Difícil compromiso o desta fin de semana para á SCD Malpica, pois o conxunto malpicán desprázase ao campo do "Cairo" de Corme, rival este, que ocupa a terceira posición na táboa e que é un serio aspirante, xunto co Volantes de Baño CF, a facerse co subcampionato, posto que da dereito a disputar a promoción de ascenso a 1ª Galicia, xunto cos subcampións dos grupos 4º e 5º da zona de Santiago.
O Corme CF, foi fundado na tempada 1980/1981 e leva competindo, 39 tempadas coa actual, 10 en Primeira, 28 en Segunda e unha en Terceira, ten conseguido, tres títulos de liga (T. 87/88, 95/96 e 13/14), e un de copa, (T. 98/99).
Axenda de partidos da SCD Malpica para a fin de semana:
2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 29ª:
Campo : “O Cairo” (Corme, 91 x 52, herba artificial)
Equipos : CORME CF – SCD MALPICA
Data e
hora : Domingo: 28-04-19, 17:00 horas.-
Árbitro : Sr. Iván Vilanova Antelo, (2ª Galicia, colexio da Costa da Morte)