Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

miércoles, 16 de abril de 2014

Previa da "Copa da Costa" para SCD Malpica:



“LI” Edición da “Copa da Costa” afeccionados, Dezaseisavos de Final:
Campo             :           “Lombáns, 98 x 57,70”            (Carnota)
Equipos           :           UD CARNOTA – SCD MALPICA  
Data e hora      :           Xoves: 17-04-14, 17:00 horas  
Árbitro :           :           Sr. Álvaro Gil Soriano.(1ª Aut.- A Coruña).
Asistentes        :           Sres. .
Ábrese o telón da emoción da “copa da costa”, e comeza para a SCD Malpica, nos oitavos de final, ao quedar exento na eliminatoria previa disputada en decembro/13.
O primeiro rival (esperemos que non sexa o único), é a UD Carnota, ao que xa nos enfrontamos na T. 09/10, nunha eliminatoria moi igualada e que se decantou pola mínima a favor da SCD Malpica, como mais embaixo se expresa.
A UD Carnota, é un conxunto veterano da “costa”, comezando a súa andadura na T.1969/70, leva por tanto competindo 44 tempadas. Actualmente ocupa o posto 7º na táboa con 45 puntos, nunha zona morna e libre de todo perigo de descenso, gañou 13 partidos, empatou 6 e perdeu 12, materializou 54 goles e recibiu igual número de goles, (de media de 1,74 goles por partido).  Será por tanto un rival difícil e complicado, non poderán relaxarse os compoñentes da SCD Malpica, ademais, o campo ten unhas dimensións reducidas, que pode ser outro pequeno contratempo para os malpicáns de cara a realizar o seu fútbol.
A eliminatoria por tanto esta moi igualada, pese a diferenza da categoría, pois os rivais teoricamente inferiores, soen medrarse nesta clase de partidos.  
A última tempada na que estes dous equipos se atoparon na “copa da costa” foi na 2009/2010, cos seguintes marcadores:
Ida, 30-05-10: SCD MALPICA 2–1 UD CARNOTA  (Goles: 0-1, m. 33: Nico Alvarado. 1-1, m. 40: David Blanco. 2-1, m. 77: Cheo).  
Volta, 06-06-10: UD CARNOTA  0 – 1  SCD MALPICA  (Gol: 0-1, m. 2: Charly).
  AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
 Foto 1º:  xogada do Carnota-Malpica T. 09/10

  Foto 2º :  Público malpicán en "Lombáns" 

  Foto 3º   :    Sorteo "copa" en Baio.




Goleadores da 1ª Aut. G.II, "costa" e SCD Malpica:

Ao non haber marcado ningún gol nesta xornada ningún equipo dos de 1ª Aut. G. II da Costa, a táboa dos goleadores non sufriu cambio algún.

Aumenta o sofanísta Raúl a súa vantaxe na 2ª Aut. da "Costa", sobre os cormeláns, Lucas e Juan Chans, que tamén marcaron, pero mentres Raúl logou 2 goles os seus rivas tan só conseguiron 1 cada un.

Na táboa da SCD Malpica, segue Óscar Suárez, e acabaron as competicións de liga dos xuvenís e Veteranos, quedando como segue: