Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

martes, 15 de abril de 2014

Actualidade da SCD Malpica:



=SORTEO DA “COPA DA COSTA” XUVENIL E ENTREGA DE BALÓNS DE FÚTBOL AOS CLUBES COSTEIROS=

            Celebrouse na tarde – noite de hoxe no Pavillón Deportivo de Baio, reunión entre os representantes da F.G.F. e os clubes costeiros, para realizar o sorteo da “copa da costa” xuvenil.
            Asistiron ao acto, por parte federativa os seguintes membros:
D. José García Liñares.     Presidente
D. Diego Batalla.                 Secretario
D. Benxamín Amido           Vicesecretario
D. José Gerpe                      Tesoureiro
Igualmente, estivo presente na reunión, un membro da empresa telefónica  “Movistar”, patrocinadora da F.G.F. o cal foi o primeiro que se dirixiu aos clubes “costeiros” asistentes (faltaron os representantes do Muxía CF. SD Fisterra, Sp. Zas e algúns outros de fútbol base), para explicar que era para empresa “Movistar” unha gran honra patrocinar á F.G.F.
             Antes do comezo do sorteo, fixo tamén uso da palabra o Sr. García Liñares, agradecendo a “Movistar” o seu patrocinio cuxo importe foi de 100.000 euros, dos cales 70.000, a F.G.F., destinounos para balóns a repartir entre todos os clubes galegos. Tamén indicou o  Sr. presidente, que, a casa deportiva “Joma”, pola compra do material, dooulle a F.G.F. 100 balóns.
            Posteriormente, comezouse o reparto dos balóns, tocándolle a cada clube, segundo os equipos cos que contaran, un máximo de 12 e un mínimo de 6.  Os representantes dos clubes, foron desfilando por orde de chamada un por un, recollendo en bolsas os balóns correspondentes, que foron entregados, polo Sr. Liñares, o Sr. Gerpe e o representante de “Movistar”
Acabado o acto de entrega, procedeuse a realizar o sorteo de “copa” xuvenil, no que houbo bastante desacordo, pois os representantes federativos, propuñan a primeira eliminatoria de oitavos de final a partido único, á que, despois dunha votación na que houbo empate a votos, decidiuse tirar unha “moeda ao aire” a cara ou cruz e, saíu “Cara” deste xeito, a competición será toda a dobre partido. (Iso me recorda a famosa moeda ao aire do bambino Franco Gemma, no estadio Olímpico de Roma, cando a selección española quedou apeada do mundial de Suíza, 1954, tralo dobre enfrontamento contra Turquía).
A continuación infórmase en táboa a parte como quedou o sorteo:

Data dos oitavos de final:  
19 e  24-04-14.- 
Todos os partidos serán as 19:00 horas.-


   Momento na que sae a papeleta da SCD Malpica




Recollida dos balóns por parte de Fernando Varela, representante da SCD Malpica.



O representante do Sp. Seaia.

 A representante do Lira CF





AGORA E SEMPE COA SCD MALPICA!