Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

viernes, 25 de abril de 2014

Crónica do partido de xuvenís da SCD Malpica:



IX edición da “Copa da Costa” Xuvenil, Oitavos de Final - Volta:
Resultado:       SCD MALPICA   2–1   SD FISTERRA   
SCD MALPICA:  Steven; Víctor Novo, (Brais,86), Canario, (C) Jorge, David, Mouri, Petís, Guille, Almeida, Eloy, Kevin.
SD FISTERRA:    Ángel; (C) Javi, Josema, Noé, Rubén, Breixo, Jóse, Gabi dos Golpes, (Dani, 86), Abel, Adrián, (Manute, 46), Benlloch, (Gabi da Anchoa, 86).
Árbitro:            Sr. Pardiñas García.- (2ª Auto..-A Coruña). A súa actuación habería que catalogala de boa, senón fora unha grave lagoa no sinalamento do libre indirecto dentro da área favorable aos fisterráns (m.18) que ocasionou o seu gol. Foi un balón controlado polo central malpicán Jorge, que cando se dispuña a rexeitalo, o porteiro Steven arrebatoullo dos pes pola proximidade dun dianteiro, o Sr. Pardiñas estimou cesión (?). Esta xogada puido ser decisiva na eliminatoria. Con anterioridade m. 5, si houbo unha cesión de Noé ao seu porteiro cortando un perigoso centro de V. Novo, que ía rematar Eloy.
Goleadores:     0-1, m. 18: A xogada reseñada na labor arbitral, o colexiado estima cesión de Jorge a Steven, moi próximo a área pequena, o encargado de lanzala é Noé, coa barreira malpicán debaixo dos paus, o fisterrán, despois de tocarlle Abel, dispara a gol de tiro raso entrando na portería logo de tocar nas pernas da barreira.     1-1, m. 43: saque de curruncho botado por Eloy ao 2ª pau, aparece o central Jorge, o cal de espléndido testarazo calva o “coiro” nas mallas. 2-1, m. 50:  pase entre liñas de Eloy sobre Almeida, o cal en pugna con Rubén, bate a Ángel na súa saída.
Ambiente e incidencias:          Pouca xente na “Pedra Queimada” tan só uns 20 seguidores. Tarde, en principio soleada, logo con chuvia acabando de novo con sol. 13º de temperatura. Non houbo mancados de consideración. Expulsados, o visitante Josema (m. 47), por un escupitazo a Almeida, aínda que sin chegar a alcanzalo e, o propio Almeida (m. 90), por dobre amarela. A SCD Malpica, non contou co seu único porteiro titular por lesión, no seu lugar tivo que defender o marco o defensa Steven.        
Xogadas perigosas da SCD Malpica:   M. 5: internada por banda dereita de V. Novo, cun centro atrás onde estaba presto para o remate Eloy, pero o central Noé, corta a traxectoria do esférico cedendo ao porteiro Ángel, o árbitro non sinala nada. M. 16: internada de Eloy, pola esquerda, centra moi pechado non chegando ao remate Almeida por moi pouco. M. 28: cesión de Almeida dentro da área sobre Petís, que empalma un tiro a media altura que detén Ángel nunha gran parada. M. 33: bonita combinación entre, Almeida, Kevin, Eloy, pero este erra o remate só ante Ángel. M. 36: pase en profundidade de Eloy sobre Kevin, que tira desviado, malogrando unha clara ocasión. M. 39: outra  xogada de V. Novo por banda cun centro a Eloy, que tira alto. M. 80: gran xogada de Kevin, dende campo propio salvando contrarios por velocidade, pero no man a man con Ángel, este evita o gol desviando o intento de vaselina.
Xogadas perigosas da SD Fisterra: M. 19: tiro de Abel a boca xerro, rexeitando Steven cos pes. M. 56: saque de falta de Rubén a cabeza de Abel, pero o “coiro” atopa as manoplas de Steven que o manda ao traveseiro. M. 65: o improvisado porteiro Steven, realiza dúas paradas cos pes a tiros de Abel e Benlloch,  M. 67: Benlloch, só ante Steven, cruza demasiado saíndo o “coiro” a ras do poste. M. 84: un gran pase de Rubén, deixa só a Manute ante Steven, pero o esférico vaise fora.
Comentario:     Acabou a competición para os xuvenís malpicáns desta tempada, e acabou con mais pena que gloria, pois non foron quen de levantar un eliminatoria fronte a un equipo que xogou con dez case toda segunda parte. Os rapaces malpicáns, estiveron durante todo partido demasiado acelerados e con moita ansiedade de darlle volta a eliminatoria, actuando con exceso de individualismo, que, a pesar delo crearon numerosas ocasións de gol, pero para súa desgraza nesta ocasión non frutificaron   . A SD Fisterra, veu a nadar e gardar a roupa, pois coa vantaxe conseguida no partido de ida e, ante a inoperancia esta tarde dos xuvenís locais, conseguiron o seu propósito de pasar a cuartos.


 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!