Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

viernes, 22 de febrero de 2019

Axenda de partidos da SCD Malpica, esta fin de semana:


   Segundo partido consecutivo en propio campo da SCD Malpica, recíbese á UD Monte Louro, conxunto que, esta tempada non lle esta saíndo nada ben a competición ligueira a pesares de contar cun formidable adestrador como é, Óscar Leis.
   Á UD Monte Louro (Muros), comezou na "liga da costa" na tempada 1981/82, causando baixa na 1988/89. De novo causou alta na T. 1991/92 e baixa outra vez na 2009/10 para ser alta novamente na 2011/12 e na que continúa...
   Ao longo de todo ese período sinalado, leva disputadas 35 tempadas, coa actual, das cales: 25 son na 2ª Categoría e 10 na 3ª. Conseguiu tres subcampionatos de liga (1 na 2ª Rexional e 2 na 3ª Autonómica), así como a disputa dunha semifinal de "copa".
   Os malpicáns, trala derrota a pasada xornada ante o "lider", ven neste partido, caso de gañar, a posibilidade de practicamente salvar a categoría, pois o equipo de Louro penúltimo na táboa con 16 puntos, quedaría distanciado a 14 puntos e xa resultaría unha distancia presumiblemente insalvable a falta de oito xornadas.
   Trátase polo tanto dun chamado "partido trampa" pero que os rapaces malpicáns adestrados por Adrián Bardanca "Gurita" se van a tomar moi en serio, ademais, o "mister" malpicán, recupera para esta xornada a Capelán, Cristian, Belar e algún outro mais, que por distintos motivos non puideron estar ante o Mazaricos.

   Pola súa banda á A.V. da SCD Malpica, recibe tamén na "Pedra Queimada" ao Xornes FC, conxunto qué, a pesares de que é a súa 1ª tempada de participación na liga, figura polo medio da táboa.
   Os malpicáns, que levan catro xornadas sen perder e, están encaramados nunha excelente 3º posición, afrontan con moito interés este partido, para poder aproximarse aos dous primeiros postos.
Datas, horas, campos e árbitros para o domingo:   
  

2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 22ª:

Campo            :           “Pedra Queimada”    (Malpica, 100 x 60, herba artificial)                      
Equipos           :           SCD MALPICA     UD MONTE LOURO
Data e hora     :           Domingo: 24-02-19, 16:30 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Héctor Pérez Álvarez, (Colexio da Coruña)

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 2ª volta – Xornada 21ª:

Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60 herba artificial)
Equipos           :           A.V. SCD MALPICA  – XORNES FC 
Datas e hora    :           Domingo: 24-02-19, 10:30 horas.-
Árbitro            :           Sr. Lucas Vicente Vidal, (Galicia, Colexio da Costa da Morte)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!