Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 28 de abril de 2019

Liga da Costa: resultados da xornada 29ª:


   Á SCD Malpica deu un golpe na mesa esta tarde, penúltima xornada de liga, descargando na campo do "Cairo" toda á adrenalina que levan dentro todos os futbolistas que á compoñen.
   O perigo de descenso que se cernía no equipo malpicán, queda resolto, coa importante vitoria conseguida hoxe ante o segundo clasificado, dominando unha primeira parte para enmarcar e, retirándose aos vestiarios coa vantaxe de dous goles no marcador.
   Na segunda parte os malpicáns, souberon nadaer e gardar a roupa, tremando das embestidas dos cormeláns, e, aínda tiveron arrestos para conseguir aumentar a conta de goles.

  O conxunto malpicán formou así: Ángel; Jorge, (Brais Ceán, 54), Andy, (Dimitri, 79), Cristian, Laik, (J. Fuentes, 48), Capelán, Aitor, (David, 72), Roberto, Jairo, (Marcos, 76), Gonzalo, Mante.
  Goleadores: 0-1, m. 10: Aitor. 0-2, m. 43: Aitor. 1-2, m. 56: Alejo. 1-3, m. 65: Aitor. 2-3, m. 90: Samu.

   O equipo da Asociación de Veteranos da SCD Malpica, non tivo hoxe competición, ao quedar eliminado da promoción de ascenso e esperar ao sorteo dos oitavos de final da copa. 


 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

jueves, 25 de abril de 2019

Liga da Costa, información da SCD Malpica:


    Difícil compromiso o desta fin de semana para á SCD Malpica, pois o conxunto malpicán desprázase ao campo do "Cairo" de Corme, rival este, que ocupa a terceira posición na táboa e que é un serio aspirante, xunto co Volantes de Baño CF, a facerse co subcampionato, posto que da dereito a disputar a promoción de ascenso a 1ª Galicia, xunto cos subcampións dos grupos 4º e 5º da zona de Santiago. 

   O Corme CF, foi fundado na tempada 1980/1981 e leva competindo, 39 tempadas coa actual, 10 en Primeira, 28 en Segunda e unha en Terceira, ten conseguido, tres títulos de liga (T. 87/88, 95/96 e 13/14), e un de copa, (T. 98/99). 

   Á SCD Malpica, que ten a toda prantilla dispoñible, salvo aos "fugados" (?) Dani Casal e Brais Lado, aínda que este último espérase contar con el, (non ten  mancados nin sancionados), faille falla, ao menos un punto para non verse implicado áos posibles descensos por arrastres, e, para iso, o Presidente reuníuse, no penúltimo adestramento da semana, cos seus futbolistas, facendo piña e promesa de que loitarán con todas ás forzas para puntuar en Corme. Así os esperan e desexan os afecccionados e seguidores malpicáns.

Axenda de partidos da SCD Malpica para a fin de semana:

2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 29ª:

Campo            :           “O Cairo”         (Corme, 91 x 52, herba artificial)                      
Equipos          :          CORME CF    SCD MALPICA 
Data e hora     :           Domingo: 28-04-19, 17:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Iván Vilanova Antelo, (2ª Galicia, colexio da Costa da Morte)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

jueves, 18 de abril de 2019

Clasificación actualizada "Liga da Costa":


   Esta tarde disputouse o partido aprazado correspondente á xornada 27ª da "Liga da Costa" entre o CD Muros e o Lira CF, o resultado do,mesmo foi:

   CD MUROS  2-1 LIRA CF.

   Deste xeito a clasificación actualizada é a que se detalla a continuación:
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA

domingo, 14 de abril de 2019

Información da SCD Malpica e "Liga da Costa"::

   Suma e segue... á SCD Malpica camiña a pasos axigantados para meterse na lea de aspirantes ao descenso á 3ª Galicia da "costa", loxicamente, mirando até á Preferente Galicia, pois se o Xallas descende a 1ª Galicia de alí pode arrastrar á SCRD Esteirana e incluso ao Soneira SD, neste último caso, arrastraría, ademais dos dous descensos regulamentarios, a outros dous equipos que sumarían catro descensos en total.
 
   Pero, volvendo ao partido desta tarde, unha SCD Malpica agarrotado polos nervos, non foi quen de crearlle ningun perigo a uns tranquilisimos futbolistas dun Muxía cos deberes feitos, que ademais, realizaron un fútbol de toque  combinativo sen precipitacións que, daba á impresión de que acabaría gañando o partido cando se propuxera como así sucedeu.

