Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 24 de junio de 2018

Actualidde da SCD Malpica:


   O sábado día 23-06-18, á SCD Malpica, celebrou, no sala de actos que posúe o clube no campo de fútbol da "Pedra Queimada", á asemblea anual ordinaria de socios.
  Asistiron a mesma, 12 socios (de 256 con que conta o clube) e 5 directivos, encabezados polo Presidente, Manuel Suárez Cotelo e o Secretario, Fernado Couto García.
   A orde do día foi o seguinte:

  a) Estado de ingresos e gastos da tempada 2017/18.
  b) Dimisión da xunta directiva.
  c) Posibles candidatúras a Presidencia e xunta directiva.
  d) Rogos e preguntas.

     En relación ao apartado a), o Presidente deu lectura aos ingresos e gastos da tempada finalizada, que ascenderon ás cantidades seguintes:
     Ingresos:        31.227,00 euros
     Gastos:            34.865,30 Euros.
     
     Quedando un déficit  ao final da tempada, de : 3.638,30 euros, que, segundo expuxo o Presidente, corresponde a unha factura pendente, do autobús  de desprazamentos dos equipos de Cadetes e Afeccionados.
     Non obstante, esta pretende amortizarse, coa recadación dos CD'S (Himno do Malpica) que restan por vender e que o concello se fai cargo nesta semana entrante dun cento deles.

     No apartado b), os membros da xunta directiva, presentaron a súa dimisión.
     No apartado c),  presentación de candidaturas. Hai un grupo de persoas que pretenden facerse cargo da SCD Malpica, pero como faltaban algúns dos interesados que non puideron asistir á asemblea, posponse esta, até o vindeiro sábado día 30 de Xuño ás 20:30 horas, para decidir a presentación en firme dos candidatos.
      En rogos e preguntas, como en  casi todas ás reunións, houbo algunha que outra acción acalourada, sobre todo no tema das contas pero non se chegou a maiores.
      Ás 22:00 horas, deuse por finazlizada a asemblea. 

          Resultados da promoción de ascenso a 1ª Autonómica. e que lle da o ascenso directo ao Esclavitude SD.
 

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

miércoles, 20 de junio de 2018

ASEMBLEA DE SOCIOS DA SCD MALPICA:


     SEGUNDO ME COMUNICA OS SEÑORES PRESIDENTE E SECRETARIO DA SCD MALPICA; MANUEL SUÁREZ COTELO E FERNANDO COUTO GARCÍA:
  
 O VINDEIRO SÁBADO, 23-06-18, ÁS 20:30 HORAS EN PRIMEIRA CONVOCATORIA E ÁS 21:00 HORAS, EN SEGUNDA, Á XUNTA DIRECTIVA DA SCD MALPICA, CONVOCA ASEMBLEA ANUAL ORDINARIA DE SOCIOS, CO SEGUINTE ORDE DO DÍA:

 1º.- CONTAS DE INGRESOS E GASTOS DA TEMPADA 17/18.

2º.- CESE DE FUNCIÓNS DA ACTUAL XUNTA DIRECTIVA.

3º.- CONVOCATORIA DE NOVAS ELECCIÓNS PARA PRESIDENTE OU TOMA DE POSESIÓN DE CARGOS SE OUBERA CANDIDATURA/S.

4º.- ROGOS E PREGUNTAS.

 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

sábado, 16 de junio de 2018

Resultados da "costa" da fin de semana:


   Na tarde deste sábado, celebráronse, nos campos de "Agra da Filgueira" (Monte Louro) e "O Carral" (Sofán), as finais da "copa da costa" de Infantís e Xuvenís, entre os equipos que a continuación se detallan:


 Dase a coincidencia que ambos os dous equipos campións lograron o 
"dobrete", liga e copa. NORABOA!

Esta mañá, disputouse a Final da "Copa da Costa" de Cadetes no campo de "O Conchido" de Outes, entre o conxunto local é á SDC Sofán, resultou vencedor o Outes CF, que, igualmente fixo coma o  Corme CF e UC Cee, dobrete.
Así pois, os tres equipos campións das categorías: Xuvenil, Cadetes e Infantil, gañaron os títulos de liga e copa. NORABOA! AOS TRES.


AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

O Xallas CF, campión da "LV EDICIÓN DA COPA DA COSTA".



O Mazaricos CF, vence ao Esclavitude SD, pero non consegue o ascenso de categoría, deste xeito envía ao Outes CF, á terceira Autonómica.
Por outra banda, xa hai semifinalistas da "copa da costa" de veteranos, tralos resultados deste domingo e cuxa táboa se inserta a continuación:






jueves, 14 de junio de 2018

Finais das "copas da costa" das distintas categorías:


   Para esta fin de semana (16 e 17-06-18, Sábado e Domingo), están programadas as finais da "copa da costa" das categorías de Afeccionados, Xuvenís, Cadetes e Infantís, que se van celebrar nas localidades, campos e árbitros que se detallan a continuación nos diferentes cadros:
 

 Tamén o Mazaricos CF, disputará fronte ao Esclavitude SD, o último partido da liguilla de ascenso a 1ª Autonómica, onde desgraciadamente xa esta eliminado.

Igualmente dispútanse os cuartos de final da "Copa da costa de Veteranos".

 De todos estes partidos se informará oportunamente a partir do vindeiro domingo.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 10 de junio de 2018

Resultados dos equipos da "costa" da xornada desta fin de semana:

   
    Xa temos finalistas das "Copas da Costa" de Afeccionados, Xuvenís, Cadetes e Infantís e cuartos de final da Ida de Veteranos.
    A continuación fanse constar os marcadores que se deron na xornada desta sábado e domingo:






 Por outra banda, acabou negativamente a andadúra do Mazaricos CF, na promoción de ascenso, ao caer derrotado no terceiro partido disputado ante o San Mamede.
Deste xeito queda condenado ao descenso a 3ª Autonómica do Outes CF.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA !

domingo, 3 de junio de 2018

Resultados das "copas da costa" nas distintas categorías::


    Marcadores dos partidos que se celebraron na tarde deste sábado (02-06-18, nos partidos das categorías de Xuvenís e Infantís nas Semifinais da "Copa da Costa" segundo as táboas que se indican a continuación:

 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

Oitavos de final da "Copa da Costa"de Veteranos:
Resultados:
 Resultados deste domingo das "copas da costa" de Afeccionados e Cadetes:



               ÚLTIMA HORA:
A SD FISTERRA, SALVA A CATEGORÍA EN PRIMEIRA AUTONÓMICA, AO GAÑAR A PROMOCIÓN DE ASCENSO A PREFERENTE A POBRA CF,ANTE O CARRAL.
 DESTE XEITO, EVITA O ARRASTRE DE DESCENSO DO UC CEE Á TERCEIRA AUTONÓMICA.

Por outra banda, na promoción de ascenso Á 1ª Autonómica, na que se atopa inmerso o Mazaricos CF; os seus rivais: CD S. Mamede e Esclavitude SD, empataron a cero goles.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!