Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

sábado, 19 de abril de 2014

Crónica da "Copa Xuvenil" da SCD Malpica:



IX edición da “Copa da Costa” Xuvenil, Oitavos de Final - Ida:
Resultado:       SD FISTERRA   5–2   SCD MALPICA 
SD FISTERRA:    Ángel; Javi, Suárez, (Jóse, 43), Rubén, (C) Breixo, (Cartamil, 66), Noé, Josema, Gabi, (Dani, 60), Abel, Adrián, (Pazos, 49), Benlloch.
SCD MALPICA:  Manuel; Víctor Novo, Chols, Canario, (C) Steven, Mouri, Petís, David, (Plejo, 84), Eloy, Guille, Alberto, (Brais,61).
Árbitro:            Sr. José Mª Romero Rama.- (Fútbol Base.-Santiago). Actuación regular, influenciado polo público nalgunhas decisións, aínda que sen influír no resultado.
Goleadores:     0-1, m. 12: derrubo de Josema a Víctor Novo dentro da área, o correspondente penalti lánzao Eloy a dereita de Ángel.         0-2, m.19: saque de curruncho botado por Alberto, que Víctor Novo envía as mallas de impecable testarazo. 1-2, m. 43: Abel, de tiro pegado ao poste sorprende a Manuel. 2-2, m. 46: falta directa dende o vértice da área lanzada por Josema, erra na blocaxe Manuel e Rubén co ombro manda a rede. 3-2, m. 65: saque directo de falta a altura da media lúa, efectuada por Pazos, toca na barreira e descoloca a Manuel. 4-2, m. 70: internada de Jóse, pola banda esquerda cun centro ao 2º pau onde se atopa só Benlloch, que marca a pracer. 5-2, m. 89: nova colada de Jóse, pola esquerda, atrae a defensa malpicán e centra ao 2º pau, Abel, completamente só empurra a rede.
Ambiente e incidencias:          60 seareiros nas bancadas, que animaron ao seu equipo e increparon constantemente ao sr. colexiado. Tarde nubrada con 15º de temperatura. Non houbo mancados nin expulsados.       
Xogadas perigosas da SD Fisterra: Tivo algunha ocasión de marcar mellor ca dos goles, o dianteiro
centro Abel, sobre todo ao comezo do partido, pero ao final os erros compensounos cos dous goles conseguidos que lle dou feito o extremo Jóse, ante a pasividade dos defensores malpicáns.
Xogadas perigosas da SCD Malpica:   Ademais dos goles, en xogadas a balón parado, os malpicáns só tiveron dúas ocasións claras de gol, que era mais difícil fallar que marcalas, a primeira foi no m. 48, nun cabezazo de Eloy a pracer, pero foi tan frouxo, que lle deu tempo a Josema, salvar baixo paus. E, a segunda aínda moito mais clara no m. 77: cando Mouri, recibe de Canario, encara ao porteiro local Ángel e, en lugar de tirarlle fíxose un lio co “coiro” dando tempo a un defensor que chegaba dende 30 metros atrás de sacarlle o esférico.
Comentario:     Mala moi mala imaxe dou na tarde de hoxe o conxunto malpicán ante un “vulgar” Fisterra, que remontou un partido a base de bregar e dalo todo ante unha SCD Malpica xuvenil, totalmente acomplexado a pesar de que o partido se lle había posto de cara.
A verdade é que visto o de hoxe, e co equipo completo, na “Pedra Queimada” pode dárselle a volta a eliminatoria, pero para elo hai que disputar con mais intensidade o partido e que Almeida e Kevin se repoñan. 

 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!