   Aliñación da SCD Malpica: Eusebio; Mante, Andy, J. Fuentes, Laik; (Dimitri, 71), Capelán, Aitor, Roberto, (Jorge, 75), David, (Marcos, 67), Gonzalo, Brais Ceán, (Migueliño, 46).

   Goleadores:  0-1, m. 59: internada por banda esquerda do escurridizo Ismael o cal dende a liña de fondo centra ao segundo pau, Marío, que chega lanzado libre de marca de testarazo envía a rede. 0-2, m. 78: indecisión defensiva da defensa local que aproveita Ismael, (o mellor home do Muxía) para salvar a saída desesperada de Eusebio. 1-2, m. 85: coiro en profundidade, erra a defensa visitante no rexeite e Marcos oportuno, bate ao porteiro muxián.

   Partido da primeira eliminatoria da promoción de ascenso á División de Honra de fútbol veterano disputado esta mañá no campo de "Pedra Queimada" entre á Asociación de Veteranos da SCD Malpica e o CSD Sofán, o resultado foi o seguinte:

   A.V.SCD Malpica 0 - 2  CSD Sofán.

   Aliñación da SCD Malpica: Chaves; Nando Couto, Alb. Barizo, José Regueira, Alb. Carballo; Luís Naya, Alb. Carballo, Mútiu, Arcay, Suso Zas, Leo. (Tamén xogaron: Pedro, Javi mato, Washi, Abel, Fº Couto).

  Goleadores: 0-1, m. 37: J.A. Fieira. 02, m. 44: J.A. Fieira.

  Os veteranos malpicáns, notaron moito ás ausencias do porteiro titular, Suso e do dianteiro, maáximo goleador da categoría, Palermo, o que pon moi difícil a remontada.

   No outro partido da promoción o resultado foi: 

   CORME CF  3 - 0  CLUB VETERANOS DE LEILOIO.

   Estas eliminatorias disputáronse a partido único, xogarán por tanto a final: CSD SOFÁN-CORME CF. (O vencedor da eliminatoria ascenderá a División de Honra). 






 
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

viernes, 12 de abril de 2019

Partidos da SCD Malpica para fín de semana:



   Antepenultima xornada da "liga da costa"; á SCD Malpica, correspóndelle recibir na "Pedra Queimada" a un potente Muxía CF, equipo, que estivo durante ben entrada a segunda volta, como equipo menos goleado de Galicia, pero que nestas últimas xornadas foi decrecendo, seguramente por que, xa fixo os deberes que se propuxo ao inicio da tempada. 
   O Muxía CF, leva participando na "Costa", 41 tempadas, das qué dúas foron na 1ª Autonómica, vinte e unha na Segunda e dezaoito na Terceira. 
   Foi alta na T. 1964/65 competindo até á 1970/71, na que causou baixa temporal.
   Causou alta de novo na T. 1982/83 até 1996/97, na que volveu a causar baixa.
   E, finalmente, causou alta na T. 2000/01 na que continúa...
  Acredita catro títulos de liga: dous na Segunda Autonómica e dous na Terceira Autonómica.
   Na actualidade figura no 5º posto da táboa con 45 puntos, froito de, 13 partidos gañados, seis empatados e oito perdidos, ten 48 goles a favor e 22 en contra.
   Difícil rival para os futbolistas da SCD Malpica que comanda Adrián Bardanca "Gurita", pero estes son conscientes do que se xogan, nada mais a nada menos, que, asegurar definitivamente e matematicamente a permanencia na "liga da costa", por posible arrastres.

   Por outra banda á Asociación de Veteranos da SCD Malpica, dispútalle ao CSD Sofán, o primeiro partido da promoción de ascenso á División de Honra, despois dunha gran campaña efectuada polos homes de José M. Douirado e Washi Calvo.

A continuación publícanse os campos, horarios e árbitros destes partidos:

2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 28ª:

Campo            :           “Pedra Queimada”    (Malpica, 100 x 60, herba artificial)                      
Equipos           :           SCD MALPICA    MUXÍA CF
Data e hora     :           Domingo: 14-04-19, 17:30 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Bruno Méndez Castro, (3ª División, Colexio da Coruña)

            Promoción de ascenso á División de Honra de Veteranos:
Campo             :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)
Equipos           :           AV SCD MALPICA  -  CSD SOFÁN
Data e hora     :           Domingo: 14-04-19, 10:30 horas.-
Árbitro            :           Sr. Óscar Rei Sánchez (Colexio da Coruña)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!




domingo, 7 de abril de 2019

Resultados e clasificacións "Costa" e "Veteranos":


   Á SCD Malpica da un paso adiante para salvar á categoría, esta tarde, nun gran partido, venceu claramente a un C.D. Baiñas, falto de motivación por ter os deberes feitos, no municipal de Vimianzo, (0-3).

   Os malpicáns cun tiro ao poste e outro ao longueiro, puideron acabar goleando. É unha mágoa que á SCD Malpica, nestes últimos partidos esté dando unha de cal e outra de area, esta tarde dou á de cal.

    Formación dos malpicáns: Eusebio; Mante, (Brais Ceán, 72), Andy, Laik, Cristian, Capelán, Aitor, Roberto, (Dimitri, 82), David, (Martín, 30), Gonzalo, Marcos, (José, 74).
  
    Goleadores:  0-1, m. 33: Roberto, nun centro chut. 02, m. 52: Martín, gañando por velocidade ás espaldas dos defensores locais. 0-3, m. 72: Felipe, en propia porta.

   Pola súa banda, os veteranos da Asociación da SCD Malpica con moitas baixas, sucumbiron ante o CSD Sofán no última xornada da liga, xornada de trámite para ambos os dous equipos, ao estar xa clasificados para á promoción de ascenso. (dispútana do 3º ao 6º posto).
   
    Aliñación malpicana:  Chaves; Alb. Seaia, José Regueira, Alb. Carballo, Mútiu, Luís Naya, Arcay, Javi Mato, Palermo, Abel, Washi. Tamén xogaron: Nando Couto e Dourado.
    Goleadores: 1-0, m. 23: Docampo. 2-0, m. 51: Docampo. 3-0, m. 54: Martín.

Resultados e clasificación da xornada, así coma goleadores da SCD Malpica:


 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
 

viernes, 5 de abril de 2019

Partidos da SCD Malpica desta fin de semana:


   Aproxímanse ás catro últimas xornadas da "Liga da Costa" e, á SCD Malpica aínda non ten os deberes feitos matematicamente para salvar a categoría, logo do desatroso traspés sufrido á pasada xornada en Malpica ante o UC Cee. O perígo ven agora  pola 1ª Galicia, onde Esteirana e Soneira poden arrastrar dous equipos mais da 2ª Galicia, ademais dos dous que baixan directamente.

  Así as cousas, correspóndelle aos malpicáns que adestra Adrián Bardanca (Gurita), desprazarse ao campo municipal de Vimianzo, campo, onde o CD Baiñas disputa os seus partidos, o cal con 41 puntos xa ten os deberes feitos.

   O CD Baiñas, foi fundado na tempada 2012/2013, participando na 3ª Autonómica e na que quedou campión, ascendendo ao final da mesma á 2ª Autonómica. Leva polo tanto disputadas 7 tempadas na "costa", unha na 3ª e seis na 2ª. Tamén disputou fronte á SD Fisterra unha semifinal da "copa da costa" na tempada 2016/2017, no dispón de terreo de xogo propio  e, como queda dito mais enriba xoga no municipal de Vimianzo, tamém chamado "As Cabreiras".

   Pola súa banda, á Asociación de Veteranos da SCD Malpica, que sí xa ten os deberes feitos para disputar a promoción de ascenso (xógana os postos 3º,4,5, e 6º) desprázase este vindeiro domingo ao Carral, a enfrontarse ao CSD Sofán.
    De ambos os dous partidos informaremos oportunamente. 

2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 27ª:

Campo            :           “Municipal de Vimianzo”    (Vimianzo, 98 x 59, herba artificial)             
Equipos           :           CD BAIÑAS    SCD MALPICA   
Data e hora     :           Domingo: 07-04-19, 17:30 horas.-  
Árbitro             :          Sr. David Vázquez Lema, (1ª Galicia, Colexio da Coruña)

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 2ª volta – Xornada 26ª (última):

Campo            :           “O Carral”        (Sofán, 94 x 55, herba artificial)
Equipos           :           CSD SOFÁN   A.V. SCD MALPICA   
Datas e hora    :           Domingo:07-04-19, 10:00 horas.-
Árbitro            :           Sr. Rai Reborido Rodríguez, (3ª Galicia, Colexio da Costa da Morte)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!