta tarde dos futbolistas malpicáns, pois abusaron da xogo individual en todos a liñas e, en vez de tirar a gol cando tiñan opción na frontal da área perdíanse en infrutuosos regates, Só tiveron dúas ocasións con verdadeiro perigo, a primeira no m. 17, con 2-0 no marcador tras xogada de Charro por banda esquerda cun centro raso que, Vitalie a porta baleira remata fora. A segunda no m. 37, nun saque de curruncho botado por Juny, amaga o remate Charro e M. Uruguaio dende a media lúa empalma un forte tiro que desvía un defensor cando levaba márchamo de gol.
Comentario:     Pouco que comentar deste “DESASTROSO” partido do malpicán en todas as liñas, mellor é pasar páxina e facer unha exhaustiva meditación para vindeiras xornadas. O Tordoia CF, atopouse cunha “periña en doce” e soubo contentar momentaneamente a súa afección dándolle a terceira vitoria, e, sobre todo marcar mais goles nunha xornada ca nas outras doce disputadas.




          
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

jueves, 26 de noviembre de 2015

Axenda de partidos para esta fin de seman da SCD Malpica:



IV edición da 1ª Autonómica Grupo II –1ª volta - Xornada 13ª:
Campo             :           “Gorgullos”       (Herba artificial - Tordoia)                     
Equipos           :           TORDOIA CF    SCD MALPICA  
Data e hora      :           Domingo: 29-11-15, 16:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Adrián Casal Barreiro.-(1ª Aut.- Santiago).
Asistentes        :           Sres. Lorenzo Costa e Cousillas Castiñeiras.- (2ª Aut.-Santiago).
            Primeira visita da SCD Malpica a Tordoia, nunca na súa longa historia o equipo malpicán se enfrontou ao o Tordoia CF. Este municipio, que ten a súa localidade principal  en Pontepedra, esta situado a 50 Kms. da Coruña e a 14 de Ordes. Para chegar a el dende Malpica, hai que desprazarse vía Carballo – Santiago, pola Silva, logo dende esta localidade chegar á Tablilla e finalmente a Tordoia.
            O Tordoia CF, novo esta tempada na Primeira Autonómica, esta pagando a novatada neste comezo de liga na categoría, pois de 12 xornadas disputadas, gañou dous partidos, empatou catro e perdeu seis, leva marcado doce goles e encaixado vinte e dous, figurando na táboa no 15º posto con 10 puntos, a cinco dos malpicáns. Ata de agora non destaca ningún futbolista como máximo realizador, figurando, Andrade, Dubra, Gonzalo, Marcos e Denis, con dous goles cada un.
            Así as cousas, preséntaselle á SCD Malpica, unha boa oportunidade para conseguir algo positivo neste desprazamento, pois o rival, sen menosprezalo, invicta a que os homes de Chema Rivadulla, non veñan de baleiro, aínda que para elo, hai que loitar, pois hoxe ninguén agasalla nada.
            Chema, para este partido conta coa baixa por sanción de Eme, por acumulación de tarxetas, pero a cambio, seguramente xa poderá contar con Adrián Rei, recuperado aínda que continúa sendo dúbida Eloi Vilas.          
O Tordoia CF e á SCD Malpica nunca se enfrontaron nin en partido oficial nin amigable.


XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – 1ª Volta – Xornada 11ª:
Campo             :           “Anexo As Eiroas”   ( herba artificial)
Equipos           :           D. CARBALLO   -   MALPICA
Datas e hora    :           Domingo: APRAZADO PARA O DÍA 13-12-15
Árbitro             :           Sr. .

martes, 24 de noviembre de 2015

Goleadores:



Duodécima xornada  disputada e segue a loita polo “Pichichi” das categorías 1ª Autonómica G.2º (clubes da costa) e 2ª Autonómica Grupo 3º da (Liga da Costa).

            Tanto Basti (SD Soneira) coma David Blanco (SP. Zas), continúan comandando as táb9oas de goleadores nas dúas categorías enriba indicadas. A Basti, que non marcou nesta 12ª xornada, perségueo o seu compañeiro de equipo, Vía Rápida, que anotou dous goles e xa supera a un mancado Alejo (Corme CF), mais atrás veñen pisando firme, Juan Chans e Lucas, tamén do Corme CF, e, Piki, do Outes CF.

            Na 2ª Autonómica (Liga da Costa”, acurtan posicións Álex Flores (SD Castriz), que empata a goles con R. Pladur, e Yuyo, Camariñas FC.

ASI QUEDA A TÁBOA CLASIFICACTORIA TRAS DOCE XORNADAS:



AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 22 de noviembre de 2015

Crónicas dos partidos desta semana da SCD Malpica:



IV edición da 1ª Autonómica, Grupo II – (1ª volta) – 12ª Xornada:
Resultado:                   SCD MALPICA   1 – 0  BERTAMIRÁNS FC “B”   
SCD MALPICA:  Asier; Kike, Casais, Rubén, (Vitalie, 73), Ó. Moscoso; Carlos Mallo, (M. Uru, 51), Eme, (Sergio,90+2), Adra, Charro, (C) Javi Trigo, (M. Mara, 59), Juny.
BERTAMIRÁNS FC “B” :                Pablo; Saúl, Cohen, (Esteiro, 82), Conde, Aitor, Meijide, © Miguel Rouco, (Carlos, 71), Iñigo, Capi, (Siaba, 57), Miguel Cea, Seoane, (Jhimi, 46).
Árbitro:            Sr. Acuña Piñeiro.-(1ª Aut.- A Coruña). Na súa liña habitual, abusando do silvato.
Asistentes:       Sres. Sabio Sánchez e Boedo Varela.-(2ª e 3ª Aut.- A Coruña). Regulares.
Goleadores:     1-0, m. 27: Adra controla o “coiro”  na liña de medios, olla o desmarque de Charro e, envíalle un pase por enriba da defensa, o dianteiro desvía suavemente o “coiro” lonxe do porteiro Pablo, trala saída deste a desesperada. 
Ambiente e incidencias:          Tarde desapacible con vento e chuvia intermitente, isto restou influencia de seareiros nas bancadas, tan só acudiron sesenta. Non houbo expulsados. Tivo que retirarse mancado cun forte golpe nun pe. O local Rubén, m. 73.
Xogadas de perigo da SCD Malpica:    M. 4: internada de Charro por banda dereita, cun centro raso moi pechado que, o porteiro Pablo no atalla, Carlos Mallo, que entraba lanzado non chega por moi pouco.
M. 21: Eme, corta un pase na liña de medios, cede sobre Adra, este envía longo sobre Juny entra na área e lanza un forte tiro cruzado que lucíndose Pablo nunha boa parada. M. 41: a mellor xogada da tarde, saque de banda de Carlos Mallo sobre Adra, este combina con Eme que lle devolve  o “coiro” en parede na media lúa, Adra, empalma un tiro raso que sae a ras do poste da portería de Pablo, cando este xa estaba totalmente batido. M. 70: sorpresivo e picaresco tiro dende campo propio de Adra, vendo ao porteiro Pablo adiantado, o “coiro” saíu lixeiramente desviado.
Xogadas de perigo do Bertamiráns FC “B”:   M. 6: internada por banda esquerda de Miguel Cea cun centro ao punto de penalti onde se atopa un desmarcado Iñigo, o remate deste sae a dereita de Asier. M. 11: o Sr. Acuña Piñeiro, anula un gol ao Bertamiráns, obra de Capi, ao castigar con falta unha xogada anterior dos malpicáns, sen aplicar a lei da vantaxe. M. 29: novo centro de Miguel Cea, ao que non chega Capi por adiantárselle o porteiro Asier, nunha arriscada saída. M. 37: gran xogada de Capi con centro atrás sobre Iñigo, o remate deste con moita picardía ao pau contrario onde se atopa Asier, é salvada polo porteiro malpicán cunha meritoria intervención. M. 65: boa internada de Iñigo, por banda dereita, dende a liña de fondo, centra raso, errando o remate ante Asier, o visitante Miguel Rouco, en beneficio dos malpicáns.
Comentario:     Partido que solventou a SCD Malpica pola mínima que vale tres puntos de ouro para seguir manténdose nos postos tranquilos da táboa. O Bertamiráns “B”, que intentou sempre o xogo combinativo, saíu xogando dende a súa defensa pero adoeceu de falta de remate, pois a pesar de que desfrutou de varias ocasións, non tivo acerto ante Asier, grazas tamén ao acerto deste.          




          





XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano–(1ª Volta)- 10ª Xornada:
Resultado:                   MALPICA   1 – 2  CLUB DO MAR
Aliñación do Malpica:  Juan; Luazas, A. Carballo, Alfredo, A. Coruña; Marcelino, Mútiu, A. Barizo, Luís Naya; Leo, Ban Ban. Tamén xogaron:  Chaves, J.L. Arcay, Wahsi, Chucho, Marco.
Árbitro:            Sr. Juan.- Bastante irregular mostrando moitas tarxetas, No penalti estivo meticuloso.
Goleadores:     1-0, m. 11: Ban Ban, tras recibir un pase en longo por banda, resolve moi ben de tiro raso cruzado. 1-1, m. 57: tras un saque longo de portería, o “coiro” axudado polo vento, pasa por enriba da defensa malpicán, o visitante Jesús, queda só ante Juan e báteo por baixo. 1-2, m. 90+2: nun barullo dentro da área local, o árbitro ante o asombro de todos sinala penalti, ao parecer por suposto derrubo a un dianteiro, Richard, bate a Juan, que logra tocar o “coiro” pero non o suficiente para que se introduza na rede.         
Incidencias:     Mañá fría con vento, chuvia e claros. Non houbo expulsados nin mancados de consideración.
Comentario:     Non mereceron os malpicáns perder a imbatibilidade ante o “líder”, pois na primeira parte dominaron constantemente ao Club do Mar, incluso tiveron un rexeite do traveseiro tras cabezazo de Ban Ban aos 18 m. Na segunda parte os visitantes co vento a favor, levaron mais a iniciativa, sobre todo a base de balóns longos, que, debido ao cansazo dos malpicáns nos últimos 10 minutos, o dominio fíxose algo mais acusado.  
           
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!