Resultado: CORDEIRO
CF 2 – 0 SCD
MALPICA
CORDEIRO
CF: Diego; Taibo, Damián, (Rubén, 70), Yago, José Ramón, Juan José, Rial,
Mosquera, Álex, (Rodrigo, 85), Cristian, (Edu, 75), Mateo, (Valero, 57).
SCD
MALPICA: Pombo; Adrián, David Castro, Mario Casal, (Abel,67), Alemán, Andrés, Eloy
Cabeza, (Martín Maradona, 65), Cheo, Óscar
Suárez, Fernando Varela, Juan Carlos.
Árbitro: Sr. Carlos A. González Fdez..- (1ªAut.-Vigo). Correcta actuación.
Asistentes: Sres. Capón Álvarez e Davila Fdez..-(.-Vigo). Na liña do colexiado.
Goleadores: 1-0, m. 58: Acertado remate de cabeza de Rial, a
centro dun compañeiro dende a banda esquerda, que fai inútil a estirada de
Pombo. 2-0, m. 76: un centro pasado
sobre a área malpicán, rexéitao Pombo con dificultades, dando no corpo dun
compañeiro, o “coiro” queda morto no punto de penalti, Juan, que viña lanzado empalma
sen oposición a rede.
Ambiente e Incidencias: Gran entrada no “Municipal de Valga” con 250 seareiros, que animaron
constantemente ao seu equipo, conscientes da situación comprometida que se
atopa na táboa. Tarde soleada con 24º de temperatura. Non houbo mancados de
consideración nin expulsados.
Xogadas de perigo do
Cordeiro CF: O equipo local non se
achegou con perigo a porta malpicán salvo nos dous goles.
Xogadas de perigo da SCD
Malpica: Tampouco os malpicáns
crearon ocasións dignas de mención a efectos de perigo.
Comentario: Primeira parte
nivelada, cos dous equipos mais dedicados a non perder que a xerar ocasións,
esperando a oportunidade de fallo do rival para adiantarse no marcador, así con
esas expectativas chegouse ao descanso co 0-0.
Na segunda parte, cunha SCD Malpica media durmida, o Cordeiro CF, alentado
polos seus seareiros, logrou apertar na súa área aos malpicáns, levando
totalmente a iniciativa e conseguindo un merecido triunfo, deixando á SCD
Malpica, descolgada no 4º posto da táboa, pero aínda con opcións de aspirar ao
2º posto, dado a derrota tamén do C.S. D Arzúa, pero cunha SD Villestro tamén
metida na pomada.
1ª Autonómica Xuvenil – 2ª Fase – 10ª e última xornada:
Resultado: SCD MALPICA 4 – 7 SCRD
ESTEIRANA
SCD
MALPICA: Manuel; Víctor Novo, Kevin,
Canario, Steven, David, (Chols,55), Petís, Mouri, Almeida, Alberto, (Gabi, 84),
Eloy, (Brais, 74).
SCRD
ESTEIRANA: Marcos; Borja, Tico, David, Sergio, Adrián García, Raúl,
Damián, (M.J. m. 37), Fabio, Manu Fdez. Adrián Abeijón.
Árbitro: Sr. Iván Pérez Muíño.- (2ª Aut.- A Coruña). Arbitraxe sen
complicacións.
Goleadores: 0-1, m. 4: saque de falta longo de Raúl, e cabezazo de Adrián
Abeijón, ante a pasividade da defensa. 1-1, m. 11: falta directa botada por Kevin
dende a media a lúa batendo a Marcos. 1-2, m. 29: Raúl, aproveita un erro de Kevin, vaise pola banda
dereita centra e, Adrián Abeijón, de remate
suave a media volta bate a Manuel. 1-3,
m. 34: centro de Manu Fdez. con testarazo entre dous defensas de Adrián García. 1-4, m. 36: Adrián Abeijón,
aproveita os erros en cadea da defensa local para bater a Manuel de tiro suave e colocado. 1-5, m. 39: saque de portería en longo de Marcos, o “coiro” chega aos dominios de Adrián Abeijón pugnando co central malpicán
Canario, o visitante gáñalle a acción ao local e, ante a saída de Manuel, báteo
por baixo. 2-5, m. 41: bonita
combinación entre Kevin e Petís este, dende a liña de fondo centra e Eloy, remata a media volta, colando o “coiro” a
dereita de Marcos. 2-6, m. 51: saque
de curruncho raso, de Raúl, o “coiro” percorre toda a liña de meta con
sucesivos erros nos rexeites dos defensores locais, M.
J. no segundo pau só ten que
empurrar ao fondo da rede. 2-7, m. 65: Adrián
Abeijón, vaise do seu marcador por velocidade, chega diante de Manuel, tira rexeitando
ben este, volve o “coiro” aos pes do esteirán que cede a Raúl, desmarcado marcando a porta valeira. 3-7, m. 69: pase de Alberto por enriba
da defensa sobre Almeida, o cal é derrubado polo porteiro Marcos, o penalti
transfórmao Mouri. 4-7, m. 76: tras un saque de curruncho local o “coiro” chégalle a
Almeida o cal cando se dispuña a tirar a porta é derrubado polo defensor Tico,
o correspondente penalti, lánzao Alberto a
dereita de Marcos.
Ambiente e incidencias: Escaso público no campo malpicán, tan só 40 seareiros, a metade eran de
Esteiro. Tarde soleada pero con vento do N.E. e 15º de temperatura. Retirouse
mancado cun golpe no nocello esquerdo o visitante Damián, m. 37, Non houbo expulsados,
destacando en todo momento a deportividade en ambos bandos.
Xogadas de gol da SCD
Malpica: Ademais dos goles, os rapaces malpicáns contaron con dúas
oportunidades claras de marcar, ambas por medio de Eloy, unha no m. 33, nun cambio de orientación de
Almeida sobre un Eloy desmarcado, que penetra na área, e dispara forte,
rexeitando o porteiro Marcos nunha gran parada, a outra, no m. 58, cando o
futbolista local pugnando entre dous defensas, dentro da área pequena, non é
quen de resolver facendo o mais difícil co mo foi enviar o “coiro” por enriba
de traveseiro.
Xogadas de gol da SCRD
Esteirana: O conxunto xuvenil Esteirán, non creou ocasións claras de
gol en todo partido, salvo as dos goles (que
non foron poucas nada menos que sete) efectividade 100%.
Comentario: A SCRD Esteirana, conxunto que chegou con once xustos mais o porteiro
titular do equipo da 1ª Autonómica, (M.J.)
veu cumprir o expediente con todo peixe
vendido xa na liga e, sen facer nada especial, atopouse cun equipo malpicán
totalmente entregado e sen intensidade, posiblemente, pensando mais na copa ca
neste partido dando unhas facilidades en
defensa fora do habitual, deste xeito chegou a goleada. Esperemos que lles
cambie a actitude na vindeira copa, pois hai equipo para facer mellor
competición.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
XI edición da
“Liga da Costa” de Fútbol Veterano– (2ª volta) 29ª Xornada:
Resultado: MALPICA
2 –1 LEILOIO
Árbitro: Sr.
Juan.- Boa actuación en liñas xerais.
Goleadores: 1-0, m. 35: Marcelino, dende uns corenta metros
a porta baleira, tras un rexeite defectuoso do porteiro visitante, Marcos. 2-0, m. 46: forte tiro de Marcelino que
non consegue atallar Marcos, Richard, moi
oportuno envía o “coiro” a rede. 2-1, m. 78: liorta na área malpicán, que
aproveita o dianteiro Marco, para introducir
o “coiro” na portería do malpicán Nacho.
Comentario: A pesar da
“cea” de celebración de fin de tempada e o cansazo acumulado por deitarse as
altas horas da madrugada, os malpicáns responderon acertadamente resolvendo un
partido que lles permite acabar a liga cunha vitoria e unha clasificación nos
postos altos da táboa.
Agora a pensar na “copa” e permanecer unidos como equipo, para chegar o
mais lonxe posible nela